Curso 2017-2018

O IES VALLE INCLÁN APOSTA POLA ROBÓTICA EN BACHARELATO

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na Voz de Galicia o martes 14 de agosto no que a profesora de Tecnoloxía Edelmira Calvar explica como imparte a materia de Robótica de libre configuración en 1º de Bacharelato.

ACTO DE ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA EUROPEO ERASMUS+ YES YOUNG EUROPEAN IN SPORTS

O pasado venres 29 de xuño tivo lugar no paraninfo do Centro o acto de entrega dos diplomas acreditativos de participación ao profesorado e alumnado do programa Erasmus+ de dous cursos de duración: Yes Young European in Sports que se desenvolveu co Instituto francés Lycée Felix Faure de Beauvais. Ao acto de entrega asistiu Mela Rodríguez, embaixadora en Galicia do programa europeo etwinning quen destacou a consecución da dobre distinción do programa: A Europass Mobility que certifica as competencias adquiridas durante os intercambios desenvolvidos nestes dous anos e o Selo de Calidade que acredita que o proxecto foi innovador e de calidade. Parabéns a todo o profesorado e alumnado participante.

Ligazón á noticia publicada na edición dixital de Pontevedra Viva

Ligazón á noticia publicada na edición dixital da Voz de Galicia

 

A PLAYLIST EN PONTEVEDRA VIVA DE FURIOUS MONKEY HOUSE: MARIÑA E IRENE

Temos a honra de ter no noso Centro a tres dos compoñentes do grupo de música pontevedrés Furious Monkey House: Mariña Paz Otero e Irene Esteban Teijeira de 3º de ESO A e Diego Flores Rosero de 3º de ESO B. Pincha na imaxe para poder escoitar o playlist gravado por Mariña e Irene en Pontevedra Viva en nome de todo o grupo no que nos comparten a súa experiencia.

ARTIGO DA VOZ DE GALICIA SOBRE A DOBLE MENCIÓN PARA O IES VALLE INCLÁN POLO PROXECTO EUROPEO ERASMUS+

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia do venres 29 de xuño de 2018: "Dobre mención para o IES Valle Inclán polo seu proxecto europeo Yes Young European in Sports".

ENTREGA DE PLACAS E DIPLOMAS QUE ACREDITAN AO IES VALLE INCLÁN COMO ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

A profesora de Educación Física Ana Santos Solla recolleu o pasado venres 22 de xuño na sede da oficiña do Parlamento Europeo en Madrid a placa e os diplomas que acreditan ao IES Valle Inclán como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo (Pincha na imaxe superior para ter máis información). No acto no que estiveron presentes dous europarlamentarios, Francisco Millán Mon e Maite Pagazaurtundúa, destacouse a necesidade de achegar as institucións europeas aos máis xóvenes e que estes coñezan o longo camiño de integración europea. Nas seguintes imaxes podedes ver ao noso alumnado cos seus diplomas e as profesoras de Educación Física Ana Santos Solla e de Francés Leonor Rodríguez Tato encargadas do proxecto. A continuación pinchando na ligazón tedes acceso ao artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra "Descubrimos que todo pasa por Europa".

Descubrimos que todo pasa por Europa (Artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra do mércores 27 de xuño)

MAGNÍFICO RESULTADO DO ALUMNADO DO IES VALLE INCLÁN NO DELF SCOLAIRE. OS 23 ALUMNOS PRESENTADOS ACADARON OS DIPLOMAS NAS SÚAS RESPECTIVAS PROBAS

O DELF (Diploma de Estudos en Lingua Francesa) consta de 4 diplomas oficiais internacionais expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia para acreditar as competencias en Francés. Os 23 alumnos do noso Centro de 4º de ESO  e de 1º de Bacharelato que se presentaron este curso acadaron os seus respectivos diplomas B1 ou B2. As probas conxuntas desenvolvéronse en abril no IES Sánchez Cantón con outros institutos da cidade e da provincia e as individuais tiveron lugar no noso Instituto. Noraboa a todos.!!!

Pincha na seguinte ligazón para ter máis información sobre o DELF SCOLAIRE.

EXCURSIÓN ASTURIAS CANTABRIA 4ºESO

Como cada ano por estas datas, o alumnado de 4º ESO vén de realizar a excursión a Asturias e Cantabria. Do 21 ao 25 de xuño  visitaron Cudillero, Covadonga, Santillana del Mar, as neocovas de Altamira e Oviedo. Tamén fixeron rutas polos Lagos de Covadonga e realizaron diversas actividades na natureza como o descenso do Sella en canoa, barranquismo, espeleoloxía e paintball. Na foto podedes ver ao grupo diante da Colegiata de Santa Juliana, en Santillana del Mar. Pincha na primeira imaxe para ver un vídeo da viaxe e na segunda para ver máis fotografías.

ACTIVIDADE "LOITANDO CONTRA AS ESPECIES INVASORAS" NOS MONTES DE SALCEDO A VISTA DE DRON

O alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía realizou na segunda quincena de maio a actividade "Loitando contra as especies invasoras" nos montes de Salcedo. Un responsable da comunidade de montes explicou cales son as súas funcións, como xestionan o monte e as actividades que realizan para reintroducir especies de folla caduca e os traballos que están levando a cabo para crear una zona recreativa de uso público. A continuación o alumnado repartido en grupos eliminou especies invasoras como a mimosa nas parcelas que lles encomendaron, e para rematar a actividade observaron os petroglifos da zona e interpretaron o seu significado. Aquí tedes algunhas fotografías da actividade realizadas dende un dron.

 

VÍDEO COS TRABALLOS DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL E DEBUXO TÉCNICO DO ALUMNADO DA PROFESORA CONSUELO BLANCO

Neste vídeo podemos ver unha selección dos mellores traballos realizados polo alumnado da profesora de debuxo Consuelo Blanco de 1º, 3º, 4º de ESO e 1º de Bacharelato nas materias de Educación Plástica e Visual e Debuxo Técnico I no curso 2017/2018. Parabéns á profesora e a todos estes artistas.

 

ÓSCAR ZAMBRANA, NURIA VILLAR E IRENE RODRÍGUEZ GAÑADORES DA SEGUNDA EDICIÓN DO CONCURSO DE DESEÑO DE CAMISETAS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Óscar Zambrana Seoane de 2ºESO B, Nuria Villar Muíños de 3ºESO C e Irene Rodríguez Ríos de 4ºESO A son os gañadores da segunda edición do concurso de deseño de camisetas organizado polo departamento de Normalización Lingüística que ten como obxectivo o fomento do uso da lingua galega a través dun debuxo ou lenda. Nas imaxes inferiores podedes ver as camisetas gañadoras.

 

A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS E O SEU ALUMNADO OBTEÑEN O SELO DE CALIDADE eTwinning polo programa ERASMUS+ YES YOUNG EUROPEAN IN SPORTS

A profesora de Educación Física Ana Santos Solla e o seu alumnado do programa europeo Erasmus+ Yes Young European in Sports acadaron o selo de calidade eTwinning por este proxecto. A Axencia que concede o galardón recoñece a labor realizada co alumnado, considera o proxecto como moi significativo xa que deixará unha fonda pegada nos participantes en forma de hábitos saudables e práctica regular de exercicio físico, aspectos moi importantes para o seu futuro. A isto temos que engadir a mellora en competencia dixital e en comunicación lingüística nunha lingua estranxeira, o traballo colaborativo ou o coñecemento doutras culturas.

Parabéns para todos.

 

 

MOITO MÁIS QUE MÁQUINAS DE SOBRESALIENTES

 Aquí tedes o vídeo e a entrevista publicada na edición dixital da Voz de Galicia do 10 de xuño a Carlos Ben, Pablo Carballo, Lara Sanmartín e Emma Silva, catro dos alumnos que obtiveron unha media superior a 9 en Bacharelato. Pincha na imaxe para ver a entrevista.

 

 

ALUMNAS DE 4º DE ESO A RECIBEN O DIPLOMA DO TERCEIRO POSTO NO PROGRAMA EUROSCOLA POLO SEU VÍDEO "A XOGAR"

As alumnas de 4º de ESO A María Méndez, Eugenia Campos, Sabela Estévez, Nerea Baeza, Inés Fontenla e Clara Rivas recibiron o seu diploma polo terceiro posto en Galicia do concurso Euroscola que tiña o lema "O noso patrimonio: onde o pasado atópase co futuro" e no que realizaron o vídeo "A xogar" que podedes ver na parte inferior.

 

AS ALUMNAS PREMIADAS NO PROGRAMA BEN VEÑAS MAIO RECIBIRON OS SEUS DIPLOMAS

As alumnas Iría Méndez Mosquera de 2º de ESO B e Cris Li Min Martínez García de 3º ESO A recibiron os seus diplomas que acreditan ter obtido o primeiro premio no Certame de Poesía do programa Ben Veñas Maio nas categorías A e B respectivamente. 

Tamén recibiron o seu diploma as alumnas de 1º de Bacharelato Elena Corbillón Cabrera e Claudia Montes Lamartín que compoñen o grupo musical balíns e que acadaron o terceiro posto no certame musical. Parabéns para todas elas.

 

VÍDEO RESUMO DO PROGRAMA ERASMUS+ YES YOUNG EUROPEAN IN SPORTS

Neste vídeo elaborado conxuntamente entre o IES Valle Inclán e o LYCÉE Felix Faure de Beauvais en Francia tedes o resumo da experiencia vivida no programa Erasmus+: Yes Young European in Sports.

 

Distribuir contido