Skip to Content

Concurso de Fotografía Dixital

PRAZOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Martes 3 de febreiro de 2015

 

ENVÍO DE FOTOGRAFÍAS CON LEMA EN GALEGO:

Ata o 3 de febreiro.

EXPOSICIÓN:

Do 4 ao 13 de febreiro.

VOTACIÓN:

Os días 11 e 12 de febreiro.

Horario: de 9:30 a 10:00 e de 14:00 a 14:30 h.

Quen pode votar?

  • Toda a Comunidade Educativa, é dicir, alumnado, pais/nais e profesorado.

Cantas fotografías se poden escoller en cada voto?

  • 1 única fotografía.

Como se realiza a votación?

  • Escribindo o número da fotografía elixida nunha papeleta que atoparades en Conserxería.
  • Só poderá realizarse un voto por persoa.

ENTREGA DE PREMIO E DIPLOMAS:

O venres 13 de febreiro ao longo da festa de Entroido.

 

 

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

Mércores 21 de xaneiro de 2015

O equipo TIC, en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística, convoca o I Concurso de Fotografía Dixital para todo o alumnado do C.E.I.P. Plurilingüe Nantes.

 

 

                                           BASES DO CONCURSO                                         

 

A participación no mesmo supón a aceptación das seguintes bases:

  1. Poderán participar todas as familias que teñan fillos/as matriculados no noso centro.
  2. Só se admitirán fotos en formato dixital jpg.
  3. As fotografías serán enviadas ao correo electrónico ceipnantes.tic@gmail.com antes do día 3 de febreiro de 2015. No asunto deberá constar o nome e o curso do alumno/a.
  4. O tema será "O mar". Cada foto deberá acompañarse dun lema en galego sobre este tema.
  5. Todas as fotografías serán publicadas na páxina web do centro.
  6. O premio consistirá nunha memoria USB acompañada dun diploma acreditativo e a publicación da fotografía no número deste ano da revista "Novas de Contumil". A foto gañadora pasará a ser propiedade do colexio.
  7. Poderase participar cunha foto por alumno/a.
  8. As fotos estarán expostas no colexio do 9 ao 13 de febreiro.
  9. O gañador/a será elixido por toda a Comunidade Educativa mediante votación os días 11 e 12 de febreiro.
  10. O premio entregarase o día 13/02/2015.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut