Eleccións representantes nais e pais - 29 de novembro

De acordo coa convocatoria do mes en curso, o próximo día 29, martes, en horario de 16'30 a 19'30 horas, celebrarase no IES de Chapela a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do centro.

Toda a información sobre o proceso pode consultarse na circular informativa dispoñible na seguinte ligazón.