Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Orientación, Música, Tecnoloxía, Educación Plástica e Visual, Lingua e literatura galega, Lingua e literatura castelá, Inglés, Francés, Ciencias Sociais - Xeografía e Historia, Ciencias Naturais

11F. Día internacional da muller e da nena na ciencia.

Rosalind Franklin, Hedy Lamarr, Mary Anning, Agnes Pockels, Ángeles Ruíz Robles, Lynn Margulis, son algunhas das moitas científicas que estiveron presentes ese día no noso instituto. Gran parte do profesorado caracterizouse destas investigadoras esquecidas, para reivindicar as achegas que estas mulleres fixeron nos seus diversos campos. Entraron nas aulas e cada profesora relatou a súa biografía, o contexto social, as dificultades que atoparon para levar a cabo o seu traballo, e sobre todo, como foron silenciadas ao longo da historia, levando os méritos os seus compañeiros masculinos.

A actividade foi tremendamente didáctica polas aportacións, preguntas e interese que mostrou o alumnado.

Desde o centro seguiremos reivindicando este día para que a historia destas pioneiras sexa coñecida.

“Polas que foron, polas que son, pero sobre todo... polas que van ser!”

TEST e CUESTIONARIOS de ORIENTACIÓN VOCACIONAL e PROFESIONAL

CUESTIONARIOS DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL

http://www.edu.xunta.es/fp/descubre-a-tua-vocacion

Cuestionarios de intereses profesionais e escala de aptitudes deseñada en especial para o alumnado de 4º da ESO no portal de Formación Profesional da Consellería de Educación (están en formato de folla de cálculo).

https://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/ Educaweb é un portal que dispón da ferramenta GR, o "Gran Recorrido" para descubrir a profesión que che interesa.

Formación sobre mediación entre iguais e cibermentoría

Tras a volta das vacacións do Nadal, todos os grupos da ESO recibiron dúas sesións de formación sobre mediación entre iguais e cibermentoría

A mediación é a forma de resolver conflitos entre dous ou máis persoas coa axuda dunha terceira persoa imparcial, o mediador que regula o proceso de comunicación cara a unha posible solución que satisfaga as necesidades das partes en conflito. É a intervención non forzada nun conflito de terceiras persoas neutrais para axudar ás partes implicadas a que o transformen por si mesmas.

Obradoiros de Nadal e entrega de trofeos e medallas aos finalistas do campionato de Bádminton 2021

Como cada curso, o noso Centro despide o ano 2021 cuns obradoiros de Nadal dirixidos polo profesorado e alumnado do Centro.

Ofrecéronse 15 talleres diferentes onde alumnado e profesorado compartiu as súas habilidades, amosando o seu enxeño e creatividade máis alá das aulas: 

  • Iniciación ao manexo de drons
  • Papiroflexia
  • Creación de pulseiras
  • Adornos de Nadal
  • Decoración de cantos rodados
  • Lectura Dramatizada
  • Creación en 3D
  • Torneo de pimpón 
  • Confección de bruxas con elementos naturais
  • Corpos Xeométricos
  • Scrabble
  • Xogo de palabras
  • Xogo: 1,2,3
  • Xogos populares
  • Microscopia

Por outra banda, o departamento de Educación Física fixo a entrega de medallas e trofeos aos finalistas e campións dos torneos de Bádminton realizados ao longo do trimestre, actividade enmarcada dentro do Proxecto Xogade da Xunta de Galicia. 

Alumnado do 3º curso de ESO do IES de Cotobade gañador de REMA 360º!!

O pasado 17 de decembro, o alumnado do terceiro curso de ESO, acompañado por Víctor José Álvarez Piñeiro, Xefe de estudos do noso centro, asistiu ao acto de entrega de premios do scaperoom#Redrema#PasaporteRema celebrado no centro comunitario de Caión (A Laracha).

A conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo, fixo entrega dos diplomas aos centros finalistas, rematando coa entrega do primeiro premio ao noso centro,  gañador do concurso.
Incidiu na importancia dos 27 espazos museísticos da rede REMA, Galicia como promotora do patrimonio mariñeiro e a difusión da oferta museística local. Ao amparo desta iniciativa, organizáronse actividades como REMA 360º, que consistiu en desenvolver unha unidade didáctica para os centros educativos localizados nos territorios dos GALP sobre cultura mariñeira atlántica en formato escape room virtual facendo un percorrido pola Rede REMA.

Agradecemos o labor da profesora de Xeografía e Historia , Rita Rodríguez Pereira pola súa iniciativa, posta en marcha e desenvolvemento do proxecto no pasado curso escolar 2020/2021, impulsando a participación do alumnado do segundo curso de ESO, para culminar hoxe no éxito recoñecido.
Desde o centro, cómpre salientar a boa disposición das familias durante o concurso e acto de entrega de premios.

Parabéns a todo o alumnado participante e gañador!!! Campións!

Campaña “Pódeche Pasar” de AESLEME.

Os noso alumnado de 4º de Secundaria participaron  o día 20 de decembro na Campaña “Pódeche Pasar” de AESLEME.

AESLEME leva desde 1990 realizando a campaña de prevención de accidentes Pódeche Pasar, que se dirixe a alumnos de colexios e institutos. A  conferencia que se realizou en liña estruturouse en varias partes:

Prevención primaria: Causas que producen os accidentes e formas de evitalas (Educación viaria).

Prevención secundaria: Que facer cando se produce un accidente para non agravar as lesións existentes.

Prevención terciaria: Consecuencias dos accidentes: lesións medulares e traumatismos cranioencefálicos: problemas físicos, psicolóxicos e sociais.

Agradecemos esta iniciativa e a colaboración de Mario Rey Veiga profesor de tecnoloxía e informática.

Ponencias do Plan Director

 

O alumnado de 1º e 3º curso de ESO participou no día de hoxe, 20 de decembro, nunhas  charlas informativas e formativas tratando a seguintes temáticas por nivel e grupo:

  • A violencia de xénero para o alumnado de 1º ESO
  • O acoso escolar para o alumnado de 3º ESO.

O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna é impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación.

Estas charlas foron impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Agradecemos a implicación e colaboración do profesorado que participou nesta actividade e destacamos a implicación positiva do alumnado destes cursos.

No mes de marzo, os cursos de 2º e 4º de ESO recibirán formacións dentro deste Plan que abordará distintas  temáticas.

Entrega de premios aos gañadores do certame de relatos de Terror 2021

Parabéns a toda a comunidade participante, alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. O maior agradecemento pola súa dedicación e implicación na defensa da nosa lingua, cultura e tradicións.

Organización e iniciativa do departamento de lingua e literatura galega: Paula Ríos Estévez e Iria MªLeis Figueroa.

Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte rupestre de Campo Lameiro

O pasado martes 14 de decembro, 30 alumnos do 2º curso de ESO acompañados polo profesorado do departamento de xeografía e historia, Iria Mª Leis Figueroa e José Antonio Villaverde Quintillán, gozaron dunha visita guiada ao parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro onde desenvolveron os seguintes obradoiros por quendas, en horario lectivo desde as 9.30 ata as 14.30:

  • Visita guiada á área arqueolóxica
  • Obradoiro “Cerámica coas mans”
  • Obradoiro “A caza na Prehistoria”
  • Arqueólogos por un día” e exhibición de lume

O visita e experiencia foi todo éxito e agradecemos a amabalidade e flexibilidade das guías e da organización.

Experiencia que repetiremos, sen dúbida!
Parabéns ao departamento de xeografía e historia pola iniciativa e dedicación.

Distribuir contido


by Dr. Radut