Curso 2017-2018

VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO

O pasado venres 1 de xuño o alumnado de 3º de ESO visitou o parque arqueolóxico de Campolameiro. Realizaron un roteiro polo parque para observar varios petróglifos como o famoso da Pedra dos Carballos, co espectacular cervo, e a reconstrución da aldea da idade de Bronce. Por mor da chuvia tiveron que substituir o obradoiro de caza por un obradoiro de graffitis da Prehistoria. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO

O alumnado de 3º de ESO visitou os pasados 10 e 24 de maio o parque eólico experimental Sotavento en Xermade (Lugo), onde poideron ver de preto un aeroxerador e os mecanismos que os compoñen, valorar a importancia da utilización das enerxias renovables e analizar unha vivenda bioclimática real onde dende a súa estrutura ata os electrodomésticos dos que dispoñe están enfocados a obter o maior aforro enerxético.

 

A PLAYLIST DO PROFESOR DE HISTORIA JAVIER DOMÍNGUEZ

Aquí tedes pinchando na imaxe a ligazón ao playlist (entrevista gravada onde entre outras cousas podemos escoitar as cancións que lle marcaron na súa vida) do profesor de Historia do Centro  e primeiro batería dos Suaves Javier Domínguez Álvarez publicado en Pontevedra Viva este venres 1 de xuño. 

OS GAÑADORES DO I CONCURSO DE CARTEIS "O DÍA DAS LINGUAS NO DÍA DE EUROPA" RECIBIRON A SÚA CAMISETA CO LOGO

Os alumnos gañadores do I Concurso de Carteis "O Día das linguas no día de Europa": Virginia Marescot, Irene Rodríguez, Sabela Rodríguez, Ana Vidal, Mario Entenza, Saray Freijeiro e Íria Pombo recibiron a camiseta co seu logo "Sen idiomas non hai saída". Parabéns polo cartel realizado.

 

TRABALLOS DO ALUMNADO DE FRANCÉS NO BLOG DE MARIA VITORIA MORENO: CARLA ESTÉVEZ E ALBA CUIÑA

Como xa comentamos noutra entrada o alumnado de Francés está realizando un blog poramorasverbas.blogspot.com no que están dando a coñecer a obra da que fora profesora do Centro e escritora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano María Victoria Moreno. Aquí tedes un exemplo do traballo feito polas alumnas Carla Estévez López e Alba Cuiña Chaves. Pincha na imaxe para ver a súa entrada.

O GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES ARGALLADA REPRESENTOU A OBRA FINLANDIA

O pasado venres 25 de maio o grupo de teatro de profesores Argallada representou no teatro Principal a obra Finlandia que xa estrenara o curso pasado. Coma sempre a actuación foi un éxito. Parabéns a todo o grupo. Pincha na primeira imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo.

 

AS ALUMNAS IRENE RODRÍGUEZ, ANA RODRÍGUEZ E IRIA POMBO GAÑADORAS DO CONCURSO DE REDACCIÓN DA AXENCIA TRIBUTARIA

As alumnas de 1º de Bacharelato Irene Rodríguez Amoedo e Ana Rodríguez Carballa e a de 4º de ESO Iria Pombo Sanjorge son as gañadoras no apartado de Secundaria do concurso de redacción organizado pola Axencia Tributaria no marco das súas actividades do programa de Educación Cívico-Tributaria. 

O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado 23 de maio na Delegación de Pontevedra onde recibiron un diploma e un pequeno obsequio. Tamén poideron coñecer o funcionamento da embarcación de vixilancia aduanera con base en Marín como pode verse nestas imaxes.

 

ACTO GRADUACIÓN 2ºBACHARELATO

Noraboa a todo o alumnado de 2º de Bacharelato. Pincha na seguinte ligazón para ver máis fotos do acto. O noso agradecemento á profesora Ana Santos que exerceu de fotógrafa.

Fotos acto graduación 2ºBacharelato 2017-2018

 

O ALUMNADO DO ERASMUS+ REMATA AS SÚAS ACTIVIDADES CUN OBRADOIRO DE COCIÑA

O alumnado de 2º de Bacharelato do programa europeo Erasmus+ Yes Young European in Sports rematou as súas actividades cun obradoiro teórico-práctico de cociña impartido polo cociñeiro e ex-alumno do Centro Adrián Redondo García no restaurante Alcrique. Pincha na imaxe para ver a noticia publicada na edición dixital do Faro de Vigo do mércores 23 de maio.

O GRUPO DE TEATRO SKENE REPRESENTOU A OBRA XOGUETES ROTOS (O SOLDADIÑO DE CHUMBO) NO TEATRO PRINCIPAL

O grupo de teatro do IES Valle Inclán Skene representou o pasado xoves 10 de maio no teatro Principal a obra "xoguetes rotos (O soldadiño de chumbo)" dentro do programa de teatro da XXII Semana Teatral do programa Ben Veñas Maio. O grupo está dirixido por Manuel Solla e nel están os alumnos: Sabela Rodríguez, Irene Rodríguez, Gabriel Ovelleiro, Alejandro Boo, Alfonso Núñez, Rafael Vázquez, Cecilia Sequeiros, Alfonso Villanueva, Íria Méndez, María Pereiro e Pablo Fariña. Parabéns a todo o grupo pola actuación.

 

LECTURA HOMENAXE A MARÍA VICTORIA MORENO

O venres 18 de maio coma homenaxe a María Victoria Moreno con motivo da celebración do Día das Letras Galegas na biblioteca do Centro, os alumnos de 1ºESO D Pablo Vázquez Rodríguez, Martín Xavier Flórez Rodríguez e Sofía Rivas Cancela leron un capítulo do libro da escritora homenaxeada "Mar adiante".

NOELIA REY SEGUE COLLEITANDO ÉXITOS SUBCAMPIONA GALEGA NA CATEGORÍA 10 BAILES

A alumna de 4ºESO A Noelia Rey segue colleitando éxitos, o fin de semana pasado en Cee proclamouse subcampioa galega na modalidade 10 bailes xunto coa súa parella Samuel García del Pozo del club de baile deportivo Narón. Este é o primeiro ano que compiten na categoría youth o que lle da máis mérito ao posto acadado. Noraboa.

 

ACTUACIÓNS MUSICAIS DO DÍA DE EUROPA

Neste vídeo tedes as actuacións musicais que tiveron lugar no hall do Instituto con motivo da celebración do día de Europa. Interpretaronse as seguintes pezas:

Je l´aime à mourir (Francis Cabrel). Interpretada polo alumnado de 3º de ESO A.

An die musik (Franz Schubert). Interpretada pola lectora de Inglés Bonnie Cooper.

Molly Malone (Canción tradicional irlandesa). Interpretada por alumnado de 2º de ESO.

 

REVISTA DIXITAL RESUMO PROGRAMA ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

Na seguinte revista dixital tedes o resumo das actividades desenvolvidas no marco do programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.

 

Magazine créé avec Madmagz.

VÍDEO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DE EUROPA EDITADO POLA GUIONISTA E COLUMNISTA MILAGROS BARÁ

A guionista, escritora e columnista entre outras moitas facetas, Milagros Bará realizou este vídeo da celebración no exterior do IES Valle Inclán do Día de Europa.

 

Distribuir contido