Curso 2017-2018

O ALUMNADO DE INTERCAMBIO EN ALEMANIA NON PARA

Os noso alumnado en Alemania de intecambio non para: Recepción no Instituto e no Concello, celebración de San Nicolás, visita a Frankfurt incluída a visita a bolsa co seu emblemático touro, traballo nas clases e festa de despedida do Centro Alemán. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

 

O ALUMNADO DE FRANCÉS ASISTE A REPRESENTACIÓN DA OBRA LE TOUR DU MONDE EN 80 JOURS

O alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO asistiu o pasado mes de novembro á representación da obra Le tour du monde en 80 hours de Julio Verne que foi adaptada polo grupo Einadescola.

PEQUENOS MENSAXEIROS DA UNIÓN EUROPEA

Pincha na primeira imaxe para ver o artigo publicado na Voz de Galicia sobre a elección do IES Valle Inclán como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo. Como primeira actividade tiveron a conferencia de Andrés Díaz-Varela López, asistente territorial do ex-ministro e actual diputado europeo D. José Blanco sobre o funcionamento das institucións da Unión Europea. Tamén podedes pinchar no texto para ver o artigo publicado no Faro de Vigo ou na segunda imaxe para ver máis fotografías.

Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo do 2 de decembro

O IES VALLE INCLÁN COPA O PODIO FEMININO DA PROBA DE CROSS ESCOLAR NA ILLA DAS ESCULTURAS

O  pasado martes 29 de novembro, celebrouse na Illa das Esculturas unha proba de cross escolar dentro das actividade xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), na que o alumnado de 2º de ESO participou na categoría cadete e copou o podium na categoría feminina co primeiro posto de Paula García Fernández, o segundo de María Aboy Ruibal e o terceiro de Noa Cortizas Fernández. Tamén temos que destacar o cuarto posto de Candela Alonso Carballo e o cuarto e quinto posto en categoría masculina de Brikat Zakariya e Hugo Antoñón Casal. Noraboa a todos eles.

 

TESTEMUÑAS DE EX-ALUMNOS DO CENTRO PARTICIPANTES DO PROGRAMA ERASMUS (V)

Presentamos máis testemuñas dalgúns dos ex-alumnos do Centro que participaron no programa Erasmus. Nesta ocasión temos os vídeos de Laura LLamas, Laura Ramil, Mateo Gómez Randulfe, Miguel Cochón e Óscar Lorenzo e o audio de Santiago Munín. Pincha na imaxe para poder acceder aos arquivos.

 

VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO DE ECONOMÍA DA EMPRESA A INDITEX E PULL&BEAR

O alumnado de 2º de Bacharelato de Economía da empresa poido visitar as instalacións de INDITEX e PULL&BEAR na Coruña. Alí poideron observar aspectos como a preparación que conleva a realización dos escaparates, a loxística, o proceso industrial robotizado no que impera a filosofía just in time, os edificios intelixentes e o minucioso control de calidade. Sen dúbida unha visita que nunca esquecerán.

 

TESTEMUÑAS DE EX-ALUMNOS DO CENTRO PARTICIPANTES NO PROGRAMA ERASMUS (IV)

Continuamos coas testemuñas dalgúns dos ex-alumnos do Centro  que viviron a experiencia Erasmus. Hoxe temos os vídeos de Germán Labrador,Isabel Barreiro, José Luis Palmeiro e Laura Gallego e o audio de Juan Virel. Pincha na imaxe para poder abrilos.

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O vindeiro sábado 25 de Novembro celébrase o día internacional de eliminación da violencia contra a muller. Unha lacra que segue cobrando víctimas día tras día. O profesor de Debuxo Isidro Cortizo elaborou uns carteis que aquí amosamos para expoñer un panel na entrada do Centro en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Normalización. 

 

 

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Ao longo deste mes celebramos o mes da Ciencia. Na biblioteca tedes moitos libros para poder aprender e disfrutar deste marabilloso campo. Pincha na imaxe para ver algúns dos exemplares que están a vosa disposición.

PAN ARTESÁN NO IES VALLE INCLAN DANI PAMPÍN CO ALUMNADO DO ERASMUS+

Este pasado xoves 16 de novembro o alumnado do programa Erasmus+ tivo un obradoiro de elaboración e degustación do panadero galego recoñecido internacionalmente e ex-alumno do Centro Daniel Pampín que entre outros galardóns ten concedida a Estrela Dir Informática equivalente a Estrela Michelín en Panadería. Pincha no texto para ver a noticia publicada no Faro de Vigo ou na imaxe para ver a información publicada na Voz de Galicia. Tamén tedes un video-resumo da actividade.

Noticia publicada na edición dixital do Faro de Vigo o sábado 18 de novembro

 

TESTEMUÑAS DE EX-ALUMNOS DO CENTRO PARTICIPANTES NO PROGRAMA ERASMUS (III)

Continuamos coas testemuñas de ex-alumnos participantes no programa Erasmus. Hoxe é o turno de Damián Sobral, Daniel Cacabelos, David Rodríguez, Diego Santos e Elena Pérez. Pincha na imaxe para ver os vídeos.

 

GRAN PARTICIPACIÓN DO NOSO ALUMNADO COMO VOLUNTARIOS E CORREDORES NA IV MILLA SOLIDARIA ANEDIA QUE A DIABETE NON TE PARE

Moitísimo alumnado do IES Valle Inclán colaborou como voluntarios e como participantes na IV milla solidaria organizada por ANEDIA co lema que a diabete non te pare. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías. Tamén tedes un vídeo-resumo da proba e do traballo ao longo de todo o día.

  

ENTREVISTA PLAYLIST EN PONTEVEDRA VIVA DA PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS

Pincha na imaxe para escoitar a entrevista playlist de Pontevedra Viva á profesora de educación física Ana Mª Santos Solla.

AS MÁIS BRILLANTES DA ESO

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de galicia ou no texto para ver o publicado no Diario de Pontevedra nos que entrevistan ás alumnas do IES Valle Inclán que obtiveron o premio extraordinario de ESO: Rosa Mª Araújo Castelo e Ada Freire Vázquez.

Artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra o xoves 9 de Novembro

ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO PARTICIPAN COMO XURADO DOS PREMIOS DE LITERATURA SAN CLEMENTE

Este mércores 8 de novembro alumnos de 2º de bacharelato do IES Valle Inclán participaron como xurado, xunto con alumnado de outros cinco centros de Galica e outros cinco de diferentes países europeos, na concesión dos famosos premios de literatura San Clemente que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago en colaboración con Abanca. Miguel Álvarez Amoedo e Carlos Ben arribi participaron na categoría de Lingua Galega, Ángela Sánchez Hernández e Pablo Fariña Aldao na categoría de Lingua Castelá e Pablo Carballo Fraguas e Emma Silva Monterroso na categoría de Lingua Estranxeira. Ademais tres deles foron os portavoces que ante os medios de comunicación deron o nome das tres obras ganadoras:

L.Galega: Todo canto fomos (Xosé Monteagudo)

L.Castelá: Patria (Fernando Aramburu)

L.Estranxeira: Morir en primavera (Ralf Rothmann)

É un orgullo que o noso alumnado poida participar nun evento de tanta repercusión. No primeiro trimestre de 2018 celebrarase unha cea de gala cos gañadores no Hostal dos Reis Católicos. Pincha nas ligazóns para ter máis información, na imaxe inferior para ver máis fotografías ou nos vídeos para ver o momento de proclamación dos gañadores.

Noticia publicada na edición dixital de ABC o xoves 9 de novembro

Noticia publicada na edición dixital da Vanguardia o mércores 8 de novembro

Noticia publicada na edición dixital do Correo Gallego o xoves 9 de novembro

 

Distribuir contido