Skip to Content

MATRÍCULA 22/23

MATRÍCULA

2022/2023

Prazo:

do 20 ao 30 de XUÑO DE 2022

SÓ PARA O NOVO ALUMNADO

 

 A QUEN VAI DIRIXIDO?

O prazo de matrícula vai dirixido a:

  • Nenos/as que comezan a escolaridade en 3 anos (4.º Infantil). Nados no ano 2019.
  • Nenos/as que cambian de centro.

Os alumnos/as que actualmente están matriculados no centro, e que continúen no mesmo o vindeiro curso, non deberán formalizar ningún trámite.

O alumnado de 6.º de Primaria que vai ir ao I.E.S., e o alumnado que solicitou matricularse noutro centro, deberá realizar a matrícula no instituto ou no centro no que vaia cursar os seus estudos.

 

 CANDO E COMO FAGO A MIÑA SOLICITUDE?

O prazo de presentación da matrícula abrangue desde o día 20 ao 30 de xuño de 2022, ambos incluídos. 

Deben entregar toda a documentación debidamente cumprimentada na Secretaría do centro.

 QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE ENTREGAR?

Poden recoller no colexio o sobre con toda a información e documentación ou descargala nos documentos adxuntos.

  1. ANEXO III debidamente cuberto (Orde do 12 de marzo de 2013): poden descargalo nos documentos adxuntos.

  2. Fotocopia do Libro de Familia completo (todas as páxinas que estean escritas).

  3. Fotocopia do DNI do pai, da nai (ou representantes legais) e do neno/a a matricular (se o ten).

  4. Fotocopia do Libro de Vacinas do neno/a ou Certificado de vacinas.

  5. Fotocopia da Cartilla da Seguridad Social (tarxeta sanitaria) ou entidade aseguradora.

  6. Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2018). Deben solicitado na Secretaría do centro educativo no que estea cursando estudos na actualidade.

  7. Certificado de empadroamento (deben pedilo no Concello).

  8. 2 fotos do alumno/a tamaño carné.

  9. Fotocopia do boletín de notas da última avaliación (se procede doutro colexio).

  10. Outra documentación (se fose o caso): discapacidade, separación, custodia...

  11. Documentación específica do centro (vai no sobre, pero tamén poden descargala nos documentos adxuntos):

  • Autorización imaxe.

  • Elección Relixión /Valores.

  • Transporte escolar.

  • Proxecto lingüístico (idioma materno).

  • Información adicional.

**A documentación que xa achegaran no proceso de admisión non é preciso que volvan entregala.

 AÍNDA TEÑO DÚBIDAS. ONDE PODO PREGUNTAR?

Poden resolver calquera dúbida referente á matrícula:

  • Na Secretaría do centro.
  • Chamando ao teléfono do colexio 886.15.16.69

 

 HORARIO DE SECRETARÍA

a partir do mércores 23 de xuño

de LUNS a VENRES de 10:00 a 14:00 h.

(prégase se axusten na medida do posible)

 

Adxunto Tamaño
   
   
formulario_autorizacion_imaxe.pdf 173.75 KB
formulario_eleccion_relixion_valores.pdf 129.59 KB
formulario_transporte.pdf 237.13 KB
formulario_proxecto_linguistico.pdf 218.92 KB
formulario_informacion_adicional.pdf 190.53 KB
informacion_aplicacion_abalar.pdf 614.28 KB
diptico_informativo.pdf 640.17 KB
informacion_comedor_escolar.pdf 1.13 MB
AdxuntoTamaño
Instrucións fondolibros 2022-2023.pdf511.05 KB
información gratuidade e fondo libros (1).pdf145.55 KB
documentacion_necesaria_22_23.pdf244.68 KB
ANEXO III MATRÍCULA INFANTIL.pdf125.66 KB
ANEXO III MATRICULA PRIMARIA.pdf125.66 KB


page | by Dr. Radut