Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Orientación, Música, Tecnoloxía, Educación Plástica e Visual, Lingua e literatura galega, Lingua e literatura castelá, Inglés, Francés, Ciencias Sociais - Xeografía e Historia, Ciencias Naturais

Parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2022/2023

Resolución  do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/2023.

 

EXPOSICIÓN "LECCIÓN XITANA"

 

No I.E.S de Cotobade apostamos pola diversidade e a integración. Durante uns días podemos ver a exposición "Lección Xitana" cedida pola Fundación Secretariado Gitano . Esta exposición  pretende  contribuír ao coñecemento do pobo xitano.

"Lección Xitana" é ese capítulo perdido dos libros de historia: a cultura silenciada, os nomes propios invisibilizados, as novas que non se publicaron e as anécdotas que nunca nos contaron. Con "Lección Xitana" queremos chamar a atención sobre o gran descoñecemento que a meirande parte da sociedade ten sobre a comunidade xitana. É un convite a romper a ignorancia, o prexuízo, o rexeitamento ou a indiferencia. É unha chamada a coñecer o rico patrimonio histórico e cultural do Pobo Xitano .

"Lección Xitana" presenta unha historia de persecución e dor, pero tamén a resistencia, superación e dignidade, así coma a contribución xitana ao patrimonio social e cultural común.

Esta actividade intégrase nos Contratos Programa Inclúe.

Listaxes provisionais de admisión

Antes do 25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, ordeadas segundo a orde de puntuación obtida e onde consten as puntuaciones asignadas por cada criterio.

BENESTAR EMOCIONAL

O alumnado de 3º ESO participou nun Programa de Benestar Emocional.

O benestar emocional é un concepto amplo, que ten que ver non só coa experiencia subxectiva de sentirse ben,en harmonía e con tranquilidade, senón tamén coa experiencia persoal de satisfacción por ser quen de afrontar dificultades e superar de forma positiva ou adaptativa as contrariedades que se presentan na vida cotiá.

PLAN DIRECTOR 2022

O día 22 de abril, recibimos a visita dun representante da garda civil do concello de Cerdedo-

Cotobade que desenvolveu 2 obradoiros para o noso alumnado.

" Riscos de internet " foi a temática elixida  para o alumnado de 2º ESO e "Drogas e alcol" a

8 de abril. Día internacional do pobo xitano

O día 8 de abril celébrase o día internacional do pobo xitano. O IES de Cotobade creou un espazo na nosa biblioteca cos estoxos xitanos  nos que podemos atopar libros, cds, xogos, obxectos cotiáns, actividades manuais, receitas, fichas informativas... todo representativo da cultura xitana cedidos pola biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo. Esta actividade está enmarcada dentro dos Contratos-Programa Inclúe en colaboración co Secretariado Xitano.

SCAPE ROOM "O LEGADO DE VERNE"

O alumnado de 3º ESO gañador do Scape rom Rede Rema 360º participou no noso centro no scape room portátil " O legado de Verne",  en colaboración co centro de ocio Eskapark de Vigo. Esta actividade, xunto cun diploma acreditativo e unha placa conmemorativa, forma parte do premio que recibiron como gañadores  do campionato. Parabéns!!!

A carreira militar

O día 30 de marzo, o  alumnado de 4º de Educación secundaria obrigatoria  tivo a oportunidade de coñecer en que consiste a carreira militar. A charla ofrecida polo capitán de fragata Don César Barros Fraga e o subteniente Don Raúl González Juanas aportou información das distintas escalas dos diferentes corpos, facendo fincapié nos distintos accesos así como os niveis educativos asociados a cada ingreso.

Por que o reintegracionismo é útil para ti? Carlos Valcárcel Riveiro. Universidade de Vigo

Carlos Valcárcel Riveiro, profesor universitario da lingua francesa e da didáctica de segundas linguas, visitou o alumnado de 3 e 4 ESO o martes 29 de marzo. A través dunha charla sobre o reintegracionismo, achegoulle á rapazada unha visión diferente e necesaria sobre a situación do galego. Grazas por visitarnos un ano máis, Carlos!


VÍDEOS BECAS MECD

No enlace https://www.becaseducacion.gob.es/dudas/videos.htmlVídeos

podedes visionar os seguintes vídeos:

Distribuir contido


by Dr. Radut