Economía

Alumnado de 2 ºBACH visitou os xulgados de Pontevedra

Alumnado de 2 ºBACH  visitou os xulgados de Pontevedra no marco dunha actividade complementaria organizada polo Departamento de Economía.

Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial, e ten como obxectivo que o alumnado coñeza o funcionamento dos órganos xudiciais. Ademais do percorrido por distintas dependencias coa correspondente explicación dos profesionais, tivemos a ocasión de presenciar dous xuízos no Xulgado de O Pena.

Preme aquí para ver tódalas fotos na galería

Visita ó obradoiro de Elena Ferro en Merza e a Casa Grande de Xanceda

O alumnado de economía de 1º de bacharelato visitou o 28 de febreiro, o obradoiro de Elena Ferro en Merza e a Casa Grande de Xanceda onde coñeceron proxectos empresariais de éxito que poñen en valor a economía circular, o rural galego, o coidado do medio ambiente e do desenvolvemento sostible.

   

Preme aquí para ver tódalas fotos da actividade

 

 

Alumnos de 1º Bach visitaron os Xulgados do Penal na Parda

O 17 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a varios xuizos nos Xulgados do Penal na Parda e fixeron unha visita ás distintas instalacións do Xulgado, onde os profesionais encargados explicaron o seu traballo e os distintos trámites xudiciais.

 

Esta actividade está incluida no programa "Educar en Xustiza". Agradecemos a acollida do persoal de Xulgados, o tempo que nos adicaron e as interesantes explicacións.

 Preme aquí para ver tódalas fotos da Galería

Conferencia “El futuro siempre empieza hoy”

O 10 de novembro no paraninfo tivo lugar a conferencia “El futuro siempre empieza hoy” á que asistiu o alumnado de Economía de 1º de bacharelato e o alumnado de Empresa de 2º de bacharelato. Esta interesante charla foi impartida por Dª Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora da área de educación de AFundación de Abanca e profesora de finanzas de IASIDE.

Ao longo das dúas horas de charla, a conferenciante fai un percorrido polos cambios tecnolóxicos e dixitais das últimas décadas, cambios que están transformando o noso modo de vida e que son e serán máis rápidos nos próximos anos, ao igual que a loita contra o cambio climático. 
Todos estes cambios condicionan as profesións do futuro e supoñen todo un reto para a Educación.

Preme aquí para ver máis fotos de este evento.

II Xornada de Emprendemento Social Ticket2Europe/ Valle-Inclán.

Co gallo do Pont-Up Store o venres 30 de setembro, celebrouse o segundo obradoiro de START UP Entrepeneurship en inglés, no que participan mozos europeos que desenvolven un ERASMUS + cos alumnos de economía de 1º de bacharelato.

Preme sobre a imaxe para ver tódalas fotos da xornada

Distribuir contido