Avisos

Campaña de doazón de sangue o mércores 29 de novembro

O mércores 29 de novembro haberá unha unidade móbil de doazón de sangue diante do instituto de 10:00 a 14:30 horas. Se es maior de idade, pesas máis de 50 kg e reúnes os requisitos para doar, cun pequeno xesto de 10 minutos podes contribuír a salvar a vida doutras persoas. Convidamos a participar na campaña ao profesorado, ao persoal non docente e ao alumnado maior de idade que o desexen.

PRAZAS LIBERADAS NO CICLO MEDIO DE ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA NA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL E A DISTANCIA DUAL

Ábrese un período extraordinario de admisión en prazas liberadas do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia na modalidade semipresencial e a distancia dual no IES de Chapela. As persoas interesadas que reúnan os requisitos de acceso deben presentar a súa solicitude e a documentación correspondente na secretaría do centro de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas (de forma presencial). O prazo de admisión remata o próximo 15 de decembro (incluído).

Adiamento dos exames de distancia do 28 de novembro

Ante a convocatoria dunha folga de profesorado para o vindeiro martes 28 de novembrotodos os exames dos ciclos da modalidade semipresencial e a distancia (CS Dietética, CS Educación Infantil e CS Integración Social) programados para ese día trasládanse ao martes 5 de decembro á mesma hora á que estaban previstos.

Esta medida adóptase para garantir o dereito á folga do profesorado (un dereito fundamental que se pode exercer tomando a decisión de facer folga no último momento e sen comunicar previamente a ausencia ao posto de traballo) e para evitar que o alumnado poida quedar desatendido ao acudir ao centro a realizar exames que finalmente habería que suspender en caso de ausencia do profesorado responsable do módulo ou do profesorado de apoio na realización das probas.

Lamentamos os prexuízos que poida ocasionar este cambio ao alumnado, pero se trata dunha circunstancia sobrevida de forza maior.

 

Ligazón para a presentación dos ciclos a distancia

Para acceder á presentación dos ciclos a distancia, que terá lugar este martes 12 de setembro ás 19:00 horas de forma telemática, preme na seguinte ligazón:

Ligazón presentación distancia

Corrixido o 08/09/23 tras detectar un erro na data (a presentación será o 12, non o 11).

Presentación e inicio de clases curso 2023-24

Horarios ciclos modular curso 2023-24

Pincha aquí para consultar os horarios dos ciclos de modular (réxime de persoas adultas) na modalidade presencial o vindeiro curso 2023-24.

Oferta de módulos no réxime de persoas adultas na modalidade presencial (bloques horarios)

Podedes consultar aquí a oferta de módulos no réxime de persoas adultas na modalidade presencial para o vindeiro curso 2023-24, agrupados nos seus correspondentes bloques horarios (Horario 1 ou Horario 2). Os horarios de docencia de cada módulo colgaranse proximamente.

Exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato

CALENDARIO DE PENDENTES 23-24

CALENDARIO DE EXAMES E PROBAS PENDENTES 23 -24.

OS EXAMES TERÁN LUGAR ÁS 16:00 A NON SER QUE SE ESPECIFIQUE O CONTRARIO. EXAMES DE FRANCÉS: 17:00

Calendario de exames finais / probas de avaliacion extraodinaria para o alumnado con PD en ciclos

Os exames finais e as probas de avaliación extraordinaria para o alumnado que perdese o dereito á avaliación continua nos ciclos formativos celebraranse na semana do 12 ao 16 de xuño. Podedes consultar o calendario aquí

Distribuir contido