Skip to Content

CONTACONTOS FAMILIARES 1.º E 2.º PRIMARIA 2016/2017

Un ano máis, as familias de 1.º e 2.º de Primaria comezan a visitarnos para participar na actividade dos CONTACONTOS FAMILIARES.

Luns 28 de novembro de 2016

VISITA DO PAPÁ DE MIA (1.º Primaria)

Que ganas tiñamos comezar!!! Nesta ocasión, David contounos unha fantástica historia en inglés titulada "The Scarecrows´Wedding". Os espantallos Betty e Harry están a planificar a súa voda, pero o malvado espantallo Reginald intentará estragar ese día tan especial. Conseguirao???

Mirade que atentos estivemos.

Moitas grazas por visitarnos David!!!

 

Luns 12 de decembro de 2016

VISITA DA MAMÁ DE PAOLA (1.º Primaria)

Hoxe visitounos Rocío, coa súa historia "Amanda, con cien pies anda", un libro no que destacan valores como a solidariedade e o campañeirismo. Amanda é unha cempés cun serio problema pero con moitos e moi bos amigos. Queredes saber que lle pasa? Non vos perdades este fermoso conto.

A nós encantounos!

Grazas por vir por terceiro ano consecutivo!!!

 

Luns 19 de decembro de 2016

VISITA DA MAMÁ DE HÉCTOR (2.º Primaria)

Despedimos o trimestre con Tibisay e o seu conto "Buenos tiempos", unha divertidísima historia na que Bob Esponja recorda os bos momentos vividos no Crustáceo Crujiente xunto aos seus amigos de Fondo de Bikini.

Canto nos gustan as aventuras de Bob Esponja!

Grazas por visitarnos un ano máis Tibisay!!!

 

Luns 23 de xaneiro de 2017

VISITA DA MAMÁ DE ZAIRA (1.º PRIMARIA)

Comezamos o ano cunha sesión de contacontos moi especial, xa que por primeira vez nai e filla leron xuntas. Jennifer e Zaira trouxeron un libro titulado "Cuentos con animales" e, de todas as historias, elixiron "La orquesta de los animales", unha das favoritas de Zaira.

Foi unha historia divertidísima!

Grazas por compartir esta experiencia connosco!

 

Luns 6 de febreiro de 2017

VISITA DO PAPÁ DE HÉCTOR (2.º PRIMARIA)

A visita de Martín conseguiu captar a atención de todos os nenos/as co conto "Kung Fu Panda: Maestro del desastre", unha divertida historia na que o perezoso Po intenta dominar a arte do kung-fu. Será quen de conseguilo?

Non vos perdades o final.

Que ben o pasamos!!!

 

Luns 27 de marzo de 2017

VISITA DA MAMÁ DE HUGO (1.º PRIMARIA)

Patricia tróuxonos un fermosísimo conto baseado na historia real de Villarina, unha osiña nacida no Parque Natural de Somiedo, encontrada ferida na estrada e devolta uns meses despois xa recuperada aos montes de Cantabria.

Que historia tan bonita! Lembrade ler"El retorno de Villarina"!

 

Luns 3 de abril de 2017

VISITA DO MAMÁ DE ANTÍA (1.º PRIMARIA)

Chega o mes de abril... e con el a celebración do Día do Libro. Por elo, Luisa veu preparada cun fermoso libro titulado "   ".

 

 

Non perdemos nin un só detalle!

As titoras de 1.º e 2.º queremos agradecer a colaboración

das familias participantes.

 



page | by Dr. Radut