Skip to Content

Complementarias, Extraescolares

Obradoiro de ecopercusión con Didier Díaz para os grupos de 2ºESO

Mañá, xoves 12 de novembro, ofreceranse uns obradoiros de ecopercusión dirixidos polo percusionista Didier Díaz e organizado por Elena Villar, xefa do departamento de música.

Para visualizar a información sobre os obxectivos e contidos do obradoiro, prema aquí.

SAMAÍN 2020


Ponte no meu lugar. Aspies en acción no IES de Cotobade con 1ESO

 

“Aspies en Acción” formado por Xan, Guille, Pablo, Samuel e Kuro, catro mozos e unha moza con Síndrome de Asperger, viñeron desde Compostela para presentar ao noso alumnado de 1ºESO a exposición “Ponte no meu lugar”.  De xeito sinxelo e cercano, facendo partícipe a todo o alumnado presente, os cinco mozos deron a coñecer as diversas dificultades que este trastorno conleva no seu día a día e afondar nas súas características e necesidades. 

 

20N. Día Mundial da Infancia.

No día de hoxe alumnado de 2ºE.S.O reflectiu nun mural os Dereitos dos nenos e nenas, para difundilos e recordalos no día Internacional dos Dereitos da Infancia. A actividade foi dirixida por MªLuisa Cousillas, profesora de Valores Éticos de 2ºE.S.O e coordinadora de actividades complementarias e extraescolares.

Ao longo da semana realizaron actividades para coñecer os dereitos das nenos/*as, reflexionaron sobre as actitudes que se viven a diario na escola, na casa e contorna social. Debateron sobre cada dereito e o deber que conleva, aprendendo a velar polo seu cumprimento.

Vídeo "Vivir" Baixo o mesmo paraugas

Xuntanza inclusiva. Baixo o mesmo paraugas.

Con motivo da Celebración do día Internacional das Persoas con Discapacidade , alumnado de 1ESO está participando na gravación dun vídeo clip inclusivo en colaboración coa Fundación - Asociación Juan XXIII de Pontevedra.

O vindeiro venres 30 de Novembro ás 13.30, recibiremos a Ana, David, Fátima, Iñaki, Juan, Martín, Noemí, Miguel, Nacho, Nicole, Sergio e Miguel, os nosos compañeiros da Fundación para realizar gravacións e tomas conxuntas cos nosos alumnos e perfilar o vídeo definitivo.

Ese encontro concluirase cun xantar inclusivo nas instalacións do noso Centro que finalizará ás 15.30.

Se chove, que chova pero baixo o mesmo paraugas!

Programa dos obradoiros de Nadal

Este xoves terán lugar 12 obradoiros simultáneos dirixidos polo profesorado do Centro nos que participará todo o alumnado.

Os 81 estudantes apuntados previamnente en tres talleres da súa elección, irán rotando para gozar e aprender das diversas actividades

ofertadas.

 

Vídeo en contra a Violencia de Xénero


24N. Acto en contra da Violencia de Xénero. Reflexión gráfica.

 

Alumnado e profesorado do IES de Cotobade xúntase para denunciar e loitar contra a violencia de xénero. Por medio da fotografía ou da escritura denuncian e reflexionan sobre a violencia machista. 81 mans solidarias pegaron as súas mensaxes de denuncia, ánimo e apoio ás vítimas da violencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut