Sorteo público dos membros da Xunta Electoral

Iniciamos o proceso electoral que vai renovar parcialmente o Consello Escolar do IES de Chapela coas eleccións que se realizarán a última semana de novembro. O próximo xoves 27 de outubro, ás 10:30, procederase ao sorteo público no despacho de dirección do IES Chapela para elixir representantes do profesorado, alumnado, persoal non docente, e nais e pais, de cara a formar a Xunta Electoral encargada da organización e supervisión do procedemento de elección de novas e novos membros do Consello Escolar.