Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Matemáticas, Orientación, Música, Tecnoloxía, Educación Plástica e Visual, Lingua e literatura galega, Lingua e literatura castelá, Inglés, Francés, Ciencias Sociais - Xeografía e Historia, Ciencias Naturais

Bolsas e axudas a alumnado de niveis postobrigatorios: FP-Bacharelato

            

Prazo de presentación de solicitudes:

PRÓXIMA APERTURA desde o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022.

Toda a información sobre esta convocatoria podédela atopar na seguinte ligazón:

Portal de BECAS de EDUCACIÓN  https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/

A convocatoria publicouse o 12 de marzo, mais as solicitudes  presentaranse en liña desde o 30 de marzo ata o 12 de maio. Tramítanse online.

Teatro: A señora de Forcadela, O Quinquilláns. Deputación de Pontevedra: O pasado por vir.

O alumnado do 4º curso de ESO do IES de Cotobade asistiu esta mañá a unha das actividades sobre a memoria histórica que a Deputación de Pontevedra, grazas ao seu programa de Memoria Histórica ‘O Pasado Por Vir’, está a levar pola provincia da man de concellos, asociacións e centros de ensino.


A representación “A señora de Forcadela” permitiu achegarnos dunha maneira diferente ás vivencias da represión e a ditadura.
‘A señora de Forcadela’ é unha historia baseada na biografía da mestra Josefa García Segret, extensiva á doutras mulleres represaliadas na Galiza a partir de xullo do 36: foi detida o 15 de agosto e na prisión de Tui salvou a vida grazas á axuda dun médico forense e dun doutor que aseguraron que estaba embarazada. Foi xulgada en Vigo por rebelión e condenada a pena de morte que se lle conmutou por cadea perpetua, e despois a 6 anos e un día.

En 1982, Josefa García Segret publicou un libro autobiográfico titulado ‘Abaixo as ditaduras’, editado por ela mesma, grazas ao que a día de hoxe se coñecen as súas vivencias. No libro explícase a vida dunha reclusa dunha maneira moi directa. Aínda que terminou a obra en 1976, a súa publicación —“polas circunstancias do momento”— tivo que agardar a 1982, catro anos antes da súa morte.

A peza teatral foi representada pola compañía teatral ‘O Quinquilláns’, contando no elenco con Tero Rodríguez e Lucho Penabade.
O noso agradecemento ao departamento de lingua e literatura galega polo impulso e organización!

Fotografía: Beatriz Pérez Espiña

  

 

 

 

 

 

 

 

 

Proceso de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

Prazo: do 1 de marzo ao 21 de marzo

Aplicación de xestión das solicitudes de admisión

 https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2022.Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

Comezo do período de inscrición da convocatoria 2022.Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Aberto o período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, do 3 ao 16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

Nube de sentimentos. Emociona-T. CPInclúe.

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do I.E.S. de Cotobade participou na iniciativa do departamento de Lingua e Literatura galega para dedicarlle catro versos a aquela persoa, lugar, animal ou cousa que lle rouba os sentidos.

A profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña, encargouse de darlle forma a tanto corazón recreando esta nube dos sentimentos. 

Parabéns polo resultado final a todas e todos os participantes e pola creatividade e implicación de Bea. 



Actividade enmarcada e financiada pola actuación Emociona-T de CPInclúe.

23 de febreiro. Día de Rosalía

No I.E.S. de Cotobade quixemos renderlle a nosa singular homenaxe a Rosalía de Castro no seu día. O 23 de febreiro un grupo de alumnas e profes foron de ruada no recreo coas súas pandeiretas para disfrutarmos deste día de festa. Ademais, o alumnado recibiu un bolígrafo máxico que só escribe en galego, agárdase que non sexa necesario acudir á nosa conciencia polo seu mal funcionamento!

Texto e organización: Equipo de Dinamización da lingua galega.

Para ver o vídeo do acto, prema aquí

Montse Fajardo no IES de Cotobade

O pasado 9 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza da investigadora e escritora Montse Fajardo.  O noso alumnado de 4º ESO puido escoitar e participar da charla “A represión contra as mulleres tras o  golpe de estado de 1936” un relato pola MEMORIA, na que se recuperaron e dignificaron voces como a de Urania Mella, Elvira Lobeiro, María Gómez, Encarnación Rodríguez, Manuela Abuín ou Ernestina Otero entre outras moitas vítimas. O coloquio encadrábase dentro da materia de Lingua e Literatura galega co fin de ofrecer unha visión máis ampla do que foi o proceso de esfarelamento dos logros lingüísticos e literarios acadados no primeiro terzo do século XX.

Agradecemos inmenso a Monste o seu traballo, profundamente pedagóxico e didáctico e sobre todo, necesario.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO- CONVOCATORIA 2022-

Introdución

PROGRAMA DE TOMA DE DECISIÓNS

 

Iniciamos un Programa de Toma de Decisións para o alumnado de 4º de ESO. Este programa ten por obxectivo reflexionar sobre o seu futuro académico-profesional e responder á pregunta de que van facer cando acaben a ESO. Ademais de analizar os seus intereses profesionais  facilitarase información sobre os estudos postobligatorios de bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional.

Distribuir contido


by Dr. Radut