Convocatorias e modelos de presentación de candidaturas

Hoxe, 3 de novembro, constituíuse a Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar do IES de Chapela e aprobouse o calendario de actuacións que se van levar a cabo nas próximas semanas para renovar o noso Consello Escolar. Desde o día 10 estarán publicados os censos electorais nos taboleiros do centro e as convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos. Facilitamos a continuación, ademais das distintas convocatorias, un modelo para presentar a candidatura aos sectores de alumnado e nais-pais, que logo de cuberto debe ser entregado á direccion do centro. Animamos a toda a comunidad escolar a participación activa nestas eleccións.

Convocatoria ALUMNADO     Modelo Presentación de Candidatura ALUMNADO
Convocatoria NAIS-PAIS-TITORES-AS     Modelo Presentación de Candidatura NAIS-PAIS-TITORES-AS