Skip to Content

VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL 2020/2021

Xoves 14 de xaneiro de 2021

Comeza o VII Concurso de Fotografía Dixital. Podedes descargar as bases no pdf adxunto nesta publicación.

 O tema deste ano é:

  "PASIÑO A PASIÑO, FAISE O CAMIÑO"

 (fotografías relacionadas co Camiño de Santiago)

 Animádevos a participar!

 

                                       PRAZOS A TER EN CONTA                              

ENVÍO DE FOTOGRAFÍAS CON LEMA EN GALEGO:

Ata o mércores 3 de febreiro ás 23:00h.

EXPOSICIÓN:

A partir do venres 5 de febreiro.

VOTACIÓN:

Os días 8 e 9 de febreiro (luns e martes).

Quen pode votar?:

  •  Este ano, debido ás medidas adoptadas pola pandemia, só votará o alumnado e o profesorado. Nesta ocasión, as familias non poderán votar, para evitar visitas ao centro que non son imprescindibles.

Cantas fotografías se poden escoller en cada voto?:

  •  1 única fotografía.

 Como se realiza a votación?:

  •  Escribindo o número da fotografía elixida nunha papeleta que atoparedes e depositaredes nas mesas da entrada (a profe Olalla facilitará as papeletas).
  • Só poderá realizarse un voto por persoa.

ENTREGA DE PREMIO E DIPLOMAS:

O venres 12 de febreiro, antes das vacacións de Entroido.

 

AdxuntoTamaño
bases_VII_concurso_fotografía_20_21.pdf174.81 KB


page | by Dr. Radut