Curso 2017-2018

VISITA DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO AO MUSEO DO MAR DE VIGO PARA VER O PERGAMIÑO VINDEL

Este venres 2 de Febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato visitou o Museo de Mar de Vigo, onde se atopa exposto, cedido temporalmente pola Pierpont Morgan Library de New York, o Pergamiño Vindel que contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax. Alí poideron admirar esta xoia do medievo, patrimonio da humanidade. Así pois, xornada para gardar entre as máis prezadas lembranzas. Pincha na imaxe para ver máis fotografías da saída.

 

O BOLETÍN 9 MINUTOS UE DO CENTRO DE INFORMACIÓN EUROPEA DA DIPUTACIÓN DA CORUÑA PUBLICA UN REPORTAXE SOBRE Á NOSA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

O boletín 9 minutos UE do Centro de Información Europea da Diputación da Coruña publica unha entrevista á profesora Ana Santos relacionada coa nosa participación no proxecto Escola Embaixadora do Parlamento Europeo tal como podedes ver na séptima e octava páxina do seguinte documento.

 

CONFERENCIA E OBRADOIRO NO PROXECTO YES YOUNG EUROPEAN IN SPORTS DA ESPECIALISTA EN DIETÉTICA DO HOSPITAL PROVINCIAL BEATRIZ ALFONSO FERNÁNDEZ

Este venres tivo lugar no paraninfo do Centro unha conferencia e obradoiro no marco do proxecto europeo Erasmus+: Yes Young European in Sports, sobre Dietética e Nutrición impartida pola especialista en dietética do Hospital Provincial e ex-alumna do Instituto Beatriz Alfonso Fernández. Pincha na primeira imaxe para ver a entrevista publicada na edición dixital da Voz de Galicia do sábado 28 de xaneiro.

 

 

CARLOS BEN ARRIBI, TELMO COSTA CARBALLO E LARA SAN MARTÍN SUÁREZ MENCIÓNS DE HONRA NA OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

Os alumnos de 2º de Bacharelato Carlos Ben Arribi, Telmo Costa Carballo e Lara San Martín Suárez obtiveron mención de honra na Olimpiada Matemática Galega que tivo lugar en Santiago de Compostela e na que participaron 125 alumnos de toda Galicia. Hai que destacar que se concederon tres premios e doce mencións honoríficas, polo que de 15 galardóns tres foron para alumnos do noso Centro. 

 

 

A Olimpiada Matemática Galega constitúe a Fase autonómica galega da Olimpiada Matemática ESpañola e é unha competición entre estudantes de Galicia que ten como obxectivo fundamental estimular o estudo das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva busca desenvolver o gusto pola resolución de problemas. Tedes máis información na seguinte ligazón: Olimpiada Matemática Galega

Tamén participaron os alumnos do Centro Pablo Carballo Fraguas e José González López de Lerma. Noraboa a todos eles e a profesora de Matemáticas Teresa Insua que os animou e acompañou nesta experiencia.

 

 

CONFERENCIA DE ISABEL DOMÍNGUEZ SEOANE DENTRO DO CICLO UBI SUM

Dentro do ciclo UBI SUM de conferencias de ex-alumnos do Instituto tivemos a sorte de contar con Isabel Domínguez Seoane que rematou o Bacharelato no curso 2004-2005 e que na actualidade é profesora na City University of New York. Isabel falou da súa experiencia persoal porque decidiu estudar Filoloxía Francesa e  Hispánica, dos valores que lle inculcou o instituto e da vida en Nueva York que é unha cidade fascinante. Moitas grazas por compartir connosco as túas vivencias académicas e profesionais.

Pincha na primeira imaxe para ver o artigo publicado hoxe na edición dixital da Voz de Galicia.

 

CONFERENCIA DA EUROPARLAMENTARIA LIDIA SENRA RODRÍGUEZ SOBRE AS POLÍTICAS AGRARIA E PESQUEIRA NA UNIÓN EUROPEA

Dentro do marco do proxecto Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, este venres 19 de xaneiro terá lugar no paraninfo do centro unha conferencia da europarlamentaria galega Lidia Senra Rodríguez na que falará sobre as políticas agrarias e pesqueiras na Unión Europea.

 

ENTREVISTA Á PROFESORA ANA SANTOS NO DIARIO DE PONTEVEDRA SOBRE O PROXECTO EUROPEO "ESCOLA EMBAIXADORA"

 Pincha na imaxe para ver a entrevista á profesora de Educación Física Ana Santos publicada na edición dixital do diario de pontevedra sobre o proxecto de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo.

"A EXPERIENCIA NUN CAMPO DE REFUXIADOS NON SE ESQUECE NA VIDA" CONFERENCIA DA EURODIPUTADA ANA MIRANDA

O pasado venres tivo lugar na biblioteca do Centro dentro do marco do programa de Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo a conferencia da eurodiputada Ana Miranda que amosou as súas vivencias nos campos de refuxiados e a súa postura moi crítica coa actitude da Unión Europea na crise dos refuxiados. Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do Diario de Pontevedra, no texto para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia ou na imaxe inferior para ver máis fotografías.

 

Artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia do sábado 13 de xaneiro

DE AU PAIR A ASESORA DO GOBERNO BRITÁNICO: CONFERENCIA DE ROSA ESTÉVEZ SOBRE O BREXIT NO IES VALLE INCLÁN

O pasado xoves 4 de xaneiro dentro do marco do programa de Escola embaixadora do Parlamento Europeo no que participa o Centro, tivo lugar na biblioteca do Centro unha conferencia sobre o brexit impartida pola asistente de dirección no Ministerio de Comercio Exterior Británico Rosa María Estévez Estévez. Pincha na imaxe para ver a entrevista publicada á conferenciante na edición dixital da Voz de Galicia do 5 de xaneiro, ou no texto para ver o artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo do mesmo día.

 

Artigo publicado na edición dixital do Faro de Vigo do venres 5 de xaneiro

ENTREVISTA Á PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS NA VOZ DE GALICIA

Pincha na imaxe para ver a entrevista da profesora de Educación Física Ana Santos Solla publicada na Voz de Galicia o domingo 31 de decembro de 2017.

OBRADOIRO DE IOGA CON DANIEL RODRÍGUEZ

O pasado mércores 20 de decembro o alumnado do programa europeo Erasmus + poido relaxarse do stress dos exames grazas ao obradoiro de ioga impartido polo ex-alumno do Centro Daniel Rodríguez que vemos no seguinte vídeo.

 

BO NADAL

Bo Nadal e feliz ano novo do IES Valle Inclán á toda comunidade educativa. Disfrutade deste vídeo de felicitación navideña feito polo alumnado de 3º ESO A en francés, Inglés, alemán, galego, portugués, italiano e castellano.

 

DERRADEIRAS FOTOS DO INTERCAMBIO DE ALEMANIA

Pincha na imaxe para ver todas as fotos do Intercambio de Alemania.

BLOG DO ALUMNADO DE 4º ESO A DOS EVENTOS RELACIONADOS COAS ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

Pincha na imaxe para ver o blog do alumnado de 4º de ESO A creado por Sabela Estévez, Pablo Lorenzo, Nerea Baeza e María Méndez sobre as actividades relacionadas coas escolas embaixadoras do Parlamento Europeo.

TESTEMUÑAS DE EX-ALUMNADO DO CENTRO PARTICIPANTES NO PROGRAMA ERASMUS (VI)

Hoxe presentamos a derradeira entrega das testemuñas de ex-alumnado do Centro que participou no programa europeo Erasmus. Moitas grazas a todos eles pola súa aportación. Nesta ocasión temos os vídeos de Patricia Chamadoira, Paula Cerdeira, Rut Cortizo, Sara Caramés, Uxía e Begoña e Víctor Domínguez e o audio de Magalí. Pincha na imaxe para ver os vídeos ou escoitar o audio.

Distribuir contido