Xornadas, obradoiros

Quimions Coruña, o reto

O alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil do IES Chapela colabora coa iniciativa Quimions Coruña, o reto promovida por Patricia Campos facendo máis de corenta fundas para cubrir a medicación dos pacientes infantís de oncoloxía para o Hospital Materno Infantil de A Coruña.

O 4 de decembro a profesora Elena Fouz fixo entrega na cidade de A Coruña das fundas realizadas polo noso alumnado. As profesoras implicadas nesta iniciativa foron Begoña Martínez, María Avendaño, Elena Fouz, Eva Ferreira e Olga Rey.

 

Fotos        

Obradoiros formativos en "Doazón e Transplantes"

O alumnado dos Ciclos Formativos de APSD (diúrno e modular), Integración Social, Dietética, Farmacia e Documentación Sanitaria están a realizar obradoiros formativos en "Doazón e Transplantes" a cargo dun profesional da Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) do SERGAS e unha persoa transplantada que conta a súa experiencia.
 
Os obradoiros tiveron lugar os días 22 e 26 de outubro e continúan o día 5 de novembro.

Miradas diversas desde a infancia

Do 12 ao 14 de Xaneiro, estanse a celebrar as xornadas "Miradas Diversas desde a Infancia", dirixidas ao alumnado do Ciclos de diúrno e modular de Atencion a Persoas en Situación de Dependencia e Educación Infantil, nas que se tratan as características e necesidades das crianzas con diversidade funcional. Programa das Xornadas

 

  

Feira matemática Imatxina 2014

O alumnado de 1º ESO visitou a feira matemática Imatxina na Fundación Barrié (Vigo) levando os módulos nivel 2 da esponxa de Menger construídos entre todo o alumnado do centro. O IES de Chapela contribúe así, xunto cos outros centros da comarca de Vigo, á construción do nivel 4 da esponxa de Menger promovida pola Semana Matemática de Vigo.

Labs Telefónica - 2013


No curso 2012-13 o IES Chapela formou parte do proxecto Labs Telefónica centrado nas competencias dixitais, habilidades emprendedoras e no fomento do pensamento creativo. O obxectivo do mesmo foi proporcionar unha experiencia de vida laboral máis alá das aulas. Nesta experiencia tivemos a oportunidade de interactuar con asesores de Telefónica que nos deron algúns consellos útiles sobre como desenvolver as habilidades necesarias para chegar a ser o que queiras. O programa dividiuse en dous módulos: un día  de traballo previo no centro educativo e un día nunha sede de Telefónica.
   

Traballo no IES

Proxecto seleccionado

 
 

Traballo na sé Telefónica

 

Palabras de Adolfo Bendoiro

Ciudad Juárez

    A colaboración no traballo dos temas transversais de persoas e institucións do entorno levounos a contactar con Xavier Babarro, ex alumno do CEIP Angorén, que viviu en Ciudad Juárez entre 2012 e 2013 desempeñando un traballo de executivo nunha maquila destinada á automoción. O alumnado de 4º PDC realizoulle unha entrevista o 23 de decembro de 2013. Presentamos aquí parte do noso traballo.

Ciudad Juárez, entre balazos e decapitacións, conta con máis de 100000 persoas asasinadas na última década. Ningún candidato ou candidata á presidencia do país presenta nos seus programas solucións para este problema. A sociedade en xeral e as mulleres en particular son vítimas dunha violencia cruel por parte de narcos, militares, federais... Documental: Ciudad Juárez: mulleres asasinadas.

O Monte é a nosa vida

Cada unha destas colaxes, que están acompañadas dunha explicación dos seus autores e autoras, intenta plasmar as tres vertentes de riqueza forestal, desde o punto de vista económico, social e ambiental. Os traballos realizados polo alumnado de 3º PDC no curso 2012-13 foron desenvolvidos de xeito multidisciplinar en horas do ámbito socio lingüístico e de titoría.

Pica para velas todas

XVI Xornadas de Educación Infantil

Alumnas do CS Educación Infantil (Modular) participaron esta fin de semana nas “XVI XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL”. Nestas xornadas, organizadas pola Asociación Sociopedagóxica Galega e CIG Ensino, celebradas no IES Fontiñas de Santiago de Compostela, as alumnas presentaron un proxecto levado  a cabo por elas mesmas durante este curso: Estoxo Viaxeiro: coñecendo Galicia. Unha experiencia de elaboración de materiais por parte do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela para o seu uso en ámbitos formais e non formais.

As alumnas que participaron nesta poñencia foron María Piñeiro Dieguez, Aurea Mª Chapela Riobó e Brenda Santoro González, acompañadas polo seu profesor de Didáctica, Borja Álvarez. Ademais, estiveron arroupadas por un grupo de compañeiras, que se desprazaron ata Santiago para acompañalas nesta bonita experiencia.  Aquí tendes algunha foto da súa intervención.

Leolo mergúllase en Galicia

       

Tres sesións de lecer educativo organizadas polo alumnado da quenda modular do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Chapela. Estas actividades forman parte dun proxecto ideado e deseñado de principio a fin polo propio alumnado, consistente na elaboración de materiais didácticos para o seu uso con nenas e nenos de 3 a 8 anos: “Estoxo viaxeiro: Galicia”. “LEOLO MERGÚLASE EN GALICIA” supón a súa estrea mundial, ó tratarse da primeira vez na que se vai facer uso deste material, completado ademais con actividades de animación infantil, obradoiros e contacontos todos eles vinculados coa temática da cultura e tradición galega. As actividades terán lugar os días: 26 de Abril   -   3 de Maio   -   8 de Maio, e desenvolveranse na Axencia Municipal de Lectura Chapela (Edif. Multiusos Piñeiral do Crego), en horario de 18:30 a 20:00 horas.

Sesión nº 1                Sesión nº 2                  Sesión nº 3

Actividades Servizos Socioculturais e á Comunidade e Infantil

    Resumo da intensa semana de actividades levada a acabo por alumnado e profesorado do IES de Chapela da quenda modular.  Vinteún actividades entre o 18 e o 21 de Marzo de 2013, nas que se mobilizou a máis de 150 alumnas e alumnos, e 10 profesoras e profesores. Organizada desde o Dpto. de Servizos Socioculturais e á Comunidade co inestimable apoio do Dpto. de Sanitaria. Unha experiencia que sen dúbida pagou a pena!

 

Distribuir contido