Curso 2020-2021

CLAUDIA VEIRAS DE 3ºESO C E ALBA PÉREZ E MARA PEÓN DE 3ºESO D COMPARTEN CONNOSCO COMO SE FABRICA UN ELECTROIMÁN

Pica nas imaxes para ver os vídeos de Claudia Veiras Troitiño, Alba Pérez Franco e Mara Peón Pena.

Claudia Veiras Troitiño 3ºESO C

Mara Peón Pena 3ºESO D

 Alba Pérez Franco 3ºESO D

 

BERTA MOLDES CARAMÉS DE 1ºESO D E CRIS LI MIN MARTÍNEZ GARCÍA DE 2ºBACH A GAÑADORAS DO II CERTAME DE MICRORELATOS BOLBORETAS

As alumnas Berta Moldes Caramés de 1º ESO D e Cris Li Min Martínez García de 2º BACH A recibiron no Salón de Actos do Centro das mans da directora Dna. Pilar Freitas e do Vicedirector Don Francisco Suárez os premios como gañadoras do II Certame de microrelatos "Bolboretas" que conmemora o Día Internacional contra a violencia de xénero. Parabén ás nosas dúas escritoras.

COIDAMOS AOS QUE NOS COIDAN: GRAZAS POR COIDARNOS

Antes de rematar este ano, o alumnado de 1º de ESO reflexionou sobre o persoal que está a coidar da sociedade: Os servizos esenciais.

Para manifestar o agradecemento e o recoñecemento á súa labor, nas materias de Francés e Valores realizaron unhas tarxetas navideñas que repartiron a estes colectivos na rúa.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

 

OS PITAGÓRICOS

En Matemáticas, da man da profesora Mercedes Besada Hermida, acercámonos á sociedade pitagórica, escola non só matemática senón multidisciplinar que funcionaba coma guia espiritual da sociedade de Crotona para introducirnos na orixe das ciencias actuais.

Pica na imaxe para ver a presentación.

O ALUMNADO DE 3ºESO B COMPARTE CONNOSCO AS SÚAS OPINIÓNS RESPECTO Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de 3ºESO B comparte connosco as suas opinións sobre a violencia contra as mulleres. Picade na imaxe para escoitar o podcast.

II CERTAME DE MICRORELATOS <<BOLBORETAS>>

Picade na imaxe para ver toda a información sobre o II Certame de microrelatos <<Bolboretas>> organizado pola Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega pola conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


A ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO PAULA DOMÍNGUEZ BARREIRO GAÑADORA DA X EDICIÓN DO CONCURSO DE RELATOS "INSPIRACIENCIA DO CSIC

A alumna de 2º de Bacharelato Paula Domínguez Barreiro co seu relato "O campo de espigas" é a gañadora no apartado de público xoven na modalidade de Galego na décima edición de "Inspiraciencia", un certame de relatos breves de inspiración científica promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas a través da súa Delegación en Cataluña e que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Esta iniciativa busca relacionar ciencia e escritura, pensar e imaxinar a ciencia dende a ficción. O acto de entrega de premios tivo lugar en formato virtual dende a Residencia de Investigadores de Barcelona. Noraboa e parabéns, Paula.

Pica na imaxe e escolle a opción de relatos premiados en galego para ler o seu traballo:

 

PROTOCOLO PARA O USO E SOLICITUDE DE LIBROS DA BIBLIOTECA DO IES VALLE INCLÁN

 

Pica na ligazón para ver o protocolo de utilización da bibioteca do IES Valle Inclán no curso 2020-2021, a principal novidade é que a solicitude dos libros realizarase cubrindo o formulario que está á disposición do alumnado na parte superior dereita da páxina web do Centro e no blog da biblioteca ao que se accede picando na imaxe do apartado de SOLICITUDE DE LIBROS DA BIBLIOTECA.

Protocolo utilización biblioteca IES Valle Inclán

BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA ESTUDANTES DE BACHARELATO CURSO 2020-2021 (ATA O 1 DE OUTUBRO)

Xa se poden solicitar as becas para estudos postobligatorios non universitarios (no noso caso en Bacharelato) do Ministerio de Educación. O prazo de solicitude é do 9/08/2020 ata o 1/10/2020. Nas seguintes ligazóns tedes toda a información:

Páxina de solicitude das becas do Ministerio de Educación

Páxina de información e de preguntas frecuentes

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO SOBRE OS EQUIPOS DO PROXECTO ABALAR QUE LEVARÁN A CASA OS SEUS FILLOS

No seguinte folleto teñen información relacionado co ordenador portátil do que vai dispor o alumnado de 1º e 2º de ESO (características do portátil, que facer en caso de avarías, quen é o responsable do mesmo,...). Pódese descargar ou ver con máis zoom, pinchando na frecha da esquina superior dereita.

 

Distribuir contido