Skip to Content

REUNIÓNS FAMILIAS INICIO DE CURSO

Luns 1 de setembro de 2020

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

2020/2021

Este ano, por mor da situación causada pola pandemia, cremos oportuno adiantar as reunións de inicio de curso coas familias. Para evitar aglomeracións e crear espazos seguros, realizaranse por quendas na parte exterior do colexio.

As datas e horarios son os seguintes:

Xoves 3 de setembro:

  • 4.º Infantil (3 anos)= 10:00 h.
  • 5.º Infantil (4 anos)= 11:15 h.
  • 6.º Infantil (5 anos)= 12:30 h.

Luns 7 de setembro:

  • 1.º Primaria= 10:00 h.
  • 2.º Primaria= 11:15 h.
  • 3.º Primaria= 12:30 h.

Martes 8 de setembro:

  • 4.º Primaria= 10:00 h.
  • 5.º Primaria= 11:15 h.
  • 6.º Primaria= 12:30 h.

Para garantir a seguridade de todos/as, é preciso cumprir as seguintes normas:

  1. Traer posta a mascarilla.
  2. Só poderá asistir 1 dos proxenitores, o pai ou a nai. En ningún caso virá máis de unha persoa por alumno/a.
  3. Non poderán acudir os nenos/as.
  4. Ser puntuais para comezar e rematar no tempo establecido, de xeito que non se mesturen os pais/nais dos diferentes cursos.
  5. Os que xa teñan adquirido e etiquetado todo material co nome do neno/a, traerano o día da reunión. Deixarano na entrada do interior do colexio (conserxería) para que o titor/a proceda a recollelo e levalo á aula. En ningún caso, os pais/nais levarán eles directamente o material ás aulas. Se aínda non mercaran o material, intenten traelo o antes posible, preferiblement antes de que comece o curso e seguindo as mesmas indicacións.

 



page | by Dr. Radut