Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Orientación, Música, Tecnoloxía, Educación Plástica e Visual, Lingua e literatura galega, Lingua e literatura castelá, Inglés, Francés, Ciencias Sociais - Xeografía e Historia, Ciencias Naturais

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2022

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2022 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Información para o alumnado de 6º de Educación Primaria

Os días 20 e 23 de maio o alumnado dos centros adscritos recibiron información da orientadora do instituto de Cotobade sobre a nova etapa educativa que comezarán no mes de setembro. 

Esta actividade forma parte do Programa de Tránsito entre as dúas etapas educativas.

ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS

O alumnado de 1º E.S.O participou o venres 20 de maio nunha charla impartida por Maite Rosales. orientadora da Fundación do Secretariado Xitano.

A  INTERCULTURALIDAD implica recoñecemento e comprensión #ante a existencia doutras culturas, ademais de respecto, comunicación e interacción. Non se permite que as ideas e accións dunha persoa ou grupo cultural estea por encima doutro, favorecendo en todo momento o diálogo e a convivencia enriquecida entre culturas. Unha sociedade será intercultural cando os seus membros interactúen (relaciónense), e enriquézanse con esa interacción.

Esta actividade está incluída nos Contratos Programa CP Inclúe.

Entrega de diplomas polo alcalde de Cerdedo-Cotobade ao alumnado participante na formación para mediadores e cibermentores

Para acceder á nota de prensa, prema aquí


Instrucións para a realización da proba de acceso 2022

O día 25 de amio celébrase as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2022.

Publicación das sedes de celebración das probas de acceso a gro medio 2022

http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Publicación das sedes de celebración das probas de acceso a grao medio 2022.

 

12 DE MAIO #TelanzoUnbeso#Diadelniñohospitalizado

O lanzamento de bicos para os Nenos Hospitalizados naceu da iniciativa da Fundación Atresmedia para implicar a diferentes entidades e fundacións que colaboran cos nenos hospitalizados de toda España. Desta maneira, a Fundación ATRESMEDIA, a Fundación Aladina, a Fundación Abracadabra, a Asociación Española Contra o Cancro, a Fundación Theodora, a Fundación Pequeno Desexo, a Federación Española de Pais de Nenos con Cancro, a Fundación Miúdos Corazóns, ASION, a Fundación Blas Mendez Ponce, a Fundación Curarche, a Fundación Ronald McDonald, a Fundación Make a Wish, a Fundación Juegaterapia, Pallapupas, Somos NUPA, a Fundación Leucemia e Linfoma, Cruz Vermella, a Fundación Terra de homes e *Érase unha Vez sumamos esforzos e ilusións para institucionalizar o 13 de Maio como Día do Neno Hospitalizado e realizar así unha pequena homenaxe aos máis pequenos do hospital.

Desde o I.E.S de Cotobade  sumámonos a esta bonita e solidaria iniciativa.

  

2 de maio. Día contra o acoso escolar. Actividade CPInclúe.

Hoxe, día 2 de maio, a comunidade educativa do I.E.S. de Cotobade conmemora o día en contra do acoso escolar, protagonizando un NON fronte acoso! 

Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos recordaron no día de hoxe a importancia da prevención, detección e tratamento do acoso escolar e defensa das vítimas. Unidos na procura dunha contorna escolar segura,  participaron no seguinte photocall : "Non ao acoso escolar" para denuncialo e visibilizalo.

Distribuir contido


by Dr. Radut