Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2018

Este curso 2017/2018  o día das Letras Galegas estivo adicado a unha autora que aínda que naceu en Cáceres, en Extremadura, chegou á nosa Comunidade e namorouse dela, tanto, que xa ficou aquí para sempre, promovendo a nosa lingua, de xeito moi activo. Foi mestra en varios institutos, entre eles o instituto de Vilalonga, e escribiu moitos libros para nenos e adolescentes, acadando diferentes recoñecementos e premios.

No colexio fixemos un photocoll para sacar fotos ao seu carón:

E o mércores 16 de maio, unha mestra do conservatorio de Cambados, Modesta Padín, que tamén é música da Banda de Castrelo e directora de Coros de adultos, veu ao colexio para contarnos o difícil que foi comezar a tocar na Banda por ser muller e amosarnos como podemos facer música cos cachivaches da cociña, como facían antes as mulleres que querían tocar.



paxina | by Dr. Radut