ALUMNA GALARDOADA NO VII CERTAME DE RELATO CURTO DA FANPA

Clara Durán

 

Entrega de premio

 

A alumna Clara Durán, de 4º ESO B, foi galardoada no VII Certame de Relato Curto da FANPA, ficando finalista do mesmo. Este prestixioso premio, organizado pola Federación da Asociación de Nais e Pais, publica as obras gañadoras nun volume editado por Kalandraka.

A alumna foi recoller a súa mención o pasado mes de maio nun acto que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra, sendo mantedora do acto a escritora Concha Blanco.

Dende o centro queremos darlle os parabéns á gañadora e animala a seguir no camiño da escrita!

 http://blogs.nontedurmas.org/certame/