Skip to Content

NANTES ACTIVO E SAUDABLE 2017 / 2018

Durante o curso 2017-2018, decidimos seguir participando no Proxecto Deportivo de Centro do Plan Proxecta. Centrándonos na modalidade XOGADE como se viña facendo anteriormente. Polo tanto, tentaremos promover hábitos saudables a través do deporte e da actividade física.

Pretendemos que a actividade física chegue a ser un hábito nos alumnos e alumnas. Entendemos que para acadalo debemos comezar fomentándoo dende a escola. As actividades de XOGADE realizaranse en coordinación con outros centros da contorna que tamén participan neste proxecto para o presente curso e consistirán na práctica deportiva entre os alumnos e alumnas dos diferentes centros.

Ademais, ampliaremos o noso plan de acción fomentando hábitos de alimentación axeitados, empregando as novas tecnoloxías para a motivación e o fomento do deporte, axudando a dinamizar os tempos de lecer para un mellor aproveitamento e incidindo nos aspectos da socialización e da inclusión a través da práctica deportiva e da actividade física.

Para seguir e coñecer as actividades que vaiamos realizando, podedes consultar o noso blog para este proxecto!

https://nantesactivo.blogspot.com.es/

 



page | by Dr. Radut