Semana de Portas Abertas

Coincidindo co período de admisión de novo alumnado, o IES de Chapela abre ás súas portas na semana do 6 ao 10 de marzo a nais, pais e alumnado que desexen coñecer as instalacións do centro e a nosa oferta educativa.

O horario de atención será de 9:30 a 14 horas e de 17 a 20 horas de luns a venres, sen necesidade de reservar cita previamente. O único requisito será informar en conserxería do interese en realizar a visita e un membro do equipo directivo acompañará aos/ás interesados/as no percorrido polo centro.