BENVIDOS AO ESPAZO WEB DO IES VALLE INCLÁN

 Recreación da fachada do Instituto, de Isidro Cortizo, a partir dun linóleo feito por ex-alumnos de 4º da ESO (fachada de inverno )

Entra virtualmente ao Paraninfo do Instituto. Animación feita por ex-alumnos de 4º ESO

Becas e axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (curso 2024-2025)

Becas e axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (curso 2024-2025)

A convocatoria para o curso 2024/2025 publicouse o 19 de abril de 2024.

O prazo de solicitude é do 30 de abril ó 13 de setembro de 2024.

Enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

 

Actividades formativas en linguas estranxeiras

Día do libro: A volta ó mundo en 80 libros

Para conmemorar o día 23 de abril o Día do Libro, a comunidade do centro elaborou unha fermosa e diferente viaxe polo mundo dos libros. No mural situado na escalinata de entrada organizamos máis de 80 fichas con recomendacións lectoras de todo tipo, enlazando cada unha de elas co país de orixe do seu autor/autora. O resultado foi esta vistosa volta ao mundo en 80 libros que recoñecen a pluralidade de culturas e nos animan a soñar e viaxar.

 
   

Preme aquí para ver máis fotos

Carreira Intercentros 2023-24

IES Valle Inclán - IES Sánchez Cantón

IES Valle Inclán - IES Sánchez Cantón

 Pulsa aquí para ver tódalas fotos

Choiva de poemas

Con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía o 21 de marzo, o centro encheuse dunha choiva moi especial: por unha banda, poemas seleccionados entre os favoritos do alumnado, e pola outra, poemas compostos por alumnos e alumnas poetas en calquera das linguas que estudamos no centro. 


Animamos a toda a comunidade educativa a deixarlle un "like" en forma de corazón a aquel poema que máis vos faga pensar, soñar, sentir... A poesía é unha das nosas formas de expresión máis preciadas, que fala da nosa identidade e humanidade. Viva a poesía!

 Preme aquí para ver tódalas fotos

Alumnado de 2 ºBACH visitou os xulgados de Pontevedra

Alumnado de 2 ºBACH  visitou os xulgados de Pontevedra no marco dunha actividade complementaria organizada polo Departamento de Economía.

Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial, e ten como obxectivo que o alumnado coñeza o funcionamento dos órganos xudiciais. Ademais do percorrido por distintas dependencias coa correspondente explicación dos profesionais, tivemos a ocasión de presenciar dous xuízos no Xulgado de O Pena.

Preme aquí para ver tódalas fotos na galería

Información referida ó proceso de admisión 2024-25

 

 

Visita ó obradoiro de Elena Ferro en Merza e a Casa Grande de Xanceda

O alumnado de economía de 1º de bacharelato visitou o 28 de febreiro, o obradoiro de Elena Ferro en Merza e a Casa Grande de Xanceda onde coñeceron proxectos empresariais de éxito que poñen en valor a economía circular, o rural galego, o coidado do medio ambiente e do desenvolvemento sostible.

   

Preme aquí para ver tódalas fotos da actividade

 

 

Información referida ao proceso de admisión 2024-2025

 

Preme na imaxe para ver o arquivo completo en PDF 

A alumna Martiña Riobó Touriño le, no pleno municipal, o manifesto para o 8M.

A alumna Martiña Riobó Touriño elaborou e leu no pleno municipal o manifesto para o 8M en representación do Consello da Muller Nova do Concello de Pontevedra.

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2024/02/27/politicos-dan-palabra-consello-da-muller-nova/0003_202402P27C2993.htm

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/mentres-non-haxa-igualdade-real-habera-loita-feminista/202402261453231293648.html

 Preme nestes enlaces ou sobre as fotos para visitar o sitio da noticia.

O alumnado de 1º Bach asiste ó Certame de Teatro Grecolatino

O alumnado de 1º de bacharelato asistiu o día 21 de febreiro no Teatro Colón de Coruña ao Certame de Teatro Grecolatino, para ver unha traxedia grega (Agamenón de Esquilo) e unha comedia latina (Persa de Plauto). A actividade foi realizado conxuntamente polos Departamentos de Lingua galega e Latín.

Distribuir contido