SAMAGOSTO (Samaín + Magosto)

Ollo ao dato, o IES Chapela inventa o SAMAGOSTO, unha mestura de Samaín e Magosto que en nada ha de chegar a EE.UU.

 

Como o tempo metereolóxico non vai co ciclo do ano, o alumnado e profesorado de Servizos á comunidade creou o ambiente.

Grazas a todas e a todos os que currastes este ano a decoración do noso instituto.

Na foto Brais, Alison e Esther, representando todo este traballo.

 

 Castañas xigantes! 

 

 Outonais árbores que perdían as súas follas. 

 

 Algúns quedaban pelados, coma este na porta da cafetería! 

 

 Ata as columnas do IES tentaron semellarse ás arbores.

O Departamento de Historia segue debatendo como chamar a este novo tipo de columna.

Columna chapeleira?

 

 Tanta folla a algún sitio tiña que ir parar. Pedazo greca!

 

 Ata ás ventás chegaron as follas!

 

 Mais a decoración non era só outonal! O Samaín estaba moi presente. Toma caracú... Perdón, calacú!

 

 Os ratos invadiron o Centro!

 

 Estraños seres gabeaban polas xanelas con avisos de morte.

 

 Non sei como será a clase de apoio domiciliario, pero a porta non invita a entrar!

 

 Arañas xigantes polos corredores!

Esta xente sempre o fai ben, pero esta vez rebordaron imaxinación e traballo.

Volvemos a dicilo, moitas grazas e parabéns.

 

 Araña implicada na extinción de incendios.

 

 Araña comprometida coa normalización do idioma galego.

GALEGUIZA O TEU COMPUTADOR! 

 

 Hai moita pantasma neste Centro! Que ninguén se dea por aludido ou aludida, eh!

 

 O que faltaba! Á xefatura de estudos co que fixo isto!

Como o tipificamos? Falta leve, grave, moi grave? Que sanción lle poñemos? 

 

 Mais o tema non rematou na decoración. Vaia despregue de concursos!

 

 Sandra, Paula, Janete e Víctor vixiaban o concurso de postres terroríficos e tradicionais!

Andrés González gañou o concurso dos tradicionais pero non apareceu a recollelo,

seica estaba botando unha placa ou algo así.

 

 O noso compañeiro David Domínguez apostouno todo decorando o seu cerebro con nata e framboesa,

mais non gañou e non o puido "cerebrar". A ver como remata o curso co cerebro tan danado!

Moitos parabéns David! Es un crack!

 

 Quen si gañaron o premio ao mellor postre terrorífico foron Lidia e Nerea,

ainda que terrorífica foi a foto que sacou o reporteiro gráfico, a ver se enfocamos.

Non hai foto do postre porque o xurado se empregou a fondo. Ollo, non foi Moncho!

Moitos parabéns mozas!

 

 Alba Castro gañou o concurso de calacús cunha "fermosa" cabaza pirata. 

 

 Caixas misteriosas...

Misteriosa si que é a luz que envolve a Marta.

Lévanos cara a luz, Marta... uhhhhhhhhhh

 

 Ata tempo tivemos de entregar os premios á mellor fotografía matemática.

Alicia Bouza recolle o premio de mans de Eva Cortegoso.

No ambiente de misterios que había, non imos desvelar en que consistía o premio...

 

 Talleres de maquillaxe! Isto é un non parar! Vaia actividade!

 

 Nerea pintalle a cara a Miguel, e el déixase!

 

 Véxote algo prexudicado meu! Vaia ao médico e que che devolvan os cartos!

 

 Ana e Mónica puxeron a música, que nunca pode faltar. Vaia coplas se mandaron!

Olga, fóra do campo da nosa cámara, bailaba en transo

e reivindicaba cantos de taberna colectivos no recreo!

Hai que comentarllo á nosa vicedirectora, seguro que se anima.

 

 Entre tanta morte e destrución, unha escena tenra.

A Miguel e a Nicolás había que poñelos ao mando da Aula de convivencia do IES Chapela.

 

 

 E que tal vos vai no insti? Preguntan nais e pais ao alumnado novo de 1º ESO.

- Ben, hai ratos polas escaleiras, arañas xigantes nos corredores, espectros nas aulas,

comen uns doces de aspecto noxento, o alumnado ten unha pinta un pouco sinistra,

están sempre de carallada, outro día mataron un ghichiño no primeiro andar...

pero parecen boa xente. Non está mal.

 

 

 Mentres tanto, fóra tamén se cocía a festa, todo o mundo a darlle a castaña. 

 

 Hai os que comen e os que traballan.

O alumnado de 3º ESO C, representado na foto por Pedro, comandado por Moncho e Xosé Luís,

currou arreo para que todos desfrutásemos. Grazas, grazas, grazas.

Sobre todo a Xosé Luís, que vén todos os anos a sacarnos as castañas do lume. 

 

 CASTAÑAS!!! Berrou Lucía. 

 

 Ñam, ñam... Estas mozas nin sequera se deron a volta para saudar! 

 

 O campionato de futbito continuaba en paralelo á celebración.

Borja mándalle un pase a Dani que acaba convertido en gol.

 

 Miña nai! J. J., Miguel e Hugo, non deixaban entrar cunha soa castaña na pista recén estreada.

Mesmo intimidaron o noso reporteiro gráfico! Estes rapaces impoñen! 

 

 Non, non é un dab, simplemente ocúltanse da cámara.

Non estamos preparadas para presentarnos en público! 

 

 Mirade que sorrisos os de María, Sefi, Marita e Loli!

Ata van ter que ensinarlle ao alumnado a sorrir! 

 

 A festa remataba e tamén a final de futbito. A chuvia fixo acto de presenza e

Abel chutou para equilibrar a balanza pero o resultado xa non se moveu.

 

 O equipo de Sandra non gañou pero foi o único que deu a cara para a reportaxe.

Parabéns por un equipo que integra mozas e mozos.

  

E pouco máis, marchamos que temos que marchar, dixeron Alba e Fátima.