Curso 2019-2020

DOUS PROXECTOS EUROPEOS ETWINNING RECIBEN O SELO DE CALIDADE NACIONAL

O alumnado de dous proxectos europeos eTwinning coordinados pola profesora Ana Santos recibiu os seus diplomas. Estes dous traballos acadaron o selo de calidade nacional, o primeiro realizado en colaboración con centros franceses centrouse no desenvolvemento sostible e a xestión de residuos, o segundo elaborado con centros de España, Francia, Bélgica e Italia centrouse na búsqueda da cidade ideal.

Pica na primeira imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia e na segunda para ver o artigo publicado no Diario de Pontevedra.

 

O ALUMNO DAVID GÓMEZ RÍOS PRIMEIRO CLASIFICADO NO DISTRITO UNIVERSITARIO DE VIGO NA XXXVII EDICIÓN DA OLIMPIADA DE QUÍMICA DE GALICIA

O alumno de 2º de Bacharelato David Gómez Ríos acadou o primeiro posto na demarcación de Vigo da XXXVII edición da Olimpiada de Química de Galicia e clasificouse para participar na Olimpiada Nacional de Química. Parabéns David e moita sorte na proba nacional.

Artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia

 

ACTO DE RECOÑECEMENTO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO AOS MELLORES EXPEDIENTES DA ABAU DOS CENTROS DE ENSINO MEDIO DE GALICIA

O pasado xoves 23 de xullo tivo lugar no salón noble de Fonseca en Santiago de Compostela o Acto de recoñecemento da Universidade de Santiago aos mellores expedientes na ABAU dos centros de ensino medio de Galicia. O acto estivo condicionado pola situación sanitaria que estamos vivindo e só puido celebrarse dun xeito presencial cunha pequena representación dos galardoados. O alumnado do IES Valle Inclán que acadou máis dun 9 na fase xeral da ABAU é por orde alfabética:

Xacob Alexandre Álvarez Rey

Jorge Blanco Amoeiro

Mario Entenza Martínez

Sabela Estévez Cochón

Pablo Lorenzo Mezquita

María Méndez Márquez

Pablo Rivas Pidre

Ramón Rodríguez Fernández-San Silvestre

Sabela Tenorio Maigler

Laura Vázquez Vázquez

Ana Vidal Vilán

Parabéns a todos eles.

 

EXAMES ABAU 2020 E CRITERIOS DE CORRECCIÓN

Pica no texto para ver todos os exames da ABAU 2020 e os criterios de corrección.

EXAMES ABAU 2020 E CRITERIOS DE CORRECCIÓN

SEGUIREI TRABALLANDO EN PROXECTOS INTERNACIONAIS. SON UNHA ACTIVISTA

Pica na imaxe para ver o artigo publicado na Voz de Galicia o domingo 12 de xullo sobre a profesora de Educación Física Ana Santos que se xubila tras 34 anos de docencia no IES Valle Inclán.

ENTREGA DE DIPLOMAS DO ALUMNADO DA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO CURSO 2019-2020

Este xoves 9 de xullo tivo lugar no paraninfo do Centro a entrega de diplomas do alumnado da Escola Embaixadora do Parlamento Europeo. O acto estivo presidido polo alcalde da nosa cidade Miguel Anxo Fernández Lores. Pica na primeira imaxe para escoitar a entrevista na Radio Galega á coordinadora do programa, a profesora de Educación Física Ana Santos e as alumnas participantes Laura Pozaco e Paula García. Picando nas imaxes inferiores podedes ver os artigos publicados no Diario de Pontevedra e no Faro de Vigo respectivamente. (Podedes pulsar as teclas ctrl e + para ler os artigos).

 

MEMORIA DO CLUB DE LETRAS CURSO 2019-2020

1 - Concurso de relatos “Valle-Inclán”: A inicio de curso, convocamos para o alumnado de todos os niveis educativos o Concurso de relatos Valle-Inclán, que presentou como novidade con respecto a outras convocatorias o tema a desenvolver: a igualdade. Acadamos unha ampla participación neste certame literario que contou, en castelán e en galego, nas distintas categorías, con diferentes premios que se entregaron o día 28 de xuño nun acto celebrado no paraninfo do centro.

CONVOCADO O IV CERTAME DE RELATOS VALLE-INCLÁN

PREMIADOS IV CONCURSO DE RELATOS VALLE-INCLÁN

TEXTOS IV CERTAME DE RELATOS VALLE-INCLÁN

 

2 - Acto de conmemoración 8 M: Coordinado polo alumnado que forma parte de Comisión de Igualdade, e conmemorando o Día Internacional da Muller, o alumnado leu no hall do Centro textos e testemuñas previamente traballados en favor da igualdade e dignidade da muller, lembráronse as víctimas da violencia machista no 2020, gardouse un minuto de silencio e interpretouse un flashmob. Pica na imaxe para ver as fotografías e un vídeo do acto.

 

 3 - Antoloxía de contos: O profesorado de 4º de ESO do departamento de L. Castelá, creou unha antoloxía de contos da autora realista Emilia Pardo Bazán, incidindo de maneira especial naqueles ue teñen un carácter máis feminino e feminista, algo que caracteriza o pensamento dunha autora moi reivindicativa na época que lle tocou vivir. Pica na imaxe para ver a antoloxía.

 

- Booktubers en 4º ESO: Despois da lectura dos contos da antoloxía de Emilia Pardo Bazán, o alumnado dos catro grupos de 4o de ESO grabaron diferentes vídeos nos que explicaban, de xeito persoal, a súa interpretación e opinión sobre cada un dos relatos que formaban parte de dita antoloxía. Hai que destacar a case plena participación do alumnado, o seu entusiasmo e a brillantez das súas valoracións. Pica nas imaxes para ver os vídeos de Sara Castro e Alicia Dopazo.

 

- Diversidade de tarefas do alumnado:

1 . EXPOSICIÓNS: Na defensa dos dereitos da muller e contra as violencias machistas, o alumnado fixo traballos que se expuxeron nos corredores da primeira planta do instituto, á vista da maior parte da comunidade educativa, co fin de concienciarmos sobre esta lacra social.

 

2 . PÓSTERS: Realizáronse pósters para visibilizar o papel de mulleres pioneiras, especialmente na esfera galega e realizados polo alumnado de L. Galega.

 

3 . TRABALLOS, COMENTARIOS, PRESENTACIÓNS E OUTRAS TAREFAS: Desde as diferentes materias que participan no IES Valle-Inclán no Club de Letras, leváronse a cabo multitude de tarefas das que agora faremos unha pequena selección:

Comentario de La casa de las muñecas

Comentario de un poema de Concha Méndez

Frankenstein o el moderno prometeo

Safo de Lesbos y la oda a Afrodita

Traballo das mulleres na ciencia

 

- Curso de igualdade na aula virtual: A aula virtual do IES Valle-Inclán dispón dun curso de Igualdade con diferentes recursos para traballar nas titorías e/ou nas diferentes materias. Tamén pon a disposición do profesorado campañas institucionais desenvolvidas en diferentes países e en diversos centros de ensino, músicas, vídeos ou mitos do amor romántico. É dicir, toda un conxunto de recursos que enriquecen a aportación do noso centro á igualdade.

Picando na seguinte imaxe temos unha memoria-resumo do traballo desenvolvido no Club de letras do IES Valle Inclán no curso 2019-2020 feita con capturas de pantalla.

HUGO SILVARES E ANA VIDAL COMPARTEN NO DIARIO DE PONTEVEDRA COMO ESTÁN VIVINDO A PREPARACIÓN DA ABAU

Os alumnos de 2º de Bacharelato Hugo Silvares e Ana Vidal comparten no Diario de Pontevedra como están vivindo a preparación da ABAU. Pica nas fotografías para ver o artigo.

FINALISTAS BEN VEÑAS MAIO IES VALLE INCLÁN 2020

Como xa sabedes este ano tivemos catro alumnas premiadas no Ben Veñas Maio 2020. Hoxe queremos facer mención ao alumnado que foi finalista nas diferentes modalidades de participación. Á dereita dos nomes picando no título do seu traballo podedes disfrutar das súas obras.

 

XIX Certame de poesía
Iria Méndez Mosquera de 4º ESO D co seu poema Folerpa.
Laura Pozaco Rodríguez de 4º ESO A, co seu poema Voa sen ás.
 
XXVII Certame de banda deseñada
Sara Marescot Álvarez de 4º ESO B coa súa obra Por que é importante o galego?.
 
XXVI Certame de narración curta
Ángela Rivas Romero de 4º ESO C co seu relato A vida na Aldea.
Ana Pontanilla Abal de 4º ESO A con Rutina.
Laura Rodríguez González de 4º ESO A con Chuvascos nun ceo despexado. 
Javier Carballal Morgade de 4º ESO A con A misión.
 
IV Certame de curtametraxes
Jorge Boullosa Conde; Carlos de Castro Gómez e Leo Lozoya Fernández; de 4º ESO A e
José Antonio Escarda Marescot e Miguel Ángel Ferreira Mateo de 4º ESO C con Tolemia americana. 
 
II Certame videoclip musical

Sara Castro López de 4º ESO A con Negro caravel.

PROXECTO ETWINNING EUROPEO DO ALUMNADO DE 3º DE ESO DA SECCIÓN BILINGÜE DE FRANCÉS: Rrrrrr (RENUNCIAR, REDUCIR, REPARAR, RECICLAR, REUTILIZAR, RESTITUIR A TERRA)

Neste curso escolar 2019-2020, o alumnado de 3º ESO bilingüe de francés realizou un proxecto relacionado co desenvolvemento sostible e a xestión de residuos, ao redor de 6 accions claves: Renunciar, Reducir, Reparar, Reciclar, Reutilizar, Restituir a Terra.

Este proxecto levouse a cabo con tres centros franceses: O lycée Felix Faure de Beauvais, lycée Jean Vilar de Villenueve lez Avignon e lycée Jean Isoard de Montgeron O alumnado reflexionou sobre a sua xestión diaria (na casa e na escola) dos residuos e fixeron suxerencias para melloralo. Tamén se lles pediu que deseñasen un logotipo, eslóganes publicitarios, xogos virtuais e titoriais en relación co proxecto.

Pica aquí para acceder  ao proxecto e na imaxe para ver a revista dixital do mesmo.

 

OS PROFESORES MANUEL LASTRA, ISIDRO CORTIZO, ANA SANTOS E CHARO VALCÁRCEL DESPIDEN MÁIS DE TRES DÉCADAS DE DOCENCIA NO IES VALLE INCLÁN

Pica na imaxe para ver o artigo publicado no Diario de Pontevedra o sábado 20 de xuño.

CONVERSAS NA FERRERÍA - PONTEVEDRA VIVA RADIO: SEIS ALUMNOS DO IES VALLE INCLÁN CONCLÚEN O BACHARELATO CON MATRÍCULA DE HONRA

Pica na imaxe para ver o artigo e escoitar o programa de radio conversas na ferrería.

 

MATRÍCULAS DE HONRA QUE ABREN PORTAS

Pica na imaxe para ver o artigo publicado no Faro de Vigo o venres 19 de xuño.

MEMORIA DO PROXECTO EUROPEO ETWINNING TOUR POR LA CIUDAD IDEALE

Durante este curso o alumnado dos centros educativos españois I.E.S. Valle Inclán de Pontevedra, o Colegio Rebollet de Oliva e I.E.S. Arzobispo Lozano de Jumilla, xunto a outros adolescentes do centro francés Collège Louis Pergaud de Châtel sur Moselle, do centro belga Athénée Royal Nestor Outer de Virton e do centro Italiano ITES Olivetti de Lecce, participaron no proxecto "Tour por la ciudad ideale", a través da plataforma europea eTwinning. Pica na imaxe para ver máis información.

 

Distribuir contido