Skip to Content

Comedor Escolar

MENÚ COMEDOR: MES DE MARZO

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR

MARZO 2020

 

Poden descargalo nos documentos adxuntos

 

MENÚ COMEDOR: MES DE FEBREIRO

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR

FEBREIRO 2020

 

Poden descargalo nos documentos adxuntos

 

MENÚ COMEDOR: MES DE XANEIRO

MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR

XANEIRO 2020

Poden descargalo nos documentos adxuntos

 

INICIO COMEDOR ESCOLAR

Xoves 14 de marzo de 2019

INFORMACIÓN PARA OS USUARIOS DO COMEDOR:

A empresa responsable do servizo de comedor no noso centro é CATERING ARELAS.

A petición de alta, baixa ou modificación de servizo deberá comunicarse directamente con dita empresa (nunca a través dos monitores/as nin da ANPA). Poden contactar a través dos teléfonos 986.40.81.51 e 669.29.79.66 (de luns a venres en horario de 08:00 a 17:00 h.), ou por correo electrónico calidad@arelas.es

ARELAS dispón da páxina web www.cateringarelas.com (preme no enlace para acceder) onde os usuarios poderán consultar os menús.

  • Tempo de comedor: de 14:30 a 15:30 h. de luns a venres.
  • Tempo de lecer: de 15:30 a 16:00 h. de luns a venres. As familias tamén poderán recoller aos nenos/as a partir das 15:30 h.
  • Horario das educadoras: de 14:15 a 16:00 h. de luns a venres.
  • Horario de recollida do alumnado por parte da familia: desde as 15:30 ata as 16:00 h.
  • Ás 16:00 h. comezan moitas das actividades extraescolares. No caso de haxa alumnado usuario do comedor que participe nas actividades extraescolares da primeira hora, organizarase un sistema de traslado e traspaso de custodia entre o persoal do comedor e os/as monitores/as encargados das extrescolares que se desenvolvan no colexio. Os alumnos/as que non asistan a ningunha actividade, ás 16:00 h. subirán á biblioteca polo que hai que recollelos alí desde as 16:00 ata as 17:00h.
  • IMPORTANTE: o alumnado non poderá saír do colexio só en ningún caso. Todos os alumnos/as deben permanecer no colexio ata que veñan buscalos os seus pais/nais ou en quen deleguen, seguindo as normas de organización e funcionamento. Non poderán desprazarse sós para asistir ás actividades que teñan lugar fóra do colexio (Círculo Cultural e Deportivo ou na Casa da Cultura de Nantes). Serán as súas familias as encargadas de acompañalos.
  • No caso de usuarios eventuais: pode anotarse calquera neno/a o día anterior antes das 17:00 h. nos teléfonos 986.40.81.51 e 669.29.79.66, ou o mesmo día antes das 07:30 h. no correo electrónico calidad@arelas.es. Estes usuarios deben pagar ese mesmo día en efectivo. O importe é de 6€.
  HORARIO COMEDOR   BIBLIOTECA           ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
LUNS 14:30 - 16:00 h. 16:00 - 17:00 h. 16:00 - 17:00 horas
MARTES 14:30 - 17:00 h.   ------------------ 16:00 - 18:00 horas
MÉRCORES 14:30 - 16:00 h. 16:00 - 17:00 h. 16:00 - 17:00 horas
XOVES 14:30 - 16:00 h. 16:00 - 17:00 h. 16:00 - 17:00 horas
VENRES 14:30 - 16:00 h.   ------------------   -----------------------------

**OS VENRES HAI QUE RECOLLER AOS ALUMNOS/AS QUE USEN O COMEDOR ANTES DAS 16:00 H.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut