Skip to Content

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO 2018 / 2019

Durante o curso 2018-2019, decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta. Centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade física.

Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábito nos alumnos e alumnas. Entendendo que a práctica deportiva é moito máis que simplemente “xogar a algo”, realizaremos actividades encamiñadas a tentar diminuír o nivel de sedentarismo dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Tratando sempre de que o alumnado sexa partícipe e protagonista de todas as actividades para que as poida valorar e interiorizar como súas, e deste xeito avanzar cara unha autonomía e iniciativa persoal que faga que nun futuro sexan quen de planificar e organizar o seu tempo de lecer, os seus hábitos e, en xeral, o seu estilo de vida de xeito activo e saudable.

Para seguir e coñecer as actividades que vaiamos realizando, podedes consultar a nosa conta de Instagram para este proxecto!

https://www.instagram.com/nantesan_

 

 



paxina | by Dr. Radut