Skip to Content

CHARLA MAPFRE: EDUCACIÓN VIAL

Martes 23 de abril de 2019

A Fundación MAPFRE está desenvolver un proxecto con alcance internacional que leva por nome "Caravana de Educación Vial".

A través dun circuíto de karts e cun grupo de monitores especializados, os alumnos/as aprenden conceptos básicos relacionados coa seguridade vial e a prevención.

Durante os días 22, 23, 24, 25 e 26 de abril a caravana estivo instalada na Praza dos Barcos en Sanxenxo, pero debido ao mal tempo tivemos que cancelar as visitas escolares.

Aínda así, os monitores visitaron o noso centro para darnos unhas nocións viarias fundamentais.

Moitas grazas!

Agardamos poder probar os karts noutra ocasión!

 



page | by Dr. Radut