Estrea da obra "Pon o teu propio título" - Venres, 3 de xuño ás 19:30 - Multiusos do Piñeiral

Estrea da obra “Pon o teu propio título”, de APSD modular en colaboración coa Asociación Xaruma e a ESAD

Como xa informamos en entradas anteriores, ao longo deste curso académico unha boa parte do alumnado e profesorado do ciclo de APSD (horario 2 do réxime modular) estivo a participar nun proxecto de teatro comunitario, en colaboración coa Asociación Xaruma para a integración e promoción social de persoas do eido da saúde mental e coa Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, así como co apoio do Concello de Redondela, que nos cedeu as instalacións do auditorio do multiusos Piñeiral do Crego para os ensaios.
 
Froito do traballo conxunto, xurdiu o grupo de teatro Xanela (Xaruma + Chapela), que agora presenta a obra de creación colectiva "Pon o teu propio título". A estrea terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 19:30 horas no multiusos Piñeiral do Crego (Chapela), e agárdase que nela o público teña o seu propio papel. O acceso será de balde e estará aberto a todas as persoas que desexen asistir ata completar aforo. Agardámosvos!
 
Para irvos abrindo o apetito, tedes aquí o cartel e o vídeo promocional da obra, elaborados polas alumnas Andrea Vázquez e Alicia Rey, respectivamente.

https://youtu.be/Zpyo-474noc (ligazón ao vídeo en Youtube)