Contigo - Degustación de froita

   

O pasado luns 26 de febreiro toda a comunidade educativa de Chapela  puidemos desfrutar dunha deliciosa degustación de froita en forma de batidos, macedonia e diversas figuras preparada e organizada polo alumnado de 2º Dietética en colaboración cos alumnos e alumnas de 4º ESO, comandados de novo pola súa profesora de Educación sanitaria, Ana Yáñez. Un magnífico traballo de todos os participantes, inda que as verdadeiras protagonistas foron as laranxas, fresas, plátanos, arandos, granadas, mangos,... Toda una explosión de vitaminas e sabor que fixeron as delicias de alumnado e profesorado. Grazas rapazas e rapaces!