Skip to Content

Semana 20 de Abril

Luns 20 de abril de 2020

Bos días unha semana máis! Como van eses ánimos? Seguro que estades a facer moitísimas cousas interesantes estes días, xa me contaredes!

Hoxe traio unha proposta nova e, para levala a cabo, precisamos cartón (ou cartolinas), unhas tesoiras e un lapis. Imos facer un "memory", que é un xogo de tarxetas no que hai que ir levantando dúas de cada quenda e facer parellas. Os nenos e nenas de terceiro ides facer un memory de multiplicacións, os de cuarto de fraccións e os de quinto e sexto de números decimais. Os pasos a seguir son os seguintes:

1. Collemos a cartolina, debuxamos 24 cadrados e recortámolos.

2. Unha vez recortados facemos 2 grupos (en cada grupo 12 cadrados de cartón).

3. Collemos un cartón dun grupo e escribimos a multiplicación (2x3),a fracción  (2/3) ou o número decimal (0,3).

4. No cartón do doutro grupo escribimos o resultado da multiplicación (6), o debuxo da fracción ou como se le o decimal (cero coma tres).

5. Repetimos o mesmo proceso con todas as tarxetas, cambiando o que escribimos nelas.

6. Unha vez rematadas poñémolas boca abaixo, buscamos un compañeiro ou compañeira de xogo e desfrutamos!

Déixovos unhas imaxes dalgúns memorys xa feitos. Se tedes algunha dúbida podedes escribirme, déixovos o meu correo:

reforzat.nantes@gmail.com

Antes de despedirme gustaríame facervos un regaliño. Dixéronme que vos estades a portar moi ben, por iso quero darvos un diploma. Para iso só hai que clicar no enlace que poño máis abaixo, imprimilo e poñer o voso nome.

Moitos bicos e apertas da profe Jéssica, vémonos moi pronto!

 

AdxuntoTamaño
DIPLOMA _QUEDA NA CASA_ (1).pdf31.94 KB


paxina | by Dr. Radut