Entroido - 2018

 Era outra alegre e tranquila mañá no IES Chapela.

Nada facía presaxiar que máis dun toleara.

 

 Na conserxería do centro recibíache o mesmísimo demo.

- Vai onde a cafetería, que agora estou atascado nun word para Belcebú!

 

 Miña nai! Sonia e Jose perderon o xuízo, isto parece unha cantina mexicana. Mágoa de tequila!

Case imos ver se polos corredores do instituto hai alguén que nos poida atender.

 

 Estas profes ou son viúvas ou compatibilizan o ensino coa extracción de centolos e outros crustáceos.

 

 Vai ser iso. Mira Marita toda orgullosa, parece que pescou unha rubia serea.

 

 Ala, Popeye fumando no centro! Iso é falta grave e tres días para casa... ou para o barco!

 

 Pero isto que é? Chapela é unha vila mariñeira si, mais transformista tamén.

 

 

Aquí non hai seriedade, profesorado e alumnado enlouqueceron. Vou para fóra a ver se alguén nos fai caso.

 

 Ala, os que faltaban! Logo chega o informe PISA e din que non temos nin idea de nada!

Ei, sinto unha gran perturbación na forza!

 

 - Eu son a túa Xefa de Estudos! Estades todos no lado escuro da forza, meus! Que está pasando?

 

 DJ Gabriel e MC Iván estaban montando unha festa do copón!

 

 Xentes chegadas de todo o mundo e de todos os tempos congregábanse na pista do instituto.

 

 Ainhoa recibe emocionada por WhatsApp a nova de que vai xogar a próxima Superbowl! Moitos parabéns filla!

 

 Alicia no País das marabillas, unha canguro, unha ximnasta de rítmica... e un rapaz de paisano! Ten que haber de todo.

 

 Sandra e Sara chegaron tarde e xa viñeron en pixama. Borja quedouse co peluche: - Mooooola. 

 

 Andrea e Dani, unha parella con SUMO gusto. Brutal disfraz!

 

 Os anxos Carmen e Ángel contrataron un radar, que o está tomando moi en serio, para non levar tan rápido a relación.

 

 - Pedazo corno, profe!

 

 Estas mozas están moi alegres porque este ano rematan. O seu último Entroido no insti. Buaaa!

 

 A macrofesta tivo tanta repercusión que ata na Madroa abriron as portas, as gaiolas, e baixaron algúns animais.

ADIDAS patrocina o Entroido do IES Chapela.

 

 Seguro que Harry Potter Lidia tivo algo que ver na mañá máxica que se vivía.

Ollo as perrucas cosplay de Susi e Aitor, vaia nivel!

 

 Igualdade tamén nos superpoderes. Tres Wonder Woman a rachar!

 

 Unicornios e anxos negros! O yin e o yang! Aquí aceptamos todas e todos as nosas diferenzas!

 

 Deixa o sacho Miguel, e acaba ese cardado na perruquería!

 

 Astronautas, anxos, o radar... non nos atrevemos a dicir de que vai Raúl ou que está facendo.

O Departamento de Bioloxía seguía reunido a última hora do venres para buscar unha explicación.

Ao lado de Raúl, Carlos, o noso dispensador de preservativos XXL, non atopou clientes en todo o centro,

mais sabemos que ao final da festa un dinosaurio estaba moi interesado en contactar con el.  

 

 Ao alumnado de 4º ESO non lle saían as contas ao ver deste xeito ao seu profe de mates.

 

 O das Girl Scouts moi ben, o de Laura de xirafa aínda ten unha relación, o do de Música sen comentarios,

pero o do rapaz do tupé, á esquerda, en actitude piadosa, que mo expliquen. Ten que llo mirar!

 

 A Moncho a rapa das bestas quédalle pequena! Pedazo T-Rex!

 

 Ao ver tanto ambiente Carolina dispuxo axiña:

- Aquí temos que facer un concurso. Ángeles, Karen, Beatriz... xurado. Lume, a desfilar!

 

 Tiffany abriu o concurso co Billie Jean de Michael Jackson. Vaia nivel! Ata o dinosaurio caeu de xeonllos!

 

 Alba Castro comandou a tropa dos canguros.

 

 Chegou a quenda de Noa e Bárbara. O xurado tomaba nota!

 

 O comando Piolín visitou o noso Entroido. Este rapaces dan medo.

 

 Melanie e Lucía dérono todo na pista. Coidado con esa coleta, que vai voar.

 

 O xove jedi Santiago Skywalker non tardou nin un chisco en cargarse o lado escuro de Adrián Vader.

 

 "As só un corno", como se autodenominaron, montárono cunha coreografía.

 

 Os máis novos de 1º ESO sorprendéronos coa coreografía do baile do Papu. Que enerxía! Ides romper!

 

 Os de 1º do ciclo de APSD deixaron claro que eran uns millennials convencidos.

 

 Ollo coa coreografía das "Girl Generation", un mes ensaiando na Aula de Música!

 

 As alumnas de Farmacia obsequiáronnos cun ritmo sabrosón para logo rodear a súa profe, Concha.

 

 A ritmo de High School Musical, "Sorpresa", de 1º Educación Infantil, encheu a pista de alumnado, baile e alegría.

A clase unida xamais será vencida!

 

 "Os viciados" de 2º Infantil criticaron a nosa excesiva dependencia tecnolóxico-dixital.

Temos que facer un grupo de WhatsApp para apoiar a esta xente!

 

 "Superientegradoras" de 2º APSD escaparon do Cunqueiro para achegarse ao festexo.

 

 Parade, ho! Non vaiades tan rápido!

 

 Joel e Brayan comandaron outro baile do Papu que xuntou a 3º e 4º ESO. Que movemento mozos!

 

 E para rematar, aí os tedes, a comparsa mariña do profesorado do IES Chapela que foi despedida ao berro de:

APROBADO XERAL!

 

 Mentres o xurado deliberaba, a bailar. Coma sempre, as de sempre!

 

 Máxima tensión, Gabriel e Iván comezan a dar os nomes das persoas gañadoras.

 

 3º PREMIO Individual, Noa e Bárbara.

- Oe Noa, non me digas que vamos ter que fundir o premio na librería Acuario!

- Pois si Bárbara, fotocopias, colega.

 

 2º PREMIO Individual, DIPO G (Miguel, Jorge e Fernando)

Aínda hai xente tentando atopar a relación entre os tres personaxes presentados.

 

1º PREMIO Individual, Tiffany.

Hai xente que baila para pasalo ben, e outra para vivir. Ese é o caso de Tiffany. Moitos parabéns moza.

  

 

 3º PREMIO Grupos, Girl Generation.

Os moitos días de ensaio de Carolina, Laura, Melanie, Rubén e Carla, pagaron a pena.

 

 2º PREMIO Grupos, Os viciados.

Moita crítica á tecnoloxía pero nada máis coñecer o galardón estaban todas e todos a compartir a nova en facebook, twitter...

 

 1º PREMIO Grupos, Sorpresa.

Non foi sorpresa que gañase este grupo tan alegre e conxuntado,

mais si o foi que non descargasen as nubes que nos ameazaron durante toda a festa.

 

 

Cunhas nubes que non puideron coa nosa enerxía, o noso entusiamo, e as nosas ganas de compartir,

despedimos o Entroido 2018 no IES Chapela.

Aquí queda a foto de familia.

Moitas grazas aos nosos reporteiros gráficos, Belen de secretaría e Aldán,

e a todas e a todos os que participastes, organizastes e axudastes a que todo saíse tan ben.

Coma sempre un pracer contar con xente coma vós!