Saídas didácticas

IX Semana Matemática de Vigo - 2013

O martes 7 de maio de 2013 o alumnado de 1º ESO visitou a IX Semana Matemática de Vigo (Fundación Barrié) nunha actividade organizada polo Departamento de Matemáticas.

EDLG: Exposición multilingüe / Roteiro polo Monte Penide - 2013

         

Exposición multilingüe

Do 3 ao 10 de maio na biblioteca. Libros en Aragonés, Aranés, Asturiano, Catalán, Euscaro, Galego, Portugués e Castelán.   BLOG EDLG

 

 

 

 

 

Roteiro Prehistórico polo Monte Penide

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 1º ESO do IES de Chapela coñeceu o valor arqueolóxico do noso monte grazas ao Roteiro Prehistórico polo Monte Penide organizado polo EDLG en colaboración co SNL do Concello de Redondela.

Saída Didáctica CS Infantil

Saída do alumnado do CS de Educación Infantil ao Parque dos sentidos en Marín, na Finca Briz, e ao Salón do Libro en Pontevedra.

Viaxe Fin de Curso a Cerceda - 3º ESO - 2012

Visita do alumnado de Educación Infantil ao Salón do libro

Montaxe da Visita que o alumnado do CS Educación Infantil (Modular) do IES de Chapela fixo á 12+1 edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

(27 de Marzo de 2012)

Masterclass Física de Partículas

As alumnas Paula, Elia e Alba, e o noso alumno Enrique, de 2º de Bacharelatoparticiparon o xoves 22 de marzo de 2012 na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada pola Facultade de Física da USC. Na xornada, profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, achegaron o mundo das partículas elementais a estudantes  de 17 centros de Galicia. Asistiron a unha conferencia, analizaron datos reais do LHC e contactaron co CERN nunha videoconferencia na que compartiron os seus resultados con centros de San Paulo (Brasil), Clermont Ferrand (Francia) e Xenebra (Suiza). Nova no Xornal.

   

   

 

 

Saída Río Fondón

 

     

En marzo de 2013 alumnado de 1º ESO realizou unha saída didáctica ao río Fondón en Chapela - tramo virxe e tramo urbanizado -, organizado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES Chapela.

Fotos en PDF.

         
       

David Brown, o noso guía, no río Verdugo. TVE.

Pica na foto para acceder ao programa. 

OAP 4º ESO: Visita a centros FP - 2012

O 26 de xaneiro de 2012, o alumnado de 4º ESO participou nunha actividade de Orientación Académica Profesional, visitando dous CIFPs e un IES con FP de Vigo. Foron acompañados pola profesora de Tecnoloxía e pola Orientadora.

Granxa Escola Kiriko - Escola Infantil de Ponte Caldelas

  As  saídas  

 1. Granxa Escola "El Kiriko"             2. Escola Infantil de Ponte Caldelas

Visita á Facultade de Química da UVIGO - 1º Bacharelato

Distribuir contido