Skip to Content

Intercambio

Viaxe a Francia - Intercambio co Lycée René Descartes de Rennes

Toca viaxar a Francia e coñecer as familias dos nosos correspondentes bretróns do Lycée René Descartes de Rennes, grazas ao Programa EduExchanges.
Terminado o 1º trimestre collimos rumbo en autobús -coa compañía que nos guía tan ben O Rápido- a Rennes.
Viaxamos 35 alumnos de 1º de bach para reunirnos cos nosos amigos de 2º de Bachibac do 28 de novembro ao 10 de decembro de 2022.

Día 1 - Acollida en Rennes (29/11/22)

Logo dunha longa noite de viaxe en autobús, pisamos terras galas. Fixemos unha primeira escala en Nantes antes de chegar ao noso destino final Rennes para ser acollidos nas familias. Aí visitamos o castelo dos Duques de Bretaña para adentrarse na historia local de Nantes, dende Ana de Bretaña pasando polo periodo colonial de Francia.

Día 2 - Acollida no lycée René Descartes de Rennes e visita ao Dolmen da Rocha das fadas (30/11/22)

Fomos invitados a tomar o pequeno almorzo no comedor escolar onde nos acolleu o Proviseur Mr. Piron. Intercambiamos palabras de benvida e de agradecemento por apostar polas relacións internacionais tan importantes para a dimensión europea da formación do alumnado. Asistimos a clases e o recreo. Despois da pausa, fomos coñecer o Dolmen da Roche aux Fées para saber das construcións megalíticas destas terras. Retormamos para xantar, uns no comedor escolar e, outros en Rennes. A tarde pasámola polas rúas de Rennes en compañía dos nosos correspondentes nun ambiente xa moi de nadal.

Día 3 - Visita ao Mont Saint Michel,  monumento clasificado pola Unesco. (01/12/22)

Fomos pasar o día nun dos lugares máis turísticos de Francia, o monte Saint Michel, auténtica fortaleza medieval construida sobre unha rocha de granito no medio do mar. Visitamos o interior do conxunto abacial: a igrexa, o claustro -La Merveille-, o refectorio, a sala dos anfitrións, o antigo osario cripta dos grandes pilares, entre outros recintos. Percorremos as rúas, terrazas e murallas. Observamos as impresionantes vistas da bahía acompañados dun sol radiante aínda que ía fresco.

Día 4 - Visita guiada polo casco antigo de Rennes. (02/12/22)

Repartímonos en 2 grupos e seguimos as explicacións dos nosos guías nunha mañá xélida. Primeira parada, nas Portas Mordelaises, restos da muralla primitiva de Rennes chamada Contade e a torre Duchesne do s. XV.. Seguimos o percorrido polas rúas  e casas medievais de entramados de madeira, tan características da capital bretona, coas coloridas fachadas e os seus voladizos. A máis antiga data de 1505 e está na Rue du Chapitre.
Finalizamos a ruta diante do Parlamento de Bretaña, sede actual do Tribunal Superior de Xustiza, cos teitos artesonado, conxunto concebido por Charles Errard, pintor de Luis XIV e artífice da decoración do primeiro Versailles marcou a chegada do «arte monárquico» no s. XVII. A súa construción durou un século de 1618 a 1709. Estivemos pola praza do Concello e a praza real do parlamento, diante da Ópera do s. XIX e refuxiamonos na Catedral Saint Pierre (parte baixa de estilo renacentista e parte superior de estilo clásico, interior con decoración neobizantina). Unha vez rematada a visita voltamos para xantar no comedor escolar e facer vida cos estudantes do lycée durante este tempo de lecer.

Xa pola tarde, fomos facer un xogo de pista polas rúas de Rennes cos coñecementos adquiridos pola mañá. Pero tamén houbo tempo para ir mercar algúns souvenirs.

Día 5 e 6 - Convivencia en familia (02/12/22)

Día 7 - Visita a Saint Malo e Dinan. (05/12/22)

Collimos rumbo a Saint Malo, cidade corsaria por antonomasia. Coa axuda dun xogo de pistas coñecemos quenes foron : René Duguay-Trouin, que tomou Río de Janeiro en 1711, e Robert Surcouf, o corsario que atacou aos navíos ingleses e neerlandeses enriquecendo así as arcas de Francia e tamén da súa cidade natal.
Paseamos pola cidadela amurallada, vimos os fortes Petit Bé e Grand Bé, o Forte Nacional, e os bastións que protexen Saint-Malo, etc ...

Pola tarde, fixemos unha parada en Dinan, vila medieval a beira do Rance, pobo dos máis bonitos de Francia. Está colgado a 75 metros sobre o río. Con tres kilómetros de murallas –as máis importantes que aínda se conservan en Francia ao norte do río Loira–, Dinan foi fundada no s.X. As murallas datan do século XII. O Castelo, as rúas estreitas e empedradas, as casas de entramado de madeira (quedan 114) forman un conxunto medieval moi fermoso. Sacamos unha foto diante da torre do Reloxo do s. XV. que culmina a 45 metros de altura. A campa foi un agasallo de Ana de Bretaña á cidade. Paseamos polas rúas céntricas de l’Apport, Merciers, Cordeliers, para baixar pola rúa do Jerzual e Petit Fort pasando diante da Casa do Gobernador ata chegar ao muelle da vila. Esta rúa empedrada era a única vía de paso para trasladar as mercancías do porto á parte alta da cidade. Dinan foi residencia dos Duques de Bretaña.

Día 8 - Visita a Vannes. (06/12/22)

Último día por Bretaña, e fomos coñecer Vannes, cidade dos Duques de Bretaña.
Dimos un paseo polo litoral e fixemos un xogo de pista para coñecer os lugares máis emblemáticos da vila. A cidade romana de Darioritum converteuse en Vannes (en bretón, Gwened: a branca) coa chegada dos celtas. A cidade viviu largos periodos de prosperidade grazas ao comercio portuario, ao poder relixioso e ao poder político.

Día 9 - París (07/12/2022)

Rematamos a nosa estadía en Bretaña, despedímonos con moita tristura e collimos direción París. Chegamos despois de xantar. Dimos un paseo en Bateau Mouche e entramos no museo do Louvre. Vimos a Joconde, A Vénus de Milo, a Victoria de Samotrace e a colección sobre egipto. Logo dimos un paseo pola xardíns das Tuilleries ata a praza da Concordia onde se ergue o monumento máis antigo que ten París, o obelisco de Luxor. No bus fixemos un percorrido de Paris la nuit antes de chegar para cear no hotel.

Día 10 - Disneyland (08/12/2022)

Un día de grandes emocións, ilusións, maxia e encanto.

Día 11 - París (09/12/2022)

Pola mañá, fomos ata o Montmarte e entramos na basílica do Sacré Coeur de estilo neobizantino. Logo baixamos a París para visitar os Inválidos, a tumba de Napoleón e o museo da guerra. Despois, fomos visitar o Musée d'Orsay e coñecer as obras dos impressionistas e dos modernistas. Xantamos e tivemos tempo para mercar souvenirs. Finalizamos o día cunha fermosa posta de sol dende o alto da torre Eiffel. Fixemos unha morea de fotos para inmortalizar este momento tan privilexiado.

"O noso intercambio con Bretaña foi unha inmersión tanto lingüística coma cultural na que gañamos unha grande aprendizaxe. Seviunos para coñercer unha cultura, costumes e gastronomía diferentes, ademais de permitirnos mellorar o noso nivel de francés e aprender a levar unha mellor convivencia non só cos nosos correspondentes senón tamém entre nós. Sen dúbida, unha experiencia moi recomendable e, sobre todo, inesquecible."

Albúm de fotos AQUÍ.

Intercambio do Departamento de Francés co Lycée René Descartes de Rennes

Emprendemos novamente os intercambios do dpto. de Francés e contamos para este ano co Programa EduExchanges.
Novo socio: Lycée René Descartes de Rennes, capital da Bretaña francesa.
Témoslles preparado un completo programa de actividades.
Son 36 alumnos de 2º de bach Bachibac que acollemos en Burela nas casas do noso alumnado de 1º de Bach. do 13 ao 20 de outubro de 2022.

Día 1 - Acollida en Burela (14/10/22)
María José Pardiñas, directora, recibiu na biblioteca do centro o alumnado de 2º de bacharelato Bachibac acompañado polos seus profesores Raoul Gómez e Paúl Coronado. Entregoulles un dossier informativo das visitas por Galicia ao longo da súa estadía. Logo o grupo visitou o barco museo Boniteiro da mán de Lino e tamén  coñeceu de preto o traballlo artesanal das Redeiras.

Día 2 e 3 - Fin de semana en familia

Día 4 - Viaxe a Santiago (17/10/22)
Non podía faltar no programa a visita a este conxunto patrimonio mundial da humanidade. Foi un día de paseo polas rúas do casco antigo, polo interior da catedral, polo claustro, museo e polas cubertas para terminar cunha contemplación da obra faraónica do mestre Mateo, o Pórtico da Gloria.

Día 5 - Costa da Mariña (18/10/22)
Un día soleiro esperaba polo grupo en Sargadelos onde visitaron o complexo histórico guíados polo noso compañeiro Toño Blanco e entraron na tan prestixiosa fábrica para observar todo o proceso de fabricación desta valiosa cerámica.
Xa en San Cibrao, interesáronse pola Carpintería de Ribeira de Francisco Fra e pola colección do Museo do Mar.
Logo de xantar na praia xunto a Maruxaina, viaxaron ata a praia das Catedrais onde mollaron mais cos pantalóns!!!!

Día 6 - Burela Despedida (19/10/22)
Unha mañá de moita auga e vento truncou o programado. Pero na biblioteca tiñamos plan B para os bretóns: primeiro resolveron por equipos un scape room sobre igualdade que tiña preparado a nosa coordinadora pola Igualdade Carmen Sampedro. Mediron as súas destrezas e axilidades cos xogos de mesa da aula PT que lles deixou Pilar Cebeiro. Foron polas aulas do centro e coñeceron algún taller.
Pasaron o recreo no centro, houbo sesión de fotos. Remataron a mañá nun encontrro institucional no concello onde Alfredo LLano lles convidou a volver.
Da derradeira tarde noite por Burela, sabemos que ata tarde estiveron ceando e paseando.

Accede aquí a completa reportaxe fotográfica.

Accede aquí a pequena crónica na web do Lycée Descartes.

X° intercambio a Francia

Os alumnos de 3° ESO están estes días por Francia. Despois de pasar uns días por París, os rapaces foron acollidos en Bretaña polas familias. Visitaron O Mont Saint Michel, Dinan, Saint Malo e Rennes. Estiveron en clases e foron recibidos no Concello de Janzé polo alcalde.

 

Intercambio de francés - Acollida en Galicia - 10 anos de irmandamento

Actividades de intercambio do departamento de Francés - Acollida en Galicia 19-26 de marzo.

Un total de 29 alumnos franceses acompañados por tres dos seus profesores do Colexio Jean Monnet da localidade bretona de Janzé están de visita en Burela como parte dun intercambio lingüístico entre os dous centros de enseñanza. Este ano cúmprense 10 anos de intercambio entre ambas vilas.

Comenius

Comenius 2012-2014              Mon EcoVille: la ville au futur

Actividades de intercambio do departamento de Francés - Acollida en Galicia 18-27 de febreiro.

O alumnado de 3º de ESO participa estes días nun programa de acollida no marco do seu proxecto Comenius MonEcoVille. Máis información no blog do proxecto.

ENSAIO LIPDUB

Aquí tedes o ensaio. Temos moito que mellorar. Grazas a todas e todos os participantes.

LA BRETAGNE

INTERCAMBIO DE FRANCÉS - MARZO 2010 - VIAXE A FRANCIA

22 alumnas/os de 3º e 4º ESO do IES Perdouro viaxaron a Francia co motivo do seu intercambio que manteñen co Collège “Jean Monnet” entre o 17 e 27 de marzo de 2010

Os estudantes de 3º e 4º de ESO do IES Perdouro participaron neste programa e deron  comezo a unha aventura difícil de esquecer. O Intercambio lingüístico transfronteirizo entre mozos da comarca de Janzé da Bretaña Francesa e Burela permitiu durante dez días convivir coas xentes dunha localidade preparada para acollelos.

Un Programa Intenso

A primeira parada foi a capital francesa, París. Alí realizaron a visita aos lugares máis emblemáticos da cidade da Luz, paseando en bateau-mouche polo río Sena e aproveitando a noite para ver a Torre Eiffel escintilar e  o conxunto monumental iluminado. Ademais pararon a visitar o Museo do Louvre, un dos museos máis importante de Europa, onde puideron ver a Mona Lisa, a Vitoria de Samotracia, a Venus de Milo, e a colección sobre Exipto. Logo de tanta cultura durante dous días en París, os alumnos puideron gozar dun día de lecer no parque temático de DisneyLand.

Unha axenda completa cun itinerario marcadamente cultural por Bretaña.

A finalidade do intercambio, é como non, o encontro entre os mozos. Logo da acollida dos franceses en Burela no pasado mes de febreiro, agora tocaba o reencontro no país galo. Alí espéralles un programa de actividade deseñado pola profesora do Collège “Jean Monnet” de Janzé, Servane Le Gagne.

Os nosos alumnos de francés de 3º e 4º da ESO atopáronse convivindo estes días cos seus "correspondentes" franceses e coas súas familias o que supuxo para eles a necesidade de empregar con asiduidade  a lingua francesa. Ademáis, visitaron e coñeceron a rexión onde se encontra o pobo de Janzé e participaron en numerosas actividades deportivas e pedagóxicas.

O luns, unha  vez recibidos polo Director do centro, os alumnos galegos puideron asistir ás clases e observar o sistema educativo francés. Tamén o grupo de alumnos foron recibidos pola mañá polas autoridades locais no concello de Janzé dando o carácter institucional  ao Proxecto de Intercambio entre os dous centros.

Ademais da formación académica recibida no colexio, os alumnos completaron a súa estancia visitando o pobo medieval de Châteaugiron; a cidade amurallada de Saint Malo, coñecida como a cidade dos Corsarios, e bombardea case na súa totalidade na Segunda Guerra Mundial.

Visitaron detidamente a mundialmente recoñecida abadía do Mont Saint Michel e realizaron un obradoiro medioambiental sobre o ecosistema da bahía do Monte.

Achegáronse o xoves a coñecer o conxunto megalítico de Carnac; o Cairn de Gavrinis, construído contorna a 3500 antes J.C., cuxa particularidade son os magníficos gravados neolíticos únicos conservados por estar situado nunha illa, e estar a salvo dos pillaxes; o Dolmen da Roche aux Fées, onde descubriron a lenda que escondía esta alameda de pedras erguidas. Tamén, deste xeito, descubriron a vila de Vannes mediante un xogo de pistas.

Finalizaron o seu percorrido por Bretaña, visitando a capital bretona, Rennes, o seu casco histórico e o seu parlamento.

O último día antes de partir, os nosos mozos gozaron dunha cea de despedida tipicamente bretona.

Éste foi o quinto ano consecutivo que ambos centros organizan os intercambios, cos que pretenden mellorar a competencia lingüística dos alumnos.

Ambas profesoras encargadas de coordinar o programa, Karina Parga e Servane Le Gagne, destacaaron o enriquecemento lingüístico e cultural que supón para os alumnos participar en actividades coma esta.

INTERCAMBIO DE FRANCÉS - FEBREIRO 2010 - ACOLLIDA




Intercambio escolar con alumnos galos de la Bretaña francesa. (del 3 al 10 de febrero)

 
  
 Recepción en el Concello de Burela  Visita a la Domus - Coruña
 Paseo por Sargadelos  Monte Castelo - Burela
Un total de 22 alumnos franceses acompañados por tres de sus profesores del ‘Collège Jean Monnet’ de la localidad bretona de Janzé están de visita en Burela como parte de un intercambio lingüístico entre los centros de enseñanza IES Perdouro de Burela y el collège Jean Monnet de Janzé. Los jóvenes permanecerán una semana en la villa, donde se alojan con familias. Éste es el quinto año consecutivo que ambos centros organizan los intercambios, con los que pretenden mejorar la competencia lingüística de los alumnos.
Este intercambio está promovido por el departamento de Francés del ‘Perdouro’, con Karina Parga al frente, que diseñó un completo programa de actividades culturales para el disfrute de los jóvenes en su estancia en Galicia.

Así pues tras haber sido recibidos esta mañana por el director del instituto local, Juan Gabriel Sama Díez, los jóvenes estuvieron viendo Burela, su puerto, y las vistas desde el Monte Castelo. Además conocieron la fábrica de Sargadelos y el proceso de fabricación de la cerámica. Los jóvenes participantes en el encuentro también fueron recibidos por el alcalde, Alfredo Llano, la teniente de Alcalde, Neves Cando, y la concejala de Educación, Lucía Bouzas, en un acto de bienvenida en el Salón de Plenos, quienes les entregaron unos regalos de la villa. (Llaveros y folletos turísticos).
A partir de mañana, realizarán unas cuantas visitas para conocer nuestro entorno. Este viernes viajarán, en compañía de los alumnos del instituto local, a A Coruña, ciudad en la que se acercarán hasta a Casa das Ciencias, a Casa do Home, a Casa dos Peixes y la Torre de Hércules, y el próximo lunes, realizarán una excursión a Santiago de Compostela, donde visitarán el Museo do Pobo Galego, las cubiertas de la catedral y la exposición ‘Galicia Dixital’.
Y para clausurar la semana, como parte de un programa de actividades escolares, los jóvenes asistirán a clases con sus homólogos gallegos, y realizarán un juego de pista didáctico por las instalaciones del Instituto anfitrión y por las calles de Burela.
Ambas profesoras encargadas de coordinar el programa, Karina Parga (IES Perdouro) y Servane Le Gagne (Collège Jean Monnet),  han destacado el enriquecimiento lingüístico y cultural que supone para los alumnos participar en actividades como ésta. El próximo mes de marzo se celebrará la segunda parte del intercambio con la visita de los bureleses a Janzé.


COLLÈGE JEAN MONNET - JANZÉ

- Site web du collège Jean Monnet de Janzé

- Informations générales sur le collège Jean Monnet de Janzé

- Blog de la classe de 3ème Section Européenne.

Distribuir contido


by Dr. Radut