Skip to Content

Plan Proxecta 2019/2020

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega.

Durante o curso 2019-2020 decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade fisica.

Como dixemos, a nosa acción estará centrada arredor da modalidade XOGADE. Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábíto na maioría dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Polo tanto, entendemos que para acadalo debemos comezar fomentándoo dende a escola. Este proxecto estará moi ligado á modalidade do Plan Proxecta "Aliméntate Ben", que tamén se realizará no centro. 

As actividades de XOGADE realizaranse en coordinación con outros centros da contorna que tamén participan neste proxecto para o presente curso e consistirán na práctica deportiva entre os alumnos e as alumnas dos diferentes centros.

Ademais, ampliaremos o noso plan de acción fomentando hábitos de alimentación axeltados, axudando a dinamizar os tempos de lecer para un mellor aproveitamento e incidindo nos aspectos da socialización e da inclusión a través da práctica deportiva e da actividade física.

Entendendo que a práctica deportiva é moito máis que simplemente "xogar a algo", realizaremos actividades encamiñadas a tentar diminuír o nivel de sedentarísmo dos nosos alumnos e das nosas alumnas. Trataremos sempre de que o alumnado sexa partícipe e protagonista de todas as actividades, para que as poida valorar e interiorizar como súas, e deste xeito avanzar cara unha autonomía e iniciativa persoal que faga que nun futuro sexan quen de planificar e organizar o seu tempo de lecer, os seus hábitos e, en xeral, o seu estilo de vida de xeito activo e saudable.

As competencias clave estarán moi presentes durante a organización e avaliación do proxecto xa que consideramos que coa realización destas tarefas debemos axudar ó seu traballo e desenvolvemento de xeito interdisciplinario.

Si ben é certo, como dixemos, que a práctica deportiva é máis que "xogar a algo", tamén é certo que ese "xogar" é o núcleo fundamental e o compoñente básico.

Resulta paradóxico falar dun "Proxecto Deportivo de Centro" nun colexio que non conta con espacios axeitados para a práctica deportiva, nin no exterior nin no interior. Ésto non sólo afecta os xogos e deportes, sinón tamén á propia Educación Física no día a día.

Sin esa práctica lúdico-deportiva e sin os medios axeitados para levala a efecto, estaríamos plantexando "preciosas" teóricas declaracións de intencións. Pero, como todos estes anos atrás, neste colexio intentaremos facer todo o que poidamos, adaptándonos ós medios cos que contamos e intentando sacarlles o maior partido.

 



paxina | by Dr. Radut