Skip to Content

O BULLYING OU ACOSO ESCOLAR

 

Luns, 4 de maio, de 2020.

 

Bo día familias e alumnado!! Que tal estades?? Espero que despois dos paseos, de facer un pouco de deporte, e de volver a respirar aire fresco, vaiamos recuperando pouco a pouco o ánimo e as forzas para seguir loitando contra o virus, tomando conciencia da nova normalidade.

 

Xa comezamos o mes de maio, e con el o día 2 celebrouse o Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar,  para concienciar ás persoas sobre o risco que ten isto nos nenos/as, e buscar mecanismos para poder evitalo. Por este motivo, non me gustaría que este día pasara desapercibido para nos, pois é un perigo que require do compromiso e participación de todos/as, para erradicar o problema, non podemos deixar que os xovenes vivan situacións verdadeiramente aterradoras.

 

 

O BULLYING OU ACOSO ESCOLAR,é a forma de comportarse ou dirixirse a outra persoa, verbal ou fisicamente e repetidas veces, por un ou máis estudantes, causando un dano temporal ou permanente na vítima, que sofre ameazas, intimidación, manipulación e inclusive, agresións físicas.

 

Cando os neno/a ou adolescente, son agredidos, comezan a amosar un baixo rendemento escolar, síntomas de depresión, baixa autoestima e no peor dos casos, o desexo de atentar contra súa vida.

 

TIPOS DE ACOSO:

 

  • FÍSICO: patadas, empurróns, golpes con obxectos, roubos...
  • VERBAL: humillacións, insultos, motes, menosprezo, propagación de rumores falsos...
  • PSICOLÓGIGO: ameazas para provocar medo, para obrigalos a facer cousas que non queren...
  • SOCIAL: exclusión e illamento progresivo da vítima, ignorala en actividades de clase, amigos/as...

 

SINAIS DE ALARMA QUE DEBEMOS OBSERVAR E TER EN CONTA, para previr e detectar o acoso:

 Na Víctima:

  • O neno/a fala menos.
  • Vólvese máis introvertido.
  • Deixa de saír ou estar cos amigos/as.
  • Está máis sensible, cústalle pensar en positivo.
  • Perde o apetito e durme mal.
  • Non amosa ilusión por nada: xogar, ir ó cine...
  • Empeora as súas notas.
  • Non coida o seu aspecto físico.
  • Ten ataques de ansiedade e amosa máis agresividade.

No Agresor:

  • Con frecuencia forma parte de pelexas, disputas e enfrontamentos.
  • A miúdo, non controla os seus impulsos e reaccións.
  • Móstrase máis agresivo.
  • Xustifica as súas reaccións violentas e non valora a gravidade dos seus actos.

QUE DEBEMOS FACER SI O DETECTAMOS?

 

  • Manter a calma: fala co teu fillo/a sobre as súas preocupacións do día a día no colexio, e da importancia que ten contalas. Debemos amosar tranquilidade, pola contra, para evitar angustiarnos, non nos dirán nada.
  • Dicímoslle que o/a cremos: e que nos alegra que nolo conten, que non é a súa culpa, e que faremos o posible por axudalo/a
  • Fomenta a súa autoestima e autoconfianza: que se sintan valorados/as e queridos. Podemos animalos a facer actividades que lles gusten con outros nenos/as.
  • Educar na tolerancia e a valorar ó “diferente”, ensinarlles a respectar aos demais...
  • Axúdalle a expresar as súas emocións: cando está triste, frustrado, debemos conectar coa súa emoción e ensinarlle a entender e superar o seu malestar e fomentar o autocontrol.
  • Informa ao centro escolar da situación.
  • Ensinarlle que existen límites: que os actos violentos teñen consecuencias para quen os fai.
  • Ensinarlles que se ven unha situación violenta non colexio, deben ser solidarios e non son chivatos: defender ao compañeiro/a. Calar a situación é ser cómplice dele. Axudarlles a ser empáticos e poñerse no lugar da vítima, como te sentirías si che pasara a ti? Déixovos un
  • Vídeo: Activa Tu Poder, para evitar o acoso.
  • https://www.youtube.com/watch?v=0Ai8_SR8Ncw
  • Si o teu fillo amosa actitudes violentas para conseguir algo, corríxeo: amósalle que as metas lógranse sen ser violentos.

 Debemos ser un exemplo a seguir para os nosos fillos e fillas: mostrándolle o trato con amabilidade e respecto a todas as persoas (nenos/as, xoves e maiores). Os pequenos/as toman como exemplo aos seus familiares

QUE FACER FRONTE O BULLYING NAS REDES SOCIAIS?

 Na actualidade, o ciberacoso está á orde do día, polo que debemos estar pendentes e tomar a medidas pertinentes:

  • Cambia os datos da configuración de privacidade, que só poda ser compartida con amigos/as ou de forma privada.

  • Bloquea ou elimina contactos que envíen mensaxes de acoso.

  • Denunciar á persoa que estea realizando bullying.

  • Falar coa familia o persoas maiores sobre o acoso, para que o saiban e podan denuncialo.

  • Dirixirse ás autoridades, en caso de situacións que ameacen á integridade ou vida do neno/a.

  • Gardar evidencias do acoso, como fotos, vídeos ou textos, que podan servir para denunciar ó agresor.

  • Retirarse por un tempo das redes sociais.

As familias deben se parte da súa experiencia on line. Familiarízate coas plataformas que utiliza o teu fillo/a, explícalle cómo están conectados ó mundo on line e advírtelles sobre os diferentes riscos aos que se enfrontan en Internet.

 ACABAR CO BULLYING, COMPÉTENEOS A TODOS/AS FAMILIA E ESCOLAR,e debemos ter claro que:

  • Non é cousa de nenos/as, non son chivatos, non teñen que aguantalo.
  • Non pensemos que ao meu fillo/a nunca lle vai pasar, a vítima pode ser calquera neno/a.
  • Non fará á vítima máis forte. Só se conseguirá que cando crezan sexan persoas inseguras, ás que lle custara relacionarse con outras persoas.
  • A violencia formará parte natural do comportamento humano e atraerán a súas vidas persoas tóxicas, que repetirán esas mesmas condutas.
  • O problema dun compañeiro/a de clase, e un problema de todos/as.

 

Para traballar esto en casa cos vosos pequenos/as, déixovos un curto e un conto.

Corto de Animación sobre Bullying: No Juegues Conmigo

 

https://www.youtube.com/watch?v=fdMKi64AKYs

 

Cuento Hoy no quiero ir al colegio

 

https://www.youtube.com/watch?v=IEjGGJKIOrg

 

E  moi importante concienciar ao noso alumnado, fillos e fillas, sobre o VALOR DA DIVERSIDADE, DA DIFERENZA, E DA INCLUSIÓN, para traballar na prevención do acoso escolar

Aquí vos deixo uns curtos para que gocedes en familia. Invítovos a velos con vosos fillos e fillas.

Curtametraxe: Historia de un Erizo. Ensínanos que as persoas somos DIFERENTES, pero isto non deben ser motivo de SEGREGACIÓN, senón de RESPECTO. As diferenzas axúdanos a ser máis TOLERANTES.

https://www.youtube.com/watch?v=OEbISlnby9Y

 

Cortometraxe: "Cuerdas"  de  Pedro Solís García,

Sobre INCLUSIÓN, RESPECTO, AMOR E VOCACIÓN.

 https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

 

Sempre debemos buscar motivos para INCLUÍR e ACEPTAR aos demais. A DIVERSIDADE SUMA, NON RESTA.

Espero que vos gustara, e vos sirva de axuda para traballar na prevención do acoso escolar en familia.

Moito ánimo e unha Aperta da Orientadora.

Belén Cid.

 



paxina | by Dr. Radut