Skip to Content

CONTACONTOS FAMILIARES: NAI DE DIEGO

Mércores 25 de maio de 2016

Rematamos as sesións dos Contacontos Familiares coa visita de:

ROCÍO VEIGA, a mamá de Diego

(2.º de Primaria)

Contounos "Pinocho no era el mentiroso", unha divertida historia rimada na que, a diferencia do conto tradicional, Pinocho non é quen conta mentiras.

Como facemos sempre, entregamos un diploma como agradecemento pola súa participación na actividade.

Pero... Rocío tiña unha sorpresa!!! Cedeu este fermoso conto para os fondos da nosa biblioteca, así que poderemos desfrutalo sempre que queiramos.

 

NO VINDEIRO CURSO AGARDAMOS RECIBIR NOVAS

VISITAS!!!!

 



page | by Dr. Radut