Skip to Content

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

Luns 19 de novembro de 2018

Comeza o V Concurso de Fotografía Dixital. Podes descargar as bases no pdf adxunto nesta publicación.

O tema deste ano é a AUGA

Anímate a participar!

 

                                          PRAZOS A TER EN CONTA                                    

ENVÍO DE FOTOGRAFÍAS CON LEMA EN GALEGO:

Ata o venres 7 de decembro ás 23:00h.

EXPOSICIÓN:

A partir do mércores 12 de decembro.

VOTACIÓN:

Os días 17 e 18 de decembro (luns e martes).

Horario:

  • Pola mañá: luns e martes de 9:30 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 h.
  • Pola tarde: martes de 16:00 a 17:30 h.

Quen pode votar?:

  • Toda a Comunidade Educativa, é dicir, alumnado, profesorado e pais/nais/titores legais.

Cantas fotografías se poden escoller en cada voto?:

  • 1 única fotografía.

Como se realiza a votación?:

  • Escribindo o número da fotografía elixida nunha papeleta que atoparedes e depositaredes en Conserxería (Lolita facilitará as papeletas).
  • Só poderá realizarse un voto por persoa.

ENTREGA DE PREMIO E DIPLOMAS:

O venres 21 de decembro ao longo do Festival de Nadal.

 

AdxuntoTamaño
bases_V_concurso_fotografia_18_19.pdf93.68 KB


page | by Dr. Radut