ACTO DE RECOÑECEMENTO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO AOS MELLORES EXPEDIENTES DA ABAU DOS CENTROS DE ENSINO MEDIO DE GALICIA

O pasado xoves 23 de xullo tivo lugar no salón noble de Fonseca en Santiago de Compostela o Acto de recoñecemento da Universidade de Santiago aos mellores expedientes na ABAU dos centros de ensino medio de Galicia. O acto estivo condicionado pola situación sanitaria que estamos vivindo e só puido celebrarse dun xeito presencial cunha pequena representación dos galardoados. O alumnado do IES Valle Inclán que acadou máis dun 9 na fase xeral da ABAU é por orde alfabética:

Xacob Alexandre Álvarez Rey

Jorge Blanco Amoeiro

Mario Entenza Martínez

Sabela Estévez Cochón

Pablo Lorenzo Mezquita

María Méndez Márquez

Pablo Rivas Pidre

Ramón Rodríguez Fernández-San Silvestre

Sabela Tenorio Maigler

Laura Vázquez Vázquez

Ana Vidal Vilán

Parabéns a todos eles.