Curso 2017-2018

INTERCAMBIO DO ALUMNADO DO PROGRAMA ERASMUS+ EN BEAUVAIS (FRANCIA)

O alumnado do programa Erasmus+:Yes Young European in Sports está estes días en Francia devolvendo a visita dos estudantes franceses do Lycée Felix Faure de Beauvais compartindo as súas actividades e vida académica. Tamén tiveron tempo para visitar París onde coincidiron con tres ex-alumnos do Centro: Andrea Solla que estuda Filoloxía Francesa e está de Erasmus na capital gala, Miguel Costas Cochón que traballa no Departamento de Comunicación de Disney e Uxía Pintos Arís que é profesora de Inglés no Lycée Luis Buñuel. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO XA ESTÁ EN ITALIA

O alumnado de 1º de Bacharelato xa está en Italia disfrutando da súa viaxe. Pincha nesta imaxe de Venecia para ver máis fotografías.

 

O GRUPO DE 3º DE ESO QUE ENMENDOU Á REAL ACADEMIA ESPAÑOLA (RAE)

O alumnado de 3ºESO D e o seu titor e profesor Jesús Portela acadan que a Real Academia Española (RAE) corrixa un erro que tiña na versión electrónica do seu diccionario. Pincha na imaxe para ver completo o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia do martes 20 de marzo. Na parte inferior tedes unha foto da entrevista en Radio Nacional ao profesor e as alumnas do grupo Carmen Ruibal Sánchez e Lara Reguera Acuña, o escrito de resposta da RAE á solicitude dos alumnos, o telexornal Galicia do 21 de marzo no que se recolle a noticia a partir do minuto 20 e a información publicada no País do 26 de marzo.

  

 

A PROFESORA DE LINGUA GALEGA Mª VITORIA OGANDO VALCARCEL GAÑADORA DO PREMIO XOAN MANUEL PINTOS

A que foi durante máis de trinta anos Catedrática de Lingua Galega e Literatura no IES Valle Inclán Vitoria Ogando Valcárcel recibiu onte no Pazo da Pedreira xunto co seu home e ex-profesor do IES Sánchez Cantón Anxo González Guerra, o Premio Xoan Manuel Pintos otorgado polo Concello de Pontevedra en recoñecemento ao seu traballo no impulso da presenza da Lingua Galega na sociedade. 

Vitoria pertence á primeira promoción da Universade de Santiago de Filoloxía Galego-Portuguesa. No ano 1981 aprobou as oposicións a Cátedras de Lingua Galega e desde ese intre ata a súa xubilación impartiu clases no IES Valle Inclán, no que tamén foi moitos anos Secretaria do Centro. No ano 1987 publicou xunto con Anxo o libro "Exercicios de Lingua" e no ano 2005 crearon a páxina web ogalego.eu, a que aínda actualizan a día de hoxe e que se converteu nunha ferramenta de traballo fundamental para moito do profesorado e alumnado de toda Galicia. 

Noraboa de todo o Centro aos premiados.

  

Tamén podes escoitalos no programa de radio de Pontevedra Viva Conversas na Ferrería: Falando da lingua galega do xoves 14 de decembro de 2017.

VISITA AO PARLAMENTO GALEGO DO ALUMNADO DO PROGRAMA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

O alumnado de 4º de ESO do programa Escola Embaixadora do Parlamento Europeo visitou o Parlamento Galego, onde lles explicaron o seu funcionamento, percorreron as suás instalacións e tiveron a oportunidade de presentar o noso proxecto europeo e preguntar todas as dúbidas a parlamentarios de distintos partidos políticos: Daniel Varela do PP, Luis Villares de En Marea, Noa Presas do BNG e Patricia Vilán do PSdeG-PSOE. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

CULTURE CLASS EDITORIAL BURLINGTON

O departamento de Inglés en colaboración coa editorial Burlington vai realizar como actividade complementaria para o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO, o que se coñoce como "culture class", na que profesorado nativo da editorial presenta de forma amena e interactiva co alumnado aspectos xerais da cultura británica relacionados coa comida, a familia real, o deporte, a música ou xente famosa. Pincha na imaxe para ver máis información (in English) sobre esta actividade e na parte inferior están os horarios da actividade para todos os grupos.

 

O ALUMNADO PARTICIPANTE NO XURADO E ACTO DE ENTREGA DOS PREMIOS DE LITERATURA SAN CLEMENTE COMPARTE A SÚA EXPERIENCIA NA VOZ DE GALICIA

O alumnado de 2º de Bacharelato que participou como xurado e na entrega dos premios de Literatura San Clemente comparte a súa experiencia nun artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia do xoves 8 de marzo. Pincha na imaxe para ver o artigo.

ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO DO IES VALLE INCLÁN PARTICIPOU NA ENTREGA DE PREMIOS E CEA DE GALA DA XXIII EDICIÓN DOS PREMIOS LITERARIOS SAN CLEMENTE

Os alumnos de 2º de Bacharelato Miguel Álvarez Amoedo, Carlos Ben Arribi, Pablo Carballo Fraguas, Pablo Fariña Aldao, Ángela Sánchez Hernández e Emma Silva Monterroso, que xa formaran parte do xurado dos premios literarios San Clemente participaron o pasado xoves 1 de marzo na entrega de premios e cea de gala cos autores premiados: Xosé Monteagudo en lingua galega, Fernando Aramburu en lingua castelá e Ralf Rothmann en lingua estranxeira (que non puido acudir por un problema de saúde). Ante a presenza das autoridades politícas e educativas o noso alumnado representou de manera brillante ao noso Instituto. Temos que recordar que o IES Valle Inclán foi centro participante no primeiro ano no que se instauraron os premios e agora pechamos o círculo na súa XXIII edición. Os alumnos estiveron acompañados polos profesores de Lingua Castelá do Centro Fátima Cobas e Daniel Mejuto. Pincha na imaxe para ver máis fotografías do acto.

 

CONFERENCIA APRAZADA DA EUROPARLAMENTARIA LIDIA SENRA RODRÍGUEZ SOBRE POLÍTICA AGRARIA E PESQUEIRA NA UNIÓN EUROPEA

Este venres 2 de marzo tivo lugar no paraninfo do Centro a conferencia que tivera que ser aprazada da europarlamentaria Lidia Senra Rodríguez sobre a política agraria e pesqueira na Unión Europea. Lidia Senra respondeu ás preguntas do alumnado e criticou a proposta actual no inicio do debate do Parlamento Europeo sobre as claves que van marcar o mercado e a producción agraria en Europa ata 2020, xa que está centrada en alimentar ás clases medias do resto do mundo e emprobecer ás que non poden acceder aos alimentos, cada vez máis caros e peores nutricionalmente en vez de centrarse no mercado e producción interna. Pincha na imaxe para ver máis fotografías da conferencia.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018

O pasado sábado 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro. A biblioteca do Centro en colaboración cos departamentos de Lingua Galega e Normalización Lingüística realizaron un sinxelo acto no que tres alumnos de 1º ESO A: Agustín de la Torre Franco, Lorena López Senra e Almudena Suárez Ruiz leron o manifesto da escritora María Reimóndez (escollida pola Asociación de escritoras e escritores en Lingua Galega para realizar o manifesto de 2018 no día de Rosalía:"Abride a fiestra") coa música de negra sombra de fondo e uns poemas seleccionados da obra de Rosalía Follas Novas.

Enlace ao manifesto "Abride a fiestra"

 

CONCURSO DE MÁSCARAS, CARAUTAS E ANTEFACES DE ANTROIDO

Coa finalización do antroido rematou o concurso de deseño de carautas, máscaras e antefaces de antroido, organizado polo departamento de Normalización Lingüística que destacou pola altísima participación do alumnado e pola calidade dos traballos presentados.

 

Os traballos e alumnado premiado foron os seguintes:

 

 

1º premio: Iria Méndez (2ºESO B)

2º premio: Yaiza Carballa (2ºESO B)  e Javier Carballal (2ºESO C)

r

 

3º premio: Athina Anasis (2ºESO D), Carlota Montes (1ºESO D) e Alicia Dopazo (2ºESO B)

 

 

CONFERENCIA DA DIPUTADA PATRICIA VILÁN SOBRE MEDIO AMBIENTE E POLÍTICA PARLAMENTARIA EUROPEA

O pasado venres 16 de febreiro a diputada autonómica e ex-alumna do Centro Patricia Vilán impartiu unha conferencia ao alumnado de 4º de ESO do proxecto de Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo sobre medio ambiente e política parlamentaria europea. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

CHARLA DA EX-ALUMNA DO CENTRO SARAH VIDAL HORTA AO ALUMNADO DE DO PROGRAMA ERASMUS+

A ex-alumna do Centro e un dos mellores expedientes do Centro no curso pasado Sarah Vidal Horta, impartiu unha charla ao alumnado do programa europeo Erasmus+ na que relatou a súa experiencia no primeiro ano de carrreira e os seus métodos de traballo para acadar un bo rendemento. No triángulo estudos-descanso-vida social destacou a importancia do descanso, ata o punto de sinalar que nen o exame máis difícil quitáballe as 8 horas de soño.

DIA MUNDIAL DA RADIO

Con motivo da celebración do día mundial da radio, o portal "ESCOLAS NAS ONDAS" convidou aos centros para que enviaran podcasts ou vídeos realizados polo alumnado. Estes alumnos de 1º de bacharelato gravaron na bibioteca do Centro un vídeo entrevistando a deportistas destacados das súas aulas.

 
Distribuir contido