Festa de outono en modular

FESTA DE OUTONO EN MODULAR

No horario nocturno, máis apropiado para celebracións de defuntos, non quedaron atrás!

 

Sonia e Jose sorprenderon a todas e a todos con esta ambientación da cafetería que máis parecía un pub.

 

Isto parece un velatorio!

 

 

No ximnasio preparáronse xogos de todo tipo.

 

 

Moito traballa este alumnado. Esperemos que o profesorado o teña en conta!

 

 

Unha mestura entre bruxa e batwoman!

 

 

Estes xogos de infantís non teñen nada! Que "asquito"!

 

 

Non preguntedes que ese líquido vermello.

 

 

Gran concurso de calacús!

 

 

Cada cal máis orixinal. Este cun toque mexicano.

 

 

 Outros máis tradicionais.

 

 

Aquí todo tipo de preparados e licores.

 

 A maxia das máis pequenas tampouco faltou.

 

Mais as raíñas da festa foron sen dúbida as nosas compañeiras Celsi e Celia. Vaia humor!

É unha sorte contar con vós!

 

E claro, non tardaron moito en contactar con Olga, que tamén estaba por ir de festa.

 

Como o montan en modular! Aquí ninguén pasou fame. Vaia exhibición!

 

Ata os que quixeron, que foron moitos e moitas, desfrutaron da chocolotada.

 

Música, comida, disfraces, concurso de calacús, bo ambiente, risas...

 

E o baile que non falte... Unha celebración de 10!