Curso 2014-2015

Viaxe cultural a Berlín

Grupo de alumnos de Alemán en Berlín. Pinchar aquí para ler a información

Viaxe cultural a Berlín

Viaxe cultural a Berlín 2015
Un grupo de alumnos de alemán de 4º ESO e 1º de Bacharelato viaxaron a Berlín entre o 24 de xuño ao 1 de xullo. Ademáis das visitas a puntos emblemáticos da cidade como a Porta de Brandenburgo, Unter den Linden, Monumento ao Holocausto Xudeo, Potsdamer Platz, Checkpoint Charlie, Alexanderplatz, Hackescher Höfe, fixemos varias visitas guiadas co principal obxetivo de aprender algo sobre a Historia do Século XX e a Arte de diferentes épocas: Museo de Pérgamo e Neues Museum na Illa dos Museos, Campo de Concentración de Sachsenhausen, Cárcere da Stassi, Monumento á Resistencia Alemana na época do Nacionalsocialismo. Fomos recibidos ademáis na  Universidade de Berlín, na Embaixada Española e no Instituto Cervantes. Como espectáculos culturais aos que asistimos atópanse un concerto da Filarmónica de Berlín, unha obra de teatro experimental e un espectáculo de Ópera: Carmen.

Viaxe a Asturias de 4º ESO

Como cada ano por estas datas, o alumnado de 4º ESO vén de realizar a excursión a Asturias e Cantabria. Do 15 ao 19 de xuño  visitaron Cudillero, Covadonga, Santillana del Mar, as neocovas de Altamira e Oviedo. Tamén fixeron rutas polos Lagos de Covadonga e realizaron diversas actividades na natureza como o descenso do Sella en canoa, barranquismo, espeleoloxía e paintball. Na foto podedes ver ao grupo diante da Colegiata de Santa Juliana, en Santillana del Mar.
Para ver máis fotografías, facer clic aquí (e facer clic sobre cada foto se queredes ampliala)

Prescrición facultativa

Trátase dunha versión ampliada con novos personaxes que contribúen a crear ese punto de loucura doméstica, pero loucura ao fin e ao cabo, que caracteriza esta comedia un tanto disparatada, cuxo parecido coa realidade é pura coincidencia... OU NON?
Vennos ver. Halo pasar ben

Ciclo de conferencias Ubi sum

 

O pasado venres 29 de maio celebrouse unha nova edición do ciclo UBI SUM, encontros con antigos alumnos deste instituto. Coma sempre, os nosos convidados fan un pequeno repaso dos seus tempos de estudante, e logo dan conta dalgunha das súas experiencias profesionais.

 Nesta ocasión visitounos Germán Labrador Méndez, profesor de Literatura Española na Universidade de Princeton. Despois de recordar ós seus profesores e o moito que estes lle axudaron a encauzar a súa vocación polas Letras, fixo unha defensa encendida a prol do ensino público como o mellor medio para a aprendizaxe da tolerancia dentro dun mundo cada vez máis diverso.

 No eido máis académico, comezou a súa disertación arredor da idea que encerra a expresión UBI SUNT, terceira persoa do plural, que nos fai preguntarnos pos aqueles que xa non están entre nós. Segundo Labrador, a anterior expresión resume esa interminable visita ó pasado, á súa revisión, asi como esa pregunta que lle facemos constantemente ó futuro. Preguntarmos polos que xa non están, os mortos, é indagar na memoria, unha cualidade dos pantasmas, eses mortos que nos volven a visitar, en contraposición os “ zombies”, que carecen de recordos. Son as pantasmas entes “morais” en tanto aínda teñen asuntos que arranxar, fronte os “zombies” que son puro apetito: son “zombies” os que saltan a valla de Melilla, os parados que fan cola no INEM, os drogadictos que deambulan polas rúas. Os “zombies” dan medo, igual que os negros, os parados, os pobres; o mesmo medo que temos todos a ser excluidos da sociedade.

 A derradeira reflexión recaíu sobre a necesidade de facerse preguntas para aprender a comprender o noso mundo, a nosa realidade e a nosa propia vida, e deste xeito invitou ao público a facerlle todas as preguntas que desexasen, que serviron para establecer unha interesante comparación entre a sociedade norteamericana e a nosa.

 Ver aquí vídeo e fotos do acto

 

 

Premio de tradución

 O alumno de 2º de Bacharelato de Humanidades do IES Valle Inclán de Pontevedra, Adrián Boullosa Fraga, resultou gañador da 1ª Olimpíada de Textos Clásicos, na modalidade de Latín, patrocinada polo Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela e pola Sección Galega da Sociedade de Estudos Clásicos.

 

A esta proba, que se celebrou o venres 10 de abril de 2015,  estaban convocados todos os alumnos de Latín e Grego de cada un dos institutos de Galicia: habería un único gañador por cada modalidade e o resto de participantes recibirían un diploma acreditativo.

 A cerimonia de entrega dos premios e diplomas tivo lugar onte, 27 de maio, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Parabéns á USC e á SEEC, polo éxito de participación na convocatoria de tradución, e ao alumno Adrián Boullosa, polo mérito de ser o mellor entre os mellores.

Ver artigo en La Voz de Galicia

Acto de Graduación de 2º Bacharelato

O pasado venres 22 de maio celebrouse no Teatro Principal o acto de graduación do alumnado de 2º Bacharelato.

Tras seis anos de esforzos, de bos e menos bos momentos, de amizade e de ledicias compartidas, chegou o momento de decir adeus ao Instituto e prepararse para iniciar unha nova vida e novos estudos. Como era de esperar, o acto estivo cheo de emocións, de cánticos, de nervios, algún choro e moita alegría. Houbo discurso da directora, Dona Pilar Freitas, e tamén discurso en clave de humor dos alumnos, con reivindicación do ensino público incluida, varias actuacións e, naturalmente, entrega de agasallos.

Desexámoslles moita sorte e moitos éxitos nesta nova etapa da súa vida.

Arriba podedes ver as fotos cos titores, e facendo clic aquí veredes a galería con fotos do acto no Teatro Principal

Lectura na radio de textos galegos

LECTURA NA RADIO DE TEXTOS DOS AUTORES E DAS AUTORAS HOMENAXEADOS CO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

             Un grupo de alumnos/as do centro achegouse o pasado 24 de abril aos estudos de Onda Cero Radio para leren estes textos.

            As gravacións destas lecturas comezaron a emitirse o día  27 e continuarán a emitirse en distintos programas nesa emisora. Como podedes escoitalas?

  •      Na radio, no dial 103.6, Onda Cero Pontevedra

Estas son as primeiras lecturas:

Lectura de Sabela Ríos

Lectura de Claudia Peón

Consultar aquí a listaxe do alumnado participante coa correspondente data e hora de emisión

Gravación en Onda Cero Radio de textos galegos

O 24 de abril, alumnado do centro achegouse aos estudios de Onda Cero, en Pontevedra, para realizar a lectura de textos dos autores e das autoras homenaxeados co Día das Letras Galegas. 

Cómo poidedes escoitalas? Pinchar aquí para máis información

Viaxe a París

 

O alumnado da Sección Bilingüe de Música en francés de 3º da ESO realizou o pasado mes de marzo unha viaxe de estudos a París.

Durante a mesma visitamos os lugares máis emblemáticos da cidade , subimos á Tour Eiffel e realizamos un paseo en bateau-mouche polo Sena.

 Ademais os alumnos asistiron á representación dun conto musical “Pierre et le loup” de Prokofiev, no incomparable marco do Théâtre des Champs - Élysées (na imaxe tras a asistencia ao concerto), onde recibimos una calorosa acollida por parte dos responsables .

 Tivemos tamén a oportunidade de desfrutar e coñecer de primeira man algunhas mostras da pintura impresionista francesa a través da nosa visita ao Musée de l’Orangerie.

Festival Grecia 2015

 

O pasado venres 17 de Abril celebrouse ás 20:00 horas no paraninfo do IES Sánchez Cantón o Festival Afrodita versus Helena, co fín de recadar fondos cara a viaxe a Grecia dos alumnos de Latín e Grego dos institutos Xunqueira 1, Xunqueira 2 e Valle-Inclán. A experiencia foi moi positiva: tratábase de que os nosos alumnos xuntasen esforzos nun proxecto común, en torno á Guerra de Troya e as causas lendarias desta como fío condutor. Máis de corenta persoas colaboraron en tal proxecto e das súas achegas xurdiu o seguinte programa:

  • Presentadoras: Afrodita/Helena
  • Actuación do coro de Xunqueira 1:

                               Dorme pequeno mar (adaptación de Josu Elberdin)

                Compañeira (adaptación de Julio Domínguez)

                               Λεμονάκι (Tó lemonáki: canción popular griega)

  • Desfile de moda: As idades do s.XX
  • Baile: Break dance / Recitado do Carpe diem e da súa tradución (Horacio)
  • Influencias da mitoloxía grecorromana na película Los juegos del hambre
  • Representación do Xuízo de Paris
  • Interpretación musical: cuarteto de dous violíns, flauta e fagot Τα παιδιά του Πειραιά (Los chicos del Pireo): Μελίνα Μερκούρη (Melina Mercuri) en la película Ποτέ την Κυριακή (Nunca en domingo)
  • Baile grego: Χασάπικος (Jasápicos) y Καλαματιανός (Kalamatianós)

Dende aquí, os catro profesores encargados queremos agradecer a todos o esforzo común: tanto aos alumnos que van viaxar a Grecia coma a aqueles outros que non realizarán a viaxe e, non obstante, axudaron.

Moitas grazas tamén ao coro Xunqueira 1 e ao IES Sánchez Cantón, polas súas achegas completamente desinteresadas.

(ver máis fotos)

Viaxe a Italia

Como é habitual o alumnado de 1º de bacharelato vén de realizar a súa excursión por Italia. Entre os días 5 e 13 de abril estiveron en Roma, Siena, Pisa, Florencia, Bolonia, Venecia e Verona.

En Roma visitaron o Panteón de Agripa, Coliseo, S. Pietro in Vincoli, Basílica de S. Pedro e museos Vaticanos, Sta. María do Popolo e Fontana di Trevi. Gozaron das prazas da República, Navona, España, Venecia, Popolo e dos Foros Imperiais, Castell Sant' Angelo, Quirinale, Arco de Constantino, Capitolio e das vistas dende os xardíns do Pincio.

En Siena viron a súa catedral e a Praza do Campo, ademais do Palacio Chigi e a Loggia do mercado.

En Pisa o conxunto monumental: Duomo, Campanille e e Battisterio.

En Florencia admiraron o David de Miguel Anxo xunto co Duomo, praza da Signoria, Ponte Vecchio, ademais de gozar das súas rúas, mercados e prazas.

En Bolonia, visitaron o Archigimnasio, antiga Universidade e hoxe Biblioteca Municipal.

En Venecia admiraron os seus Palacios dende o Gran Canal e, por suposto a Praza de S. Marcos, Ponte dos Suspiros e Rialto.

O último día visitaron a cidade de Verona e poideron imaxinar a escea entre Romeo e Xulieta baixo o célebre balcón da casa da namorada.

Ademais de toda esta arte relacionáronse con todos os seus compañeiros e disfrutaron ao longo destes días que ben seguro non esquecerán nunca (ver máis fotos)

Visita ao Parlamento Europeo

Convidados polo eurodeputado Francisco Millán Mon, un grupo de alumnos e alumnas visitou o Parlamento Europeo. Permaneceron en Bruxelas desde o 25 ao 28 de marzo e aproveitaron para visitar Gante, coa súa catedral de S. Bavon e o famoso retábulo "A adoración do año místico", a Igrexa de S. Nicolau, o Concello, o Belfort e o Peirao das herbas, a estampa máis típica da cidade e lugar de encontro dos universitarios. Continuaron o percorrido por Bruxas, coñecida tamén como a Venecia do Norte polas súas numerosas canles.

En Bruxelas gozaron dos lugares máis emblemáticas da cidade -Grand Place, Palacio Real, Galerías Saint Hubert, Manneeken Pis, Atomium, museos...- e tamén tiveron tempo para a diversión. Na foto podemos velos co eurodeputado e cos profesores acompañantes. (ver máis fotos)

LI Olimpíada Matemática: bronce para un alumno do Valle-Inclán

O alumno de segundo curso de Bacharelato, Miguel Cidrás, obtivo, por segundo ano consecutivo, a medalla de bronce na Olimpíada Matemática Española celebrada en Badaxoz a fin de semana pasada.

Pinchar aquí para ver a información publicada en El Correo Gallego do 24 de marzo

Premios na I Olimpiada de Xeografía

O IES Valle Inclán de Pontevedra asistiu á I Olimpiada de Xeografía con tres alumnos de segundo de Bacharelato. Os alumnos Borja Sineiro Abella, Mateo González Álvarez e Isabel Virel de la Sota obtiveron a segunda mellor nota de grupo de Galicia. Ademáis,  Mateo González Álvarez quedou clasificado entre os tres segundos. Pincha na foto para ver máis información.

Distribuir contido