Skip to Content

REFUXIO PARA ANIMAIS DE CAMBADOS

Venres 8 de abril de 2016

Hoxe desenvolvemos no colexio unha actividade moi especial enmarcada no proxecto "Protexe os animais".

Olga Costa e Rosy, directora e vicepresidenta respectivamente do Refuxio para animais de Cambados, deron a coñecer a importante labor que están a desenvolver no refuxio desde o ano 1999.

Pero... non viñeron soas, senón que as acompañaron 5 dos cans que atenden no centro. Entre eles estaba Nor, un can cheo de vitalidade que precisa dunha cadeira de rodas para poder desprazarse.

A Educación en Valores estivo presente ao longo de toda a xornada.

No seguinte vídeo podedes ver a visita de Olga ao programa "El Hormiguero", no que se dá a coñecer a historia Tinta, unha cadela parapléxica que busca unha familia de adopción.

Toda a Comunidade Educativa quixo agradecer a visita cunha pequena donación en forma de comida e produtos de limpeza.

Non deixedes de visitar a páxina web do Refuxio para coñecer a súa labor, as actividades que organizan e os animais que están en adopción ou acollida.

 Moitísimas grazas por compartir connosco o

amor incondicional polos animais de compañía

(Clicade sobre as fotografías para acceder á galería)

 



page | by Dr. Radut