Consello Escolar

O Consello Escolar é o órgano de goberno colexiado a través do cal participan na xestión do centro os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, nais e pais, persoal non docente, ademais dunha representación do Concello de Redondela, e doutra posible das organizacións empresariais do ámbito do instituto. No mes de novembro van ter lugar as eleccións de novos membros e este órgano renovarase parcialmente. Neste espazo da nosa web podes seguir todo a actualidade en relación ao proceso electoral. Sorteo para formar a Xunta Electoral, constitución da mesma, calendario de actuacións, presentación de candidaturas, censos, constitución das mesas electorais, votacións, lexislación que regular o proceso... Para calquera cuestión non dubides en poñerte en contacto coa dirección do centro ben persoalmente, ben a través do noso correo electrónico. E sobre todo, participa. O Consello Escolar é o máis importante órgano de goberno do instituto, un exemplo do que debe ser a xestión democrática e participativa dun centro educativo.

ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN