Actividades

Día do libro: A volta ó mundo en 80 libros

Para conmemorar o día 23 de abril o Día do Libro, a comunidade do centro elaborou unha fermosa e diferente viaxe polo mundo dos libros. No mural situado na escalinata de entrada organizamos máis de 80 fichas con recomendacións lectoras de todo tipo, enlazando cada unha de elas co país de orixe do seu autor/autora. O resultado foi esta vistosa volta ao mundo en 80 libros que recoñecen a pluralidade de culturas e nos animan a soñar e viaxar.

 
   

Preme aquí para ver máis fotos

Choiva de poemas

Con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía o 21 de marzo, o centro encheuse dunha choiva moi especial: por unha banda, poemas seleccionados entre os favoritos do alumnado, e pola outra, poemas compostos por alumnos e alumnas poetas en calquera das linguas que estudamos no centro. 


Animamos a toda a comunidade educativa a deixarlle un "like" en forma de corazón a aquel poema que máis vos faga pensar, soñar, sentir... A poesía é unha das nosas formas de expresión máis preciadas, que fala da nosa identidade e humanidade. Viva a poesía!

 Preme aquí para ver tódalas fotos

TROCA DE LIBROS: DÁLLE UNHA SEGUNDA VIDA AOS TEUS LIBROS USADOS

O IES Valle Inclán anima a toda a comunidade educativa a participar na Troca de Libros que se vai celebrar o día 10 de marzo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, en horario de 11 a 14 horas.

Se queres participar:

- Trae ao centro libros que estén en bó estado e que xa non estés interesado en conservar na casa. Preferentemente, libros de literatura infantil e xuvenil. Non recollemos enciclopedias, nin libros de texto, nin libros moi deteriorados. Teñen que ser libros que aínda podan ser disfrutados por outro lector.
- Entrega os libros na biblioteca, durante os recreos ata o día 8 de marzo O profesorado de garda no recreo darache un vale por cada libro donado.
- O día 10 de marzo, no Salón do Libro faráse a troca. Leva os vales que teñas e cambiaos por calquera libro en calquera dos postos dos centros e entidades colaboradoras.

TORNEO DE XADREZ

Sabes xogar ao xadrez? Na biblioteca podes xogar durante todos os recreos e próximamente vai comenzar a primeira edición deste curso do Torneo de Xadrez. Haberá premios!

 Preme sobre o cartel para velo en PDF

Xa podedes pasar pola Biblioteca e apuntarvos na actividade.

Estade atentos ás datas das reunións que anunciaremos nos corredores e paneis informativos.

I CONCURSO DE TRADUCIÓN

O pasado 10 de outubro celebrouse na biblioteca a primeira edición do Concurso de Tradución con motivo do Día Mundial da Tradución. Uns 30 alumnos de todos os niveis traduciron ao galego e ao castelán textos en inglés, francés, alemán e latín. As gañadoras en cada categoría foron:

- Celia Rodríguez Seoane (1º-2º ESO)

- Miriam Kloub Castro (3º-4º ESO)

- Sara Castiñeiras Valiño (1º-2º Bacharelato)

Noraboa ás gañadoras e moitas gracias a todos e todas por participar.

Preme aquí para ver todas as imaxes deste evento.

Semana do Libro no Valle Inclán

O Valle na troca de libros

Marzo poético

Preme aquí para ver tódalas fotos do Marzo poético

POESÍA, MÚSICA E DANZA PARA O DÍA DE ROSALÍA

 
Este xoves un grupo de alumnas de 2º e 3º ESO recitaron os poemas  "O moucho" e "Cada noite eu chorando pensaba" da autora galega.
A continuación cantaron unha peza do compositor Maximino Zumalave con texto de Rosalía arranxada para a ocasión. Estiveron acompañadas pola alumna Xulia Teixeira de 2º ESO   que creou e tamén interpretou unha coreografía para esta peza .
 
 
Pulsa aquí para ver todas las fotos de la Galería

Deseño na Biblioteca

 

Entrega de Premios do 1º Torneo de Xadrez

 Preme aqui para ver tódalas Fotos.

Club de lectura do IES Valle Inclán

Baixo a dirección da profesora Alba Berciano, botou a andar o club de lectura o día 11 de novembro.

Ver fotos

Alumnos do clube de lecturaAlumnos do clube de lectura co director

O director, Daniel Mejuto, dirixiu unhas palabras de benvida a tódolos participantes nesta aventura de ler unha novela de fantasía de Laura Gallego.

 

O Samaín na biblioteca.

O Samain na Biblioteca

SOLICITUDE DE LIBROS DO IES VALLE INCLÁN

Distribuir contido