Curso 2020-2021

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE SER POSITIVO COVID

Pica na ligazón para descargar o documento: DECLARACIÓN RESPONSABLE POSITIVO COVID

MAGNÍFICOS RESULTADOS DO NOSO ALUMNADO NOS EXAMES OFICIAIS DELF DE LINGUA FRANCESA

Queremos felicitar aos  48 alumnos que se presentaron a estes exames durante o curso escolar 2020/21 . Malia ás dificultades, ao confinamento e ao aprazamento dos exames DELF, todos estes  alumnos pertencentes a  4º da ESO e a Bacharelato  acadaron excelentes resultados no Diploma DELF (Diploma de Francés oficial válido internacionalmente).  25 alumnos  presentáronse na quenda de  outubro   e  23  en  maio, En total 17 alumnos de B2 e  31 alumnos de B1.

O programa CUALE que se imparte dúas tardes por semana por Leonor Rodríguez Tato e Elisabete de Carvalho ten por obxectivo que os alumnos acaden os niveis  B1 e B2 do MCERL (Marco Común Europeo das Linguas)  e melloren  as súas competencias comunicativas en francés.

ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Este martes 15 de xuño tivo lugar na finca Batacos o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do curso 2020-2021. Superando a calor do día, o evento foi presentado por Irene Esteban Teijeira e Germán Pérez Sabarís, a continuación chegaron os discursos da directora e das alumnas Lucía Franco López e Uxía Agís Doce, a entrega de insignias polos titores e o equipo directivo e a actuación musical de Mariña Paz Otero, Irene Esteban Teijeira, Silvia Martín Blanco e Uxía Suárez Lores.

Parabéns a todo o alumnado, moita sorte no futuro e agardamos as vosas visitas para seguir compartindo o camiño.

Pica na imaxe para ver máis fotografías e vídeos.

 

DEBUXANDO O COIDADO

O alumnado de 1º ESO da profesora Ana Bugallo Fuentes completou a análise lingüística coas súas creacións máis artísticas: uns cómics moi orixinais. Pica na imaxe para ver o traballo de Carlota Ferreira e Alexia Torres.

QUE SIGNIFICA COIDADO? ANÁLISE DE 1º DE ESO COA PROFESORA ANA BUGALLO

A profesora Ana Bugallo Fuentes acompañou aos seu alumnado durante este curso na análise desde distintas perspectivas de estudo da palabra coidado no marco do Club de Letras. Pica na primeira imaxe para ver o resumo da profesora e na segunda para ver máis exemplos dos traballos realizados.

 

AU-PAIR: TRABALLO DO ALUMNADO DE ALEMÁN PARA O CLUB DE LETRAS

Pica na imaxe inferior para ver a presentación co traballo do alumnado de Alemán sobre os au-pair no marco do club de letras.

VÍDEO DO ACTO DE RECOÑECEMENTO DOS MELLORES EXPEDIENTES ORGANIZADO POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Unha vez máis desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  organizaron o Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia.

Para este recoñecemento o alumnado ten que ter unha nota superior a 9 na fase xeral da ABAU.

O acto tivo lugar o xoves, día 24 de xuño, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC.

As circunstancias non permitiron que fose un acto multitudinario presencial pero iso non impediu celebrar un evento conxunto no que se fixo chegar os parabéns da USC ao estudantado que acadou resultados sobresaíntes nas ABAU.

O acto estivo presidido polo reitor da USC e contou coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados por unha representación do Equipo Reitoral e dos Decanos e Directores dos centros da USC. Tamén estiveron presentes un grupo de 20 estudantes acompañados dos seus pais ou titores e foi retransmitido en streaming a través da canle Youtube da USC.

Podedes ver o vídeo completo na seguinte ligazón (O alumnado do IES Valle Inclán foi nomeado e participou no acto a partir do instante 1:37:45)

Vídeo do acto do recoñecemento aos mellores expedientes da ABAU 2021

alumnado do noso Centro que acadou máis dun 9 na fase xeral foi: Álvaro Barbazán Domínguez, Carmen Castro Tejeiro, Paula Domínguez Barreiro, Iñaki Dueñas Otero, Natalia Farto Pastoriza, Pablo Fontenla Acevedo, Beatriz García Gallego, Eva Lago Cobas, Silvia Martín Blanco, Cris Limin Martínez García, Manuel Muñiz Pintos, Lucía Pazos Santiago, Alba Piñeiro Justo, Álvaro Quinteiro Bernal, Lara Reguera Acuña, Candela Rodríguez Besada, Gabriel Varela Acosta, Sara Varela Martínez e Nuria Villar Muiños.

AS ALUMNAS PAULA DOMÍNGUEZ CON 13,82 E SARA VARELA CON 13,77 MELLORES NOTAS DA ABAU NA CIDADE DE PONTEVEDRA

As alumnas de 2º de Bacharelato Paula Domínguez Barreiro con 13,82 e Sara Varela Martínez con 13,77 acadaron as dúas mellores notas da ABAU na cidade de Pontevedra. Parabéns e moita sorte na vida universitaria que agora comezades.

Picade nas ligazóns inferiores para ver a entrevista realizada ao alumnado da cidade de Pontevedra que levou as mellores notas na ABAU no Diario de Pontevedra e na Voz de Galicia.

 

Noticia publicada na edición dixital da Voz de Galicia

Noticia publicada na edición dixital do Diario de Pontevedra

ÁLVARO BARBAZÁN E EVA LAGO RECOLLERON OS SEUS PREMIOS DA OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

Este Martes 22 de xuño tivo lugar no Salón de Graos da facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela a entrega de premios da VI Olimpíada de tradución de textos clásicos na que o alumno Álvaro Barbazán Dominguez obtivo o primeiro premio na modalidade de Lingua Grega e a alumna Eva Lago Cobas o segundo premio na modalidade de Lingua Latina. 

O acto estivo presidido polo Presidente de SEEC-Galicia, o Director do Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana da USC  e o Decano da facultade de Filoloxía da USC. 

Parabéns ao noso alumnado e aos seus profesores Juan Gil e Luisa Budiño que os acompañaron no acto.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

XA TEMOS GAÑADORAS DO V CONCURSO DE RELATOS VALLE-INCLÁN

Xa temos gañadoras do V Concurso de Relatos Valle-Inclán nas categorías B (3º-4ºESO) e C (1º-2ºESO), en Bacharelato o premio quedou deserto. A continuación tes os seus nomes e podes picar na imaxe inferior para ver máis fotografías do acto de entrega de premios que tivo lugar hoxe pola tarde no paraninfo do Centro, no que estiveron acompañadas pola Concelleira de Promoción Económica e Igualdade Yoya Blanco.

 

 

 

A ALUMNA DE 4º DE ESO ALMUDENA SUÁREZ RUIZ RECIBIU O PREMIO "PROTAGONISTAS DEL MAÑANA 2021" DO ROTARY CLUB DE PONTEVEDRA

O pasado venres 18 de xuño a alumna de 4º de ESO D Almudena Suárez Ruiz recibiu no Liceo Casino o premio "Protagonistas del mañana 2021" que foi convocado polo Rotary Club de Pontevedra. O premio foi concedido polo seu labor e servizo realizado a través da honradez, a solidariedade e o espíritu emprendedor que a converten nun exemplo para a mocidade e a sociedade actual.

No acto participaron o Presidente do Rotary Club, o Vicerreitor da Universidade de Vigo e o Concelleiro de Educación de Pontevedra. Almudena estivo acompañada pola súa familia, o Vicedirector do IES Valle Inclán e a profesora que lle animou a presentarse, María de los Santos Gago.

Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo

Pica na imaxe para ver máis fotografías

 

AS ALUMNAS ALICIA DOPAZO CENDÓN E PAULA FARIÑA MARTÍNEZ GAÑADORAS DO BEN VEÑAS MAIO NAS CATEGORÍAS DE CURTAMETRAXE E NARRACIÓN CURTA RESPECTIVAMENTE

A alumna de 1º de Bacharelato C Alicia Dopazo Cendón acadou o primeiro premio no certame Ven Beñas Maio 2021 na categoría de Curtametraxe. Así mesmo a alumna de 2º ESO C, Paula Fariña Martínez obtivo o primeiro premio na certame de Narración Curta, categoría A (ata 14 anos) pola obra "Naceu e morreu sendo galego". 

As nosas artistas recibiron no paraninfo do Centro os seus premios. A profesora Élida Abal Santorum entregoulle o galardón a Paula Fariña e o Vicedirector do Centro Francisco Suárez entregou o premio a Alicia Dopazo. No acto tamén participou a Coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega, a profesora Ana Salgado  Domínguez.

Pica no seguinte texto para ver todos os premiados e na imaxe para ver máis fotografías.

Premiados Ben Veñas Maio 2021

PLAN PROXECTA: PONLLE PILAS AO TEU BOCATA

No marco do plan Proxecta o departamento de Educación Física continua promovendo hábitos alimentarios de vida saudable no alumnado. A última actividade foi "Ponlle pilas ao teu bocata" desenvolvida os pasados xoves e venres na biblioteca do Centro. 

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

 

EXPOSICIÓN VIRTUAL DE TRABALLOS DAS MATERIAS DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL E DEBUXO TÉCNICO DO ALUMNADO DA PROFESORA SELO BLANCO

No seguinte vídeo tedes unha selección de traballos do alumnado nas materias de Educación Plástica e Visual e Debuxo Técnico desenvolvidos ao longo do curso 2020-2021 coa profesora de debuxo Selo Blanco.

 

ÁLVARO BARBAZÁN PRIMEIRO PREMIO NA MODALIDADE DE GREGO E EVA LAGO SEGUNDO PREMIO NA MODALIDADE DE LATÍN NA VI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS

O alumno de 2º de Bacharelato Álvaro Barbazán Domínguez obtivo o primeiro premio da VI OLIMPÍADA DE TRADUCIÓN DE TEXTOS CLÁSICOS na modalidade de Lingua Grega. Ademais a alumna Eva Lago Cobas obtivo o segundo premio na modalidade de Lingua Latina. Esta olimpíada é organizada pola Sección galega da Sociedade española de Estudos Clásicos e nela participa o alumnado de Humanidades de Bacharelato de Galicia.

Temos que reseñar que Álvaro Barbazán xa foi o gañador rexional da proba Parnaso de tradución de textos gregos que tivo lugar o 16 de abril, na que posteriormente obtivo o segundo posto na proba celebrada en Madrid o 13 de maio na que participaron os gañadores autonómicos.

 

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 22 de xuño no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. Parabéns aos premiados e aos seus profesores de Grego e Latín Juan Luis Gil Mayoral e Luisa Budiño Rodríguez.

 

Distribuir contido