Skip to Content

PENGUIN PROJECT (1.º PRIMARIA)

Venres 20 de novembro de 2015

Xa temos preparada a primeira actividade relacionada cos pingüíns.

Trátase dun libro bilingüe, en galego e inglés, que visitará quincenalmente a casa dun alumno/a de 1.º curso.

A mestra encargarase de preparar as páxinas co texto e cada neno/a completará os datos que faltan coa axuda da súa familia. Para elo, poden usarse as técnicas que se queiran: fotografías, debuxos, collages, letras recortadas... Todo o que a imaxinación permita!!!

Cando un neno/a remate a súa páxina explicará aos demais compañeiros/as a información atopada.

En canto se vaian completando os traballos, iremos publicando as fotos aquí mesmo, para que todos desfrutedes dos resultados.

 

COMEZA A VIAXE!!!

 

Esta é a portada e a páxina de inicio coa explicación do proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xoves 3 de decembro de 2015

Comezamos a expoñer os traballos realizados. Sara foi e a encargada de investigar que clase de animais son os pingüíns. Grazas a ela sabemos que son aves mariñas que non poden voar

Mirade que ben fixo a súa páxina!!!

 Xoves 17 de decembro de 2015

A investigación sobre os pingüíns continúa. Nesta ocasión, Carla R. averiguou como é o corpo destes simpáticos animais. Con ela aprendemos que teñen o corpo cuberto de plumaxe. Ademais, dispoñen dunha grosa capa de graxa e un sistema de vasos sanguíneos que lles axudan a manter o calor.

Magnífico traballo!!!

  Xoves 17 de decembro de 2015

Canto estamos a aprender! Héctor achéganos as partes do corpo dos pingüíns. A través dos carteis é moi doado localizalas: peteiro, ás, patas...

Xenial!!!

 Xoves 11 de xaneiro de 2016

Seguimos o noso camiño. E... falando de camiño, como se desprazan os pingüíns? David encargouse de informarnos de que poden nadar, camiñar ou deslizarse sobre o seu ventre.

Moi ben!!!

  Mércores 24 de febreiro de 2016

Xa sabemos moitas cousas dos pingüíns. Nesta ocasión, Carla M. buscou información sobre a reproducción. Descubriu que nacen de ovos, polo que son animais ovíparos.

Mirade cantos datos!!!

 

 Martes 2 de marzo de 2016

Onde habitan os pingüíns? Se queredes sabelo nos deixedes de ver a páxina realizada por Pablo, pois averiguou que só viven no hemisferio sur, en climas moi fríos.

A explicación e a decoración son fantásticas!!!

  Mércores 9 de marzo de 2016

Sabedes de que se alimentan os pingüíns?  Fabián foi o encargado de investigar esta cuestión: comen peixes, calamares e uns pequenos crustáceos chamados krill.

Este é o seu traballo!!!

 Mércores 16 de marzo de 2016

A nosa viaxe polo mundo dos pingüíns está a piques de ramatar. Pero antes Carlos averiguou que hai  18 especies diferentes, como o Pequeno Pingüín Azul ou o Pingüín de Snares.

Botádelle unha ollada á súa información!!!

  Venres 8 de abril de 2016

Que ben o pasamos investigando a vida dos pingüíns. Hoxe poñemos fin aos traballos de investigación con...

CURIOSIDADES

PERIGOS

PINGÜÍNS FAMOSOS

Aquí remata a nosa viaxe!!!

Os autores/as deste fantástico libro foron...

Nuns días faremos a exposión oral dos nosos traballos.

 

Grazas a todas as familias pola súa

colaboración!!!

 



page | by Dr. Radut